Igrexa de San Martiño de Andrade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de San Martiño de Andrade
Fachada da igrexa.
PaísEspaña
LocalizaciónAndrade (Pontedeume)
Coordenadas43°22′57″N 8°09′46″O / 43.3825, -8.1627777777778Coordenadas: 43°22′57″N 8°09′46″O / 43.3825, -8.1627777777778
Culto
CultoIgrexa Católica
DioceseSantiago de Compostela
Arquitectura
ConstruciónSéculo XVIII
EstiloBarroco
editar datos en Wikidata ]

A igrexa de San Martiño de Andrade é un templo barroco do século XVIII dunha soa nave situado no lugar da Pía, na parroquia eumesa de Andrade. Foi edificada sobre outra anterior románica do século XII da que conserva a ábsida semicircular e parte do muro norte.

Ábsida[editar | editar a fonte]

A ábsida está dividida en tres tramos por dous contrafortes. En cada tramo ábrense ventás da mesma traza cas da ábsida da igrexa de San Xoán de Vilanova e dimensións case idénticas. Posúe trece canzorros de temática xeométrica, zoomorfa e antropomorfa.

Canzorros.

O comezo da ábsida desde o muro sur, e parte deste, áchanse ocultos pola sancristía, engadida posteriormente como un anexo á igrexa.

A parte interior da ábsida, oculta á vista polo retablo do altar maior, está recuberta con cal, froito de sucesivos branqueos. Malia iso, obsérvanse restos de decoración en dentes de serra de cor carmesí.

Muro norte[editar | editar a fonte]

A parte do muro máis próxima á ábsida é o da primitiva igrexa románica que tiña unha porta de arco de medio punto, hoxe tapiada. O límite da parte románica do muro apréciase claramente no interior por reducirse considerabelmente o seu grosor ao pasar á parte que non é románica.

Fachada[editar | editar a fonte]

Na fachada barroca aprécianse en sentido ascendente seguindo o eixo vertical: unha porta rectangular con decoración en orelleiras, unha pequena fornela rematada en arco de medio punto, unha ventá rectangular e, sobre unha base rectangular, unha espadana de dous ocos rematada en pináculos con bóla.

No ano 1943 a fachada foi trasladada 9 metros por mor dunhas obras de restauración e ampliación da igrexa que supuxeron un aumento da súa longura na cantidade indicada.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]