Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "IGADI")

O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) é unha entidade independente e sen fins de lucro creada en 1991, que ten por obxecto principal a investigación dos problemas internacionais e a activación de estratexias que favorezan unha maior proxección de Galicia no mundo en tódolos dominios.

Documentación e investigación[editar | editar a fonte]

O IGADI recibe e analiza a prensa de numerosos países; arquiva obras, xornais, revistas e outros soportes documentais (anuarios estatísticos, teses, actas de coloquios, conferencias, etc) referidos á situación económica, social e política de cada país, rexional e mundial. Estes materiais constitúen a base para a creación do Centro de Información e Documentación Internacional Contemporánea (CIDIC). Así mesmo o IGADI promove a realización de investigacións sobre as máis diversas problemáticas de orde internacional.

Á disposición da sociedade[editar | editar a fonte]

Ámbolos dous servizos concretan un programa de apoio ás colectividades de diferentes niveis educativos, ás empresas e outros axentes sociais, que se complementa coa activa divulgación de información ós medios de comunicación, movementos asociativos, parlamentarios, personalidades e institucións galegas.

Apoio e mediación[editar | editar a fonte]

O IGADI ofrece un servizo de apoio e mediación para empresas e institucións que inclúe os seguintes aspectos particulares: realización de estudos sectoriais, de monografías, acompañamento de delegacións, tradución e interpretación, investimento e comercio exterior. Este servizo forma parte dun proxecto máis amplo que contempla a creación en Galicia dun Observatorio Exterior económico e sociopolítico.

Actividades públicas[editar | editar a fonte]

Para difundir información e promover debates na opinión pública, o IGADI organiza seminarios, mesas redondas e conferencias. En permanente contacto con todo tipo de medios e institucións, facilita a presenza de membros do IGADI nos medios de comunicación, practicando unha política de intervención inmediata en cuestións de actualidade. Igualmente programa a realización de cursos de formación.

Relacións con outros centros e institucións[editar | editar a fonte]

O IGADI mantén relacións de cooperación e de intercambio con outros centros de investigación estatais e internacionais. Ademais é signatario de convenios de colaboración con Universidades e con Administracións de diferentes niveis.

Ademais é promotor da Fundación Plácido Castro, e participa na concesión anual do Premio de Tradución Plácido Castro, que dita fundación outorga.

Financiamento[editar | editar a fonte]

O IGADI financiase coas achegas dos seus membros e colaboradores; coa remuneración dalgunhas das súas actividades e co apoio prestado polas Administracións Públicas, entidades financeiras e organizacións sociais.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]