Castelo de Ribadavia
Coordenadas: 42°17′12.30″N 08°08′37.49″W / 42.2867500°N 8.1437472°W
| Castelo de Ribadavia | |
|---|---|
| Concello: | Ribadavia |
| Provincia: | Ourense |
| Comunidade Autónoma: | Galicia |
| Estilo arquitectónico | |
| Estilo orixinario: | Románico |
| Estilo actual: | ? |
| Estado actual: | En ruinas. Visitable |
| Véxase tamén: Castelos de Galicia | |
O castelo de Ribadavia son as ruínas do que foi o castelo e residencia dos Condes de Ribadavia, da familia Sarmiento. Son os restos dun castelo de grandes dimensións que ten sido escavado e está na actualidade en proceso de rehabilitación.
Índice |
Situación[editar]
Sitúase no casco urbano de Ribadavia, en fronte da alameda e a carón do barrio xudeu e a Praza Maior.
Historia[editar]
Algúns historiadores como Meruéndano levan a orixe deste castelo aos primeiros anos da Reconquista sendo logo ampliado durante o breve reinado de García de Galicia (1065-1071) que estableceu en Ribadavia a súa corte e a capital do seu reino. Porén outros moitos autores consideran que o castelo foi construído no século XII.
Tempo despois serviu de refuxio para a Condesa de Traba e o rei neno Afonso VII que alí resistiron o ataque de Arias Pérez partidario dos dereitos sucesorios de Dona Urraca.
No ano 1375 Henrique II de Trastámara concedeulle o señorío de Ribadavia a Pedro Ruiz Sarmiento, pasando desde entón o castelo á propiedade da familia Sarmiento.
Foi obxecto de importantes reformas no século XV que lle conferiron a súa imaxe definitiva.
Foi abandonado no século XVII cando os condes de Ribadavia fixan a súa residencia no Pazo dos condes, na praza maior, e que estaba comunicado co castelo por unha porta.
Tralo seu abandono o castelo sufriu a perda de moita da súa pedra que foi reaproveitada para a construción de moitas casas de Ribadavia.
Descrición[editar]
Das portas das antigas murallas que formaban parte co castelo dos sistema defensivo: a Porta da Vila (norte), a Porta de Santo Domingo (sur), A Porta da Fonte da Prata ou de San Xoán (oeste) e a Porta Nova de Arriba (leste), só esta última se conserva, xunto con outras dúas portas posteriores, a Porta Falsa da Magdalena (postigo) e a Porta da Tafona, que servía para permitir achegarse as augas do Avia.
Dous fortes torreóns circulares flanquean a porta principal que presenta un arco de medio punto. Un escudo coas armas dos Sarmiento e os Fajardo decora a porta principal.
No interior, nas escavacións arqueolóxicas levadas a cabo por Manuel Chamoso Lamas, puxéronse ao descuberto un conxunto de 20 sepulcros antropomorfos que conformaban unha necrópole medieval, datada nos séculos IX e XII. A carón das tumbas unha escalinata circular traballada directamente na rocha nai e que puideron pertencer á capela ou templo que fora o centro do camposanto.
No interior do recinto amurallado construíuse, no século XX, na parte máis achegada ao río un auditorium, onde se celebra a Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia, no mes de xullo.
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
|
|||||