Castelo de Doiras
| Castelo de Doiras | |
|---|---|
| Concello: | Cervantes |
| Provincia: | Lugo |
| Comunidade Autónoma: | Galicia |
| Estilo arquitectónico | |
| Estilo orixinario: | ?
(s. XV) |
| Estilo actual: | ?
(s.XV) |
| Estado actual: | Bo estado de conservación das estruturas visibles, pero moi mal restauradas e en estado de lamentable abandono |
| Véxase tamén: Castelos de Galicia | |
O castelo de Doiras, tamén coñecido como Castelo da Ferrería, é un dos máis importantes castelos medievais de Galicia.
Índice |
[editar] Situación
Sitúase no alto dun risco á beira do río Cancelada, no lugar de Doiras, na parroquia de Vilarello, do concello lugués de Cervantes, preto da Ferrería de Fonquente.
[editar] Descrición
Na altura estrutúrase nun polígono rectangular de 20 metros de longo por 10 de ancho elaborado con muros de metro e medio de espesor e oito metros de altura.
Segundo Ángel del Castillo semella obra da segunda metade do século XV. Está construído en cachotaría de pizarra.
Unha porta cun arco de medio punto permite o acceso ao patio de honra. A torre da homenaxe levántase cunha altura de 16 metros.
[editar] Estado de conservación
A pesares de que a primeira vista poida parecer nun óptimo estado de conservación, polo impresionante das estruturas visibles, foi sometido en tempos recentes a diversas restauracións de dubidoso criterio científico e o seu interior atópase nun estado lamentable, ata o punto de que aparece lixo acumulado nalgunhas zonas.
[editar] Lendas
Conta a lenda que deste castelo desapareceu a princesa máis nova, a fermosa Aldara. Os seus familiares buscárona e pensaron que morrera. Co paso do tempo, un irmán da princesa, Egas, tentando cazar unha pita do monte viu pasar diante del unha cerva branca á que deu morte dun frechazo. Como non podía coa peza cortoulle unha das patas e levouna consigo. Cando chegou e descubriu o que levaba apareceu unha man de doncela, e nun dous seus dedos o anel de Aldara. No lugar onde deixara a peza atoparon o corpo da princesa desaparecida.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes do Castelo de Doiras.
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
|
|||||