Torre do Bolo
Coordenadas: 42°18′28″N 7°05′42″W / 42.30778°N 7.095°W
| Torre do Bolo | |
|---|---|
| Concello: | O Bolo |
| Provincia: | Ourense |
| Comunidade Autónoma: | Galicia |
| Estilo arquitectónico | |
| Estilo orixinario: | románico
(século XII) |
| Estilo actual: | mestura
(século XV) |
| Estado actual: | |
| Véxase tamén: Castelos de Galicia | |
A Torre do Bolo sitúase no concello ourensán do Bolo, preto da Serra do Eixo, en Galiza.
Historia [editar]
Localízase posibelmente nun lugar noutrora ocupado por un antigo poboado castrexo, mais non foi antes do século XII que apareceron as primeiras referencias documentades ao castelo, documentos onde se relata a súa fundación real.
No século XIV, o rei Pedro I de Castela concedeu á vila foro de realengo, en agradecemento á súa fidelidade na guerra civil que o opuña a Henrique de Trastámara.
No século XV, o rei Xoán II de Castela confirmou os privilexios da vila, na altura en que concedeu a fortificación aos condes de Benavente.
A fortificación tamén pertenceu aos condes de Lemos, inimigos acérrimos dos de Benavente, que chegaran a posuír o título de Condes do Bolo.
Características [editar]
O castelo medieval posuíu planta rectangular con sete cubos e a torre da homenaxe. A torre foi reedificada por Xoán Pimentel no século XV, seguindo o estilo oxival.
A torre da homenaxe é de planta cadrada. Construída en granito ben labrado, alcanza unha altura de 18 metros e cerca de 10 metros de lado. Non conserva nin o ameado nin o beiril.
Distribúese en 3 andares e un soto cuberto con bóveda de canón apuntado, reforzado por 3 arcos. Tense acceso á torre mediante unha porta de acceso en altura, aberta no primeiro andar.
No interior, pódense apreciar a entrada do subterráneo, os alxibes e un cuarto.
Ábrese outra torre de arco apuntado que permite o acceso ao patio de armas. A partir da porta de entrada ao patio de honra, presenta un arco de medio punto. Xunto a esta porta consérvase unha torre cilíndrica e parte da cerca defensiva, cun grosor de 2 metros e 25 centímetros, que conserva varios sinais de canteiros.
Alén destes elementos, consérvanse outros como o alxibe e murallas co adarve.
|
|||||