Ingolstadt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Armas da cidade
Situación da cidade no mapa de Alemaña

Ingolstadt é unha cidade independente de Baviera, Alemaña. Ten 133.35 km² e 121.801 habitantes e é a sede da compañía automobilística Audi e dista só 70 kms de Múnic.


Historia[editar | editar a fonte]

A primeira mención da cidade provén do 6 de febreiro do 806, cando un documento de Carlos Magno a menciona como Ingolges stadt. Sobre o 1250 Ingolstadt recibu o status de cidade.

A famosa muralla da cidade só puido ser superada polas tropas de Napoleón I. Foi sede da famosa Universidade de Ingolstadt, que deu inicio á Ilustración.

A comezos do século XIX a cidade, do mesmo xeito que o resto de Baviera, pasa a facer parte da Confederación do Rin fomentada por Napoleón I. Tras o derrubamento do Imperio Napoleónico, Baviera uniuse á Confederación Xermánica.

Charles de Gaulle e Mikhail Tukhachevsky estiveron detidos na fortaleza desta cidade durante a Primeira Guerra Mundial. O entón capitán Charles de Gaulle tentou a evasión até cinco veces, sen éxito, xa que o seu gran tamaño o facía demasiado visible, sendo liberado despois do armisticio. Mikhail Tukhachevsky, no quinto intento de fuga, logrou regresar a Rusia en outubro de 1917.

Economía[editar | editar a fonte]

Posúe refinarías para o petróleo que chega polo río Danubio, industria automotriz (aquí atópase a sede de Audi) e fábricas de electrónica.

Despois da Segunda Guerra Mundial, Audi buscaba unha nova sede e decidiuse por esta cidade debido ás súas boas comunicacións.

A súa proximidade con Múnic sitúa a Ingolstadt nunha das rexións de maior importancia económica e industrial dentro da Unión Europea (UE).