Castelo de Naraío

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo de Naraío
Castle of Andrade in Narahío - Ferrolterra.jpg
Concello: San Sadurniño
Provincia: A Coruña
Comunidade Autónoma: Galicia
Estilo arquitectónico
Estilo orixinario:  ?

(século XV)

Estilo actual:  ?

(século XV)

Estado actual: En ruínas. Visitable
Véxase tamén: Castelos de Galicia

O Castelo de Naraío é un castelo medieval que tralo seu abandono no século XVII foise irmanando co hábitat que o rodea chegando aos nosos días como unha romántica e florida ruína ao pe do río Grande.

Índice

[editar] Situación

Sitúase ao pe do río Castro, na parroquia de Santa María de Naraío do concello de San Sadurniño.

[editar] Historia

Pertenceu esta fortaleza a Gonzalo Piñeiro, nobre galego que tomou partido por Pedro I O Cruel na guerra civil que o enfrontou con Henrique II de Trastámara. Vencido o seu señor as hostes do Trastámara perseguiron aos Piñeiro ata derrotar ao último deles en Anca. Henrique concedeulle as terras e o castelo aos Andrade en pago a súa axuda durante a contenda.

Segundo Comerna y Batalla o castelo tornou aos seus antigos propietarios no ano 1527. O castelo foi abandonado no século XVII e o seu estudo comeza coa publicción a principios do século XX dun libriño sobre tres castelos próximos a Ferrol no que presentaba un plano do castelo cos seus sotos, libro este obra do enxeñeiro catalán residente en Ferrol Andrés Avelino Comerna y Batalla.

A principios do ano 2007 un equipo dirixido polo arqueólogo lugués Anxo Felpeto iniciou un proxecto de investigación e rehabilitación do castelo.

[editar] Descrición

Unha escalinata de pedra e madeira permite o ascenso ata o que se conserva da fortificación a torre da homenaxe e os muros do patio de armas.

A entrada principal é unha porta alintelada onde se situaba o anciño e a porta levadiza. Conserva outras portas unhas de arcos de medio punto e outras con arcos escarzanos.

A torre da homenaxe estrutúrase en catro plantas co teito abovedado. A porta de acceso sitúase nove metros máis alta que a porta principal. Outra pequena porta ábrese na planta inferior. No seu lado sur ábrese unha pequena ventá xeminada co parteluz soportando dous arcos de medio punto. Unha última abertura se pode apreciar na torre, trátase dunha latrina apoiada en canzorros.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas