Castelo de Sarria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo de Sarria.
Castelo de Sarria. Imaxe de época.

O castelo de Sarria, tamén coñecido como Torre dos Batallóns, ou simplemente Torre de Sarria, é unha fortaleza situada nun outeiro da vila de Sarria, nunha posición que lle dá unha visión dominante sobre todo o val do río Miño.

Índice

[editar] Historia

Descoñécese a orixe da construción, tanto a data como quen foi o seu fundador. A mediados do século XII Gutierre Ruiz de Castro adquiriu o señorío de Sarria por medio do seu matrimonio con Elvira Osorio, filla de Suer Yañez de Moura, e posibelmente foi nesas datas cando se construíu a fortificación no lugar ocupado anteriormente por un antigo castro.

A fortificación foi arrasada polos sublevados irmandiños no transcurso da Gran Guerra Irmandiña, por volta de 1467.

Após o seu paulatino abandono, finalmente, no século XIX procedeuse ao reenchido dos profundos foxos defensivos.

[editar] Características

Os restos da fortificación que chegaron até a actualidade limítanse a un torreón de defensa, de planta irregular e fronte semicircular, e que formaba parte do castelo, servindo de reforzo dun ángulo onde se xuntaban dous dos seus lados.

O torreón conserva as almeas e unha altura duns catorce metros, tendo un eixo de 6-7 metros.

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

[editar] Outros artigos

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas