Muro (construción)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Muro común en Nowogard (Polonia).
Muro entre fincas na Caeira (Poio).

Un muro é unha construción lineal, vertical e exenta, é dicir, non suxeita á xurisdición ordinaria, que serve para protexer ou delimitar un terreo, polo que xeralmente é de natureza pétrea.

Tamén se emprega a palabra muro para referirse a:

  • Muralla, un muro de natureza defensiva, propio de castelos e fortificacións;
  • Parede, cando o muro non está exento, e forma parte dun edificio.

Existen distintos tipos de muros atendendo á súa función: