Confederación do Rin
| Rheinbund États confédérés du Rhin Confederación do Rin |
|||||
|
|||||
|
|||||
| A Confederación do Rin en 1812 | |||||
| Capital | Frankfurt | ||||
| Lingua | Alemán e francés | ||||
| Goberno | Estado Satélite | ||||
| Protector | Napoleón Bonaparte | ||||
| Historia | |||||
| • Establecido | 1806 | ||||
| • Disolución | 1813 | ||||
A Confederación do Rin (en alemán Rheinbund) foi o nome que recibiu a asociación de estados alemáns establecida en 1806 por Napoleón I de Francia tras conquistar este a case totalidade de Renania no marco das denominadas Guerras Napoleónicas.
Índice |
[editar] Formación
Con anterioridade ao rei de Baviera habíaselle imposto como xenro ao fillastro de Napoleón e as casas de Württemberg e Baden recibiron tamén familiares do emperador. Estes tres antigos estados transformáronse en reinos absolutistas, a pesar de que o código Napoleónico implantouse en tódolos Estados creados polo Emperador, abolíronse o feudalismo e a servidume e estabeleceuse a liberdade de culto. Foille outorgada a cada Estado unha constitución na que se concedía o sufraxio universal masculino e unha declaración de dereitos e a creación dun parlamento; foi instaurado o sistema administrativo e xudicial francés; as escolas quedaron supeditadas a unha administración centralizada e ampliouse o sistema educativo libre. Cada Estado dispuña dunha academia ou instituto destinado á promoción das artes e as ciencias, á vez que se financiaba o traballo dos investigadores.
Napoleón outorgouse a si mesmo o título de Protector da Confederación do Rin co que tivo á súa disposición un exército adicional de 60.000 soldados. A capital da Confederación estableceuse en Frankfurt am Main.
A finais de 1806 e despois da derrota de Prusia a mans de Napoleón, este creou o Reino de Westfalia, co que levou a fronteira occidental do Imperio Francés até o Río Elba. Consecuencia da derrota Prusiana foi tamén a creación do Gran Ducado de Varsovia.
No seu período de máxima extensión (1808-1809), a confederación comprendía 38 estados, 360.000 km² e 15 millóns de habitantes. Ben acollida polo pobo nun principio e interpretada como un paso cara á unificación, a súa popularidade diminuíu a medida que a integración no Sistema Continental traduciuse na implantación de duras medidas económicas.
[editar] Disolución
A Confederación disolveuse despois da derrota de Napoleón na Batalla de Leipzig en 1813; cada un dos estados alemáns asinou a paz e apoiou a Alianza entre Prusia, Rusia, Austria e Gran Bretaña. O Congreso de Viena (1814?1815) acordou a creación da Confederación Xermánica, que substituíu á do Rin.
[editar] Membros da Confederación
As seguintes táboas amosan os membros da confederación, coa súa data de ingreso e o número de tropas aportadas listadas entre paréntese.
[editar] Reinos
| Bandeira | Nome | Data de ingreso | Notas |
|---|---|---|---|
| Baviera | 1806, 12 de xullo | Co-fundador; antigo ducado (30.000) | |
| Saxonia | 1806, 11 de decembro | Antigo ducado (20.000) | |
| Westfalia | 1807, 15 de novembro | Creación Napoleónica (25.000) | |
| Württemberg | 1806, 12 de xullo | Co-fundador; antigo ducado (12.000) |
[editar] Principados
| Bandeira | Nome | Data de ingreso | Notas |
|---|---|---|---|
| Hohenzollern-Hechingen | 1806, 12 de xullo | Co-fundador (4.000) | |
| Hohenzollern-Sigmaringen | 1806, 12 de xullo | Co-fundador (4.000) | |
| Isenburg | 1806, 12 de xullo | Co-fundador (4.000) | |
| Leyen | 1806, 12 de xullo | Co-fundador; antigo condado ou grave (4.000) | |
| Liechtenstein | 1806, 12 de xullo | Co-fundador (4.000) | |
| Lippe-Detmold | 1807, 11 de abril | (650) | |
| Reuss-Ebersdorf | 1807, 11 de abril | (400) | |
| Reuss-Greiz | 1807, 11 de abril | (400) | |
| Reuss-Lobenstein | 1807, 11 de abril | (400) | |
| Reuss-Schleiz | 1807, 11 de abril | (400) | |
| Salm | 1806, 25 de xullo | Co-fundador (4.000) | |
| Schaumburg-Lippe | 1807, 11 de abril | (650) | |
| Schwarzburg-Rudolstadt | 1807, 11 de abril | (650) | |
| Schwarzburg-Sondershausen | 1807, 11 de abril | (650) | |
| Waldeck | 1807, 11 de abril | (400) |
[editar] Ducados
| Bandeira | Nome | Data de ingreso | Notas |
|---|---|---|---|
| Anhalt-Bernburg | 1807, 11 de abril | (700) | |
| Anhalt-Dessau | 1807, 11 de abril | (700) | |
| Anhalt-Köthen | 1807, 11 de abril | (700) | |
| Arenberg | 1806, 12 de xullo | Co-fundador (4.000) | |
| Baden | 1806, 12 de xullo | Co-fundador; antigo margrave (8.000) | |
| Berg | 1806, 12 de xullo | Co-fundador; (2.000) | |
| Hesse-Darmstadt | 1806, 12 de xullo | Co-fundador; antigo landgrave (4.000) | |
| Frankfurt | 1806, 12 de xullo | Co-fundador; até 1810 |
|
| Mecklemburgo-Schwerin | 1808, 22 de marzo | (1900) | |
| Mecklemburgo-Strelitz | 1808, 18 de febreiro | (400) | |
| Nassau | 1806, 12 de xullo | Nassau-Usingen e Nassau-Weilburg; co-fundadores (8.000) | |
| Oldenburgo | 1808, 14 de outubro | (800) | |
| Saxonia-Coburgo | 1806, 15 de decembro | (parte dos 2.000 dos Ducados Saxóns) | |
| Saxonia-Gotha | 1806, 15 de decemrbro | (parte dos 2.000 dos Ducados Saxóns) | |
| Saxonia-Hildburghausen | 1806, 15 de decembro | (parte dos 2.000 dos Ducados Saxóns) | |
| Saxonia-Meiningen | 1806, 15 de decembro | (parte dos 2.000 dos Ducados Saxóns) | |
| Saxonia-Weimar | 1806, 15 de decembro | (parte dos 2.000 dos Ducados Saxóns) | |
| Würzburg | 1806, 23 de setembro | Creación Napoleónica (2.000) |