Torres de Mens

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Torres de Mens
ben de interese cultural
ConcelloMalpica de Bergantiños
ProvinciaA Coruña
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas43°17′50″N 8°51′53″O / 43.297269, -8.864636Coordenadas: 43°17′50″N 8°51′53″O / 43.297269, -8.864636
Estilo arquitectónico
Estilo orixinal? (?)
Estilo actual? (Restaurado)
Estado actualVivenda privada
Véxase tamén
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

As Torres de Mens é un castelo construído no século XV, por Lope Sánchez de Moscoso, despois das revoltas irmandiñas, sobre unha fortaleza anterior, que á súa vez se situaba sobre un antigo castro.

O edificio está incluído no Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural como monumento de arquitectura militar desde o ano 1994. En 1993 recibiu o premio que outorga Europa Nostra aos monumentos salvados da ruína[1][2].

Situación[editar | editar a fonte]

Atópanse no lugar das Torres de Mens na parroquia de Mens, no concello de Malpica de Bergantiños, provincia da Coruña.

Historia[editar | editar a fonte]

No século XX foron adquiridas por Pedro Abelenda y Díaz de Andrade, tataravó do actual propietario, Agustín Ordóñez, que foi o encargado da última rehabilitación que as transformou nunha vivenda.

Descrición[editar | editar a fonte]

O conxunto está formado por unha vivenda e tres torres de planta cadrada que perderon as súas ameas, rodeadas dun recinto circular amurallado. A planta do volume principal ten forma de L, e está rematada por un turrón xirado respecto ó eixe do edificio. Nunha das esquinas do último andar, e apoiada sobre ménsulas de pedra, sobresae unha balconada de madeira. A entrada realízase por un arco oxival situado nunha das torres.

Lenda[editar | editar a fonte]

Conta a tradición que existía un paso entre as Torres, a Igrexa de Santiago de Mens e a praia de Seiruga. O conde tiña presa no castelo a unha moza do pobo. Os paisanos atacaron o castelo pero o conde, ó verse rodeado, fuxiu polo pasadizo. Os aldeáns entón prendéronlle lume ás tres bocas do túnel impedíndolle deste xeito a fuxida. Tamén se conta que desde entón o millo e o trigo sementado nas proximidades do túnel marelece máis cedo.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. www.hispanianostra.es Arquivado 24 de decembro de 2009 en Wayback Machine..
  2. Xunta de Galicia (13 de decembro de 2016). "Bens de Interese Cultural (BIC)". abert@s. Arquivado dende o orixinal (csv) o 26 de marzo de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]