Jasminum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jasminum
Jasminum fruticans
Jasminum fruticans
Clasificación científica
Reino: Plantae
Subreino: Tracheobionta
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Subclase: Asteridae
Orde: Lamiales
Familia: Oleaceae
Tribo: Jasmineae
Xénero: Jasminum
L.
Especies

Máis de 200 especies, véxase Lista de especies de Jasminum Fontes: ING,[1] CPN,[2] UniProt[3]


Algúns botánicos inclúen aos Oleaceae dentro da orde Lamiales

Sinonimia
  • Mogorium Juss., Gen. Pl.: 106 (1789).
  • Nyctanthos St.-Lag., Ann. Soc. Bot. Lyon 7: 56 (1880).
  • Noldeanthus Knobl., Repert. Spec. Nov. Regni Veg. 38: 74 (1935).

Jasminum, os xasmíns é un xénero con arredor de 300 especies de arbustos gateadores. É oriundo das rexións tropicais e subtropicais de Europa e Asia, sendo amplamente cultivado. A maioría das especies medran como rubideiras sobre doutras plantas ou guiadas en estruturas.

En Galiza atopamos as especies principalmente na xardinaxe, sendo a máis frecuente o xasmín común, rubideira de flores moi recendentes. Con todo tense descrito a especie Jasminum fruticans espontánea nas provincias de Lugo e Ourense.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O termo galego xasmín provén do árabe clásico yāsamīn e este do pelvi yāsaman,[4] "agasallo de Deus".[5]

Descrición[editar | editar a fonte]

As flores dos xasmíns, comunmente brancas – se ben hai algunhas especies amarelas–, posúen a miúdo un doce e intenso recendo que lembra ao da flor da laranxeira. Estas plantas cultívanse principalmente polas súas flores, no xardín, coma planta de interior ou para flor cortada. A flor dura arredor de 24 horas.

No sur e sueste de Asia as mulleres adoitan levar as flores no pelo. Empréganse tamén en infusións, cuxa base é o té verde e moitas destilan un aceite co que se elaboran perfumes. En aromaterapia, empréganse no aspecto emocional coma un afrodisíaco, e pola parte física coma relaxante muscular e analxésico.

Especies[editar | editar a fonte]

Véxase[editar | editar a fonte]

Cultivo[editar | editar a fonte]

Cómpren de abondosa luz, especialmente se fican nun interior; no exterior non é conveniente que se expoñan directamente aos raios do sol, porque se han tornar murchos.

Cómpre protexelos das xeadas. Non aturan o exceso de frío no invierno xa que non deixa que a planta floreza, uns 13 graos son o ideal. No verán aturan ben, sempre e cando haxa humidade no ambiente, poden aturrar os 25ºC sen problemas.

A respecto da rega, cando están a medrar no verán cómpre regalos cada dous días, e no inverno, cando están coa flor, cada 4 ou 5 días.

Cómpre espallar auga sobre a planta cando estea nun interior, mais sen mollar as flores, que ficarían manchadas.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jasminum
Wikispecies-logo.svg
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Jasminum