Parladoiro
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2012.) |
Fiestra con parladoiro nunha casa en Padrón.
Un parladoiro ou faladoiro é calquera lugar onde se reúnen persoas, xeralmente dun mesmo lugar ou dunha mesma profesión, para conversar ou comentar temas de actualidade.
En construción denomínase parladoiro á fiestra que conta con dous asentos aos lados e que permite sentar para ollar pola ventá ou para falar con outra persoa que senta enfronte, de aí o nome. Consiste nun van no que sobresaen cara o oco dúas pedras das xambas a xeito de asentos. Dáse nas casa grandes, nos pazos, nos castelos e nalgunhas vivendas. Soen estar nas ventás da sala de respecto ou da cociña; sempre no sobrado da vivenda.