Praia de Razo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Praia de Razo
Playa_de_Razo
Coordenadas: 43°17′23″N 8°42′45″O / 43.289699999859, -8.7124000001139
Posto de primeiros auxilios Paraxe natural
Características xerais
LocalizaciónCarballo
Lonxitude1300 m
Largo medio50 m
Grao de ocupaciónAlto
Grao de urbanizaciónSemiurbana
Paseo marítimo
Características específicas
Tipo de praiaAberta
Tipo de areaFina
Condicións do bañoOleaxe medio - forte
Aspectos medioambientais
Presenza de vexetaciónSi
Zona protexidaSi
Bandeira AzulSi
Seguridade
Equipo de vixilanciaSi
Equipo de salvamentoSi

A praia de Razo é un areal bañado polo océano Atlántico situado na parroquia de San Martiño de Razo, no concello coruñés de Carballo.[1]

Características[editar | editar a fonte]

Praia aberta de area dourada e gran fino que forma xunto coa praia de Baldaio un dos areais mais extensos de Galicia protexido pola súa riqueza natural. Conta coa bandeira azul[2] e con múltiples posibilidades para o lecer e o deporte.[3][4]

Deporte[editar | editar a fonte]

Razo goza de recoñecemento como destino para a práctica de deportes náuticos[5] e ten unha importante comunidade que vive do surf contando, entre outras,[6] cunha escola pioneira en España fundada no ano 1991.[7]

Tamén son habituais os torneos de voleibol[8] e as persoas que aproveitan a intensidade do vento desta zona para practicar ala delta ou parapente.[9][10]

Interese xeolóxico[editar | editar a fonte]

A praia de Razo presenta varios afloramentos de praias fósiles formadas na era cuaternaria. Isto pode apreciarse nos seus cantís, onde se ven os distintos estratos que son testemuño da evolución da praia ao longo de milleiros de anos. Tamén é posible observar abundantes acumulacións de minerais pesados.[11][12]

Cantil onde se poden ver os distintos estratos.

Ademais, de Razo parte un dos fenómenos xeolóxicos máis importantes de Galicia: a Depresión Meridiana, falla que racha o territorio galego de norte a sur.[12]

Espazo protexido[editar | editar a fonte]

Esta praia está protexida pola Rede Natura 2000 para a conservación da biodiversidade como LIC[13] e ZEPA.[14]

Acontecementos[editar | editar a fonte]

  • 1929 - Naufraxio do barco de vapor María Victoria.[15]
  • 2002 - A marea negra do Prestige alcanza a costa.[16]
  • 2003 - Un avión militar emprega a praia de Razo - Baldaio como pista de aterraxe de emerxencia.[17][18]
  • 2006 - Unha marea de obxectos procedentes dun barco mercante afecta a costa de Razo.[19][20]
  • 2024 - A marea de granulado plástico que provocou un buque ao perder parte da súa carga fronte á costa portuguesa chega a Razo.[21]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "RAZO". turismo.gal. Consultado o 2023. 
  2. "Galicia tendrá este año 113 playas con bandera azul, la tercera comunidad con más galardones de este tipo". xunta.gal. Consultado o 2023. 
  3. "Razo: mar aberto ao Atlántico". turismocarballo.org. Consultado o 2023. 
  4. "Playa de Razo (Carballo)". Coruña.gal. Consultado o 2023. 
  5. "Razo aspira a converterse en reserva mundial do surf". turismocarballo.es. Consultado o 2023. 
  6. "Surf". turismocarballo.com. Consultado o 2023. 
  7. "RAZ SURFCAMP DESDE 1991". Razsurfcamp.com. Consultado o 2023. 
  8. "Inicio". voleipraiarazo.com. Consultado o 2023. 
  9. "Cortado de Razo, Carballo". aladeltagalicia. Consultado o 2023. 
  10. "Parapente y ala delta". turismocarballo.org. Consultado o 2023. 
  11. "GM021 Complejo dunar y lagoon de la playa de Razo-Baldaio". Inventario Español de Lugares de Interés Geológico. Consultado o 2023. 
  12. 12,0 12,1 "Xeoloxía". turismocarballo.com. Consultado o 2023. 
  13. "ES1110005 Costa da Morte". natura2000.eea.europa.eu. Consultado o 2023. 
  14. "ES0000176 Costa da Morte (Norte)". natura2000.eea.europa.eu. Consultado o 2023. 
  15. "El «María Victoria» emerge en Razo". lavozdegalicia.es. Consultado o 2023. 
  16. "Crónica de la catástrofe". elmundo.es. Consultado o 2023. 
  17. "La playa de Razo-Baldaio salvó el avión". lavozdegalicia.es. Consultado o 2023. 
  18. "Aeropuerto improvisado de Razo-Baldaio". lavozdegalicia.es. Consultado o 2023. 
  19. "Sólo quedan las guindillas rojas". lavozdegalicia.es. Consultado o 2023. 
  20. "O Concello procede á limpeza do litoral afectado pola marea de obxetos dun mercante". carballo.org. Consultado o 2023. 
  21. "Las "bolitas" de plástico ya llegaron a Razo". diariodebergantinos.com. Consultado o 2024.