Bonifacio Borreiros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBonifacio Borreiros
Biografía
Nacemento(es) Bonifacio Borreiros Fernández Editar o valor em Wikidata
1 de agosto de 1953 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de decembro de 2006 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
28 de outubro de 1997 – 18 de xaneiro de 2000
← Emilio Pérez Touriño

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Deputado do Parlamento de Galicia
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , político Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Bonifacio Borreiros Fernández, nado en Ferrol o 1 de agosto de 1953 e finado na Coruña o 5 de decembro de 2006, foi un médico e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou medicina en Santiago de Compostela, e alí comezou a súa andaina política dentro dos movementos que loitaban polo cambio democrático, especialmente na organización xuvenil do PSG. Posteriormente ingresou no PSdeG, partido polo que saíu elixido deputado no Parlamento de Galicia (1990-1993). Foi director xeral de Cultura con Fernando González Laxe, deputado no Congreso dos Deputados, foi o candidato á alcaldía de Ferrol naseleccións municipais de 1999, tralo pacto co BNG foi 1º tenente de alcalde con Xaime Bello durante algo máis dun ano ata que foi substituído por Amable Dopico. Expedientado polo PSdeG pola substitución do voceiro municipal socialista, deixou o partido en febreiro de 2003 e encabezou a candidatura de Acción Ciudadana de Ferrol nas eleccións municipais de Ferrol que co 4.79% dos votos non conseguiu entrar no concello, momento no que se retirou da política activa. Foi profesor de Tecnoloxía Sanitaria no CIFP Ánxel Casal. Finou na Coruña o 5 de decembro de 2006.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Ana Agras Gómez.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, Ferrol, 6-12-2006, p. 7, 47.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]