Castelo de Moeche

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo de Moeche
Castelo de Moeche 2.jpg
Concello: Moeche
Provincia: A Coruña
Comunidade Autónoma: Galicia
Estilo arquitectónico
Estilo orixinario: século XIV

(?)

Estilo actual: século XVI

(En proceso de restauración)

Estado actual: Non visitable
Véxase tamén: Castelos de Galicia

O Castelo de Moeche é un castelo medieval do século XIV, un dos escenarios principais das revoltas irmandiñas.

Índice

[editar] Situación

O Castelo de Moeche sitúase na parroquia de San Xurxo, no concello de Moeche, na comarca de Ferrol, provincia da Coruña, na cabeceira do val sobre o que se asenta.

[editar] Historia

Tras a Batalla de Montiel este castelo foi o escenario dunha nova batalla, a última, entre Henrique de Trastámara, axudado polo francés Beltrán du Guesclin e Fernán Pérez de Andrade, e Pedro I o Cruel no que este último perdeu a vida.

[editar] As revoltas irmandiñas

O castelo foi un dos protagonistas da revolta dos Irmandiños, vasalos oprimidos que se levantaron en armas, e que levaron a Nuno Freire de Andrade, o Mao, a fuxir ao castelo de Andrade (Pontedeume). Finalmente os irmandiños serían vencidos.

A primeira gran revolta tivo lugar aquí como resposta os abusos de don Nuno. Baixo o liderado de Roi Xordo a Irmandade Fusquenlla surxida en Pontedeume e Betanzos chega a terras lucenses e diríxense a este castelo para dar morte ao señor feudal que, temoroso do levantamento, xa non se atopaba nel. Tras destruír as súas terras perségueno ata Compostela onde o protexe o arcebispo, que lles presenta batalla na Batalla do Eume onde os irmandiños caen derrotados e segundo algunhas fontes Roi Xordo perde a vida finalizando así o primeiro levantamento.

Foi no segundo levantamento irmandiño cando lograron destruír o castelo aló polo ano 1467

[editar] Descrición

É un castelo medieval do século XIV que pertenceu á nobre familia dos Andrade (señores feudais), construída en cachotería de xisto e perpiaños nos esquinais, arcos e almeas. Mestura trazos señoriais e defensivos. Rodéase o conxunto por un foxo pouco profundo.

A planta é octogonal, e conserva unha torre da homenaxe de 18 metros de altura, planta cadrada e tres pisos en madeira. Os seus muros alcanzan os 4 metros de espesor abertos por estreitas seteiras cara ao exterior e mais abertas no interior. Crese que o primeiro piso foi despensa, o segundo prisión e o terceiro refuxio dos donos do castelo, xa que tiña paso ao patio de honra. Nesta obsérvanse tres escudos gravados (os osos da casa de Osorio, os leóns e castelos da de Enríquez, o de Valcárcel e os roeles dos Castro) . No seu ángulo norte presenta un torreón circular con escaleira de caracol que contribuía a distribución do paso de ronda. Acédese a torre desde o patio de armas.

[editar] Situación actual

Nel celébrase anualmente, desde 1980, co nome de Festival Irmandiño (na terceira semana de agosto), co cal se pretende «conmemorar e reivindicar, cun carácter festivo, o movemento Irmandiño, coas súas características de unión e defensa dos intereses populares». O asalto simbólico ao castelo faise á noite, armados os asaltantes con fachos, mentres o público segue os actos entre outros elementos típicos das romarías: sardiñada, música, danza e esmorga.

Actualmente está completamente restaurado e pódese visitar. Contén unha visita guiada e unha exposición histórica.

[editar] Galería de imaxes

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas