La Cité de la Joie

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La Cité de la Joie
Título orixinalLa Cité de la Joie
Autor/aDominique Lapierre
OrixeFrancia
LinguaFrancés
Xénero(s)novela
EditorialÉditions Robert Laffont
Data de pub.1985
editar datos en Wikidata ]

La Cité de la Joie (A cidade da alegría) é posiblemente o libro máis recoñecido do seu autor, Dominique Lapierre, no que se narran as vivencias de varios personaxes nun slum (barrio de chabolas) de Calcuta. Foi adaptada ao cine con City of Joy.

Nel aparece un shaib (un branco), un cura católico francés chamado Paul Lambert que ten como misión persoal axudar aos máis necesitados. Máis adiante, na novela, incorpórase outro personaxe, un médico estadounidense chamado Max Loeb, asombrado polo traballo que fai alí o francés.

Por outra parte, a historia tamén se vai mesturando coa da da familia Pal, co cabeza de familia Hasari, que deben de emigrar a Calcuta para gañarse a vida. Este terá que facelo como rickshaw wallah, é dicir, tirando dun dos numerosos carros que transportan á xente na cidade.

O libro é un canto á esperanza e ao amor dentro do sufrimento e a miseria que se dá nos barrios pobres da India. As desgrazas sucédense, ben sexan provocadas polas inclemencias meteorolóxicas, por factores políticos, pola mafia, polas enfermidades, polas tradicións... pero o amor e a axuda que se prestan en situacións límites fan mudar de maneira de pensar ao cura e, sobre todo, ao médico estadounidense, transformándose en persoas diferentes.