Passau
| Passau | |
|---|---|
| Escudo | Mapa |
| Situación | |
| Topónimo oficial | {{{topofi}}} |
| País | |
| Estado federal | Baviera |
| Rexión administrativa | Baixa Baviera |
| Comarca (Landkreis) | Distrito Urbano de Passau |
| Xeografía | |
| Altitude | 294 m |
| Área | 69,58 km² |
| Poboación (2006) | 50.507 hab. |
| Densidade | 626 hab./km² |
| Política | |
| Alcalde (Bürgermeister) | Jürgen Dupper |
| Partido gobernante | SPD |
| Páxina web | www.passau.de |
Passau é unha cidade bávara nas ribeiras do Danubio e na fronteira con Austria. É denominada a cidade dos tres ríos porque ademais do Danubio atravésana os ríos Inn e Ilz. Segundo o censo de 2007 conta con máis de 50000 habitantes. A cidade vella (Altstadt) está bordeada polos ríos Danubio e Inn. O conxunto do termo municipal ten unha extensión de aproximativamente 70km cuadrados. Alexander von Humboldt, xeógrafo e etnógafo alemán do século XVIII, conderábaa unha das cidades máis fermosas de Europa.
Historia [editar]
Tense constancia de asentamento de poboación no territorio onde está actualmente a cidade desde antes da chegada dos romanos. Os romanos construíron o castelo de Boiotro e integraron o territorio á provincia de Recia ata o ano 476 en que abandonaron a rexión. En 739 pasou a ser sede episcopal. Desde 1217 ten os privilexios de cidade episcopal de bispo-principe (Fürst) e no ano 1225 adquiriu categoría de cidade.
Passau é o lugar da orixe do Ausbund, o libro de cantos protestantes máis antergo e que aínda empregan hoxe en día os Amish nas súas liturxias. Este libro foi escrito entre 1535 e 1540 polos chamados Bautistas que foran presos na fortaleza da cidade e que despois da súa morte foron considerados mártires.
A cidade foi recontruída baixo o mandato de arquitectos italianos despois do incendio de 1662, que a destruíu case totalmente. De aí vén a súa arquitectura barroca e que reclamen para si unha certa atmosfera mediterranea que a diferencia das cidades da súa contorna. É desde o ano 1803, e no contexto das guerras napoleónicas, pasa a formar parte de Baviera.
Debido aos tres ríos que a atravesan ten sido asulagada polas enchentes destes ríos e varias ocasións. A máis grave no ano 1954 aínda que no ano 2002 tiveron outro asulagamento importante.
Na historia recente da cidade está marcada como feito sinalado a fundación en 1978 da súa universidade. A máis recente das existentes en Baviera. Conta con 8000 estudantes, repartidos en cinco facultades: Teoloxía, Leis, Ciencias Económicas, Informática, Matemáticas e Filosofía. Debido a que o 12% dos estudantes son extranxeiros pola cantidade de convenios internacionais que asinou a universidade a cidade adquiriu carácter cosmopolita. A cidade experimentou un grande cambio desde a fundación da universidade que ten un peso importante tanto a nivel demográfico así como dinamizador cultural.