Castelo do Casón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo do Casón
ConcelloOrtigueira
ProvinciaA Coruña
Comunidade
autónoma
Galicia
Coordenadas43°41′13″N 7°55′01″O / 43.686833, -7.917083Coordenadas: 43°41′13″N 7°55′01″O / 43.686833, -7.917083
Estilo arquitectónico
Estilo orixinalrománico (séculos IX-X)
Estado actualruínas
Véxase tamén
Castelos de Galicia
editar datos en Wikidata ]

O Castelo do Casón é unha estrutura con restos de muralla e foxos situada no alto denominado O Castelo do Casón (291 m), nun brazo da Serra da Capelada, flanqueado polos regos de Casón e de Landoi e que domina a vista sobre a ría de Ortigueira[1][2]. De carácter defensivo e de vixilancia, xa foi estudado por Federico Maciñeira. Ao parecer os restos atopados apuntan aos dunha fortaleza medieval, quizais construída á súa vez sobre os restos dun antigo poboado castrexo. Dende el obsérvase toda a ría de Ortigueira.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mapa 1/25.000 do SigPac
  2. Plano do Catastro. Ref. 15062A084017750000TH. Topónimos próximos: Fornamariña, Monte Prado, Castelo, Parrugal, Campo Muiño, Prado, Hortas, Campiña, Monxas, Orxeira

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]