Ferida
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Ferida é toda lesión da pel con perda da continuidade, producida, normalmente, por unha causa externa e acompañada de sangue. Por extensión, aplícase tamén a un traumatismo semellante nalgún órgano ou tecido interno (feridas internas). Poden estar causadas por numerosas causas, como obxectos cortantes, punzantes, aplastamentos, rozamento continuado etc.
Índice |
Tipos [editar]
Hai dous tipos de feridas:
- Feridas leves: só racha a pel e o tecido graxo inferior.
- Feridas graves: dánanse, amais, músculos, vasos, tendóns ou órganos.
Feridas leves [editar]
- Erosións: feridas de bordos esfiañados producidas na pel pola fricción continua ou violenta.
- Feridas incisas: tamén denominadas cortes, presentan bordos lisos, que se ben poden non sangrar moito,
- Feridas punzantes: Son feridas profundas e anchas, polo que se infectan facilmente, provocadas por un obxecto con máis lonxitude ca sección
Feridas graves [editar]
- Hemorraxias
- Fracturas abertas
- Feridas penetrantes no tórax (pneumotórax) ou abdome
- Amputacións