Castelo da Palma
| Castelo da Palma | |
|---|---|
| Concello: | Mugardos |
| Provincia: | A Coruña |
| Comunidade Autónoma: | Galicia |
| Estilo arquitectónico | |
| Estilo orixinario: | renacemento
(século XVI) |
| Estilo actual: | Mestura
(Século XIX) |
| Estado actual: | Futura explotación hosteleira |
| Véxase tamén: Castelos de Galicia | |
O Castelo da Palma ou castelo de Nosa Señora da Palma é un castelo do século XVI que formaba parte do sistema defensivo da ría de Ferrol. Xunto co Castelo de San Felipe trátase do único caso no mundo de dúas fortalezas enfrontadas.
Índice |
[editar] Situación
O Castelo da Palma situase no concello de Mugardos, na comarca da Ferrolterra, na provincia da Coruña.
[editar] Historia
A súa orixe remóntase á época dos enxeñeiros militares de Filipe II, no último cuarto do século XVI, concretamente no ano 1597. Formaba parte do sistema defensivo de aceso á ría de Ferrol dende o mar polo que se empraza nunha enseada na entrada da ría de Ferrol fronte ao Castelo de San Felipe.
Nace integrado nunha estrutura defensiva de tres castelos, coñecida como un "triángulo de fogo": San Felipe, San Martín e o da Palma. Este sistema defensivo bloqueaba a entrada da ría por medio dunha cadea submarina tendida desde este castelo ao de San Felipe.
Co desenvolvemento do Arsenal Militar realízanse obras de ampliación nos séculos XVIII e XIX por mor dos avances tecnolóxicos no eido militar.
Pouco armamento posuía e a súa función limitábase a vixilancia do tráfico marítimo. Contaba cunha batería en ángulo aberto cara a mar e un dobre fronte con baluartes cara a terra firme.
O edificio actual provén das reformas levadas a cabo no século XVIII e finais do século XIX.
A súa última función, na segunda metade do século XX, foi como cárcere militar, onde estivo confinado, entre outros, o golpista do 23-F o tenente coronel da Garda Civil Antonio Tejero.
[editar] Situación actual
A fortaleza, propiedade do Ministerio de Defensa e Ben de Interese Cultural, cambiou de mans en 2003 en poxa pública e foi adxudicada a Diana Grandes Hoteis (DGH), Maxi Logistic e o grupo coruñés Invertaresa por 1,4 millóns de euros. Os novos propietarios, agrupados na sociedade Castelo da Palma-Mugardos, SA, planean convertelo nun balneario de luxo a pé de ría con 80 habitacións tipo suite, spa e centro de convencións cun investimento que supera os 15 millóns de euros.
O proxecto leva cinco anos atascado en trámites burocráticos, estudos e catas arqueolóxicas nos que median tres administracións distintas: a Demarcación de Costas; Patrimonio, Medio Ambiente e Urbanismo da Xunta; e o Concello de Mugardos.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes do Castelo da Palma.
-
Porta de acceso desde a ría de Ferrol
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
- Decreto 187/2006 de 19 de outubro polo que se delimita o entorno de protección do Castelo da Palma (en castelán).
|
|||||