Comarca de Viana
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha comarca de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coas comarcas de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Pertencen á Comarca de Viana na provincia de Ourense os seguintes Concellos: A Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso.
A comarca está atravesada polo río Bibei no seu curso alto. A principal vía de comunicación é a estrada OU-533, que vai de Freixido, Petín a A Gudiña.
[editar] Demografía
A comarca de Viana preséntasenos como unha área de forte envellecemento, con 6.802 habitantes en 2011, o 36,12% da poboación superaba os 65 anos, é dicir, 2.457 habitantes. Pola contra, tan só 461 habitantes tiñan 15 ou menos anos, o 6,77%. En 2010 rexistra 17 nacementos e 121 óbitos, que deixan un saldo vexetativo negativo de -102. A idade media ascendía a 52,4 anos en 2010.
[editar] Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca de Viana
|
|||||
