Bamberg
| Bamberg | |
|---|---|
| Escudo | Mapa |
![]() |
|
| Situación | |
| Topónimo oficial | {{{topofi}}} |
| País | |
| Estado federal | |
| Rexión administrativa | Alta Franconia |
| Comarca (Landkreis) | D.U. de Bamberg |
| Xeografía | |
| Altitude | 230-386 m |
| Área | 54,58 km² |
| Poboación (2009) | 69.827 hab. |
| Densidade | 1.279 hab./km² |
| Política | |
| Alcalde (Bürgermeister) | Andreas Starke |
| Partido gobernante | SPD |
| Páxina web | www.stadt.bamberg.de |
Bamberg é unha cidade alemá pertencente ao Estado de Baviera (Alemaña), situado na rexión de Franconia, a beiras do río Regnitz. A cidade, declarada no seu conxunto Patrimonio da Humanidade en 1993, tiña unha poboación de 69.827 habitantes a 31 de decembro de 2009.
Índice |
Historia[editar]
Durante os séculos posteriores ao imperio de Roma, a migración xermana chegou á Diocese de Bamberg, a cal estaba habitada polos eslavos. O asentamento foi mencionado por primeira vez no ano 902, debido á construción do Castelo de Babenberg, en honra á familia que o construíu. A área foi evanxelizada polos monxes da Orde Beneditina, e foi entregada á Diocese de Würzburg.
En 1007, o Santo Emperador Romano Henrique II opta por separar Bamberg da Diocese de Würzburg debido a que buscaba reducir de tamaño esa diocese. En 1008 logrouse mediante o consenso entre os Bispos de Würzburg e Eichstätt, xunto coa aprobación do Papa Xoán XVIII, a definición duns novos límites da Diocese. A nova catedral foi terminada en 1012, o cal marcou o inicio da nova extensión diocesal. Cinco anos máis tarde, fundouse un mosteiro para o culto e a formación dos clérigos.
Ao redor do século XIII, os bispos forzaron ao Imperio, permitindo así, construír grandes edificacións en Bamberg. Sendo así o poder, que se obtiveron vastos territorios, sendo todos perdidos pola Reforma, os cales reduciron a extensión á metade. En 1647 fúndase a Universidade de Bamberg, que foi fundada nun principio co nome de Academia Bambergensis. En 1759, as posesións e xurisdicións da Diocese foron entregadas e vendidas a Austria. Cando se produciu a secularización da terra, por parte da igrexa, levou a efecto (1802), a extensión de terra era de 3.305 km² e a súa poboación próxima aos 220.000 habitantes. En 1802 independízase e en 1803 únese a Baviera.
En 1976, a Unión Astronómica Internacional aprobou pór o nome da cidade a un cráter do planeta Marte, coñecido como Bamberg.[1]
Sitios de interese[editar]
O conxunto da cidade de Bamberg, foi declarado como Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 1993, abarcando unha área protexida de 142 ha e unha zona de respecto de 444 ha.
Dentro deste patrimonio pódese atopar:
- A Catedral (1237), cos restos dos reis Henrique II e o Papa Clemente II
- A Residencia Antiga (Alte Hofhaltung), residencia dos bispos entre o século XVI e século XVII
- A Residencia Nova (Neue Residenz), residencia dos bispos despois do século XVII
- A Casa do Concello Antiga (Altes Rathaus, 1386), construído nunha illa no centro do río Regnitz
|
||
|
|
||
Catedral de Bamberg |
||
| Inscrición: | 1993 | |
| País: | ||
| Localización: | 43°0′40″N 7°33′12″W / 43.01111°N 7.55333°W | |
| Rexión: | Europa e América do Norte | |
| Tipo: | Cultural | |
| Criterios: | (ii, iv) | |
| Descrición UNESCO: | fr en | |
Catedral[editar]
A Catedral é unha estrutura pertencente ao estilo románico dentro da arquitectura, debido ao catro torres que se atopan na estrutura lateral. Foi fundada en 1004 polo Emperador Henrique II, terminada en 1012 e consagrada o 6 de maio de 1012. O lume destruíuna, en forma parcial, no ano 1081. A nova catedral foi construída por Otto de Bamberg e dedicada o ano 1111. No século XIII, recibiu o seu forma románica definitiva. Na catedral atópase o O Xinete de Bamberg, unha estatua ecuestre de pedra, construída probablemente entre 1225 e 1237. O Emperador Henrique II e a súa esposa Santa Cunegunda están enterrados na catedral.
