Rosenheim

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rosenheim é unha cidade da Alemaña localizada na rexión administrativa da Alta Baviera, estado libre de Baviera que está situada na fronteira con Austria. Rosenheim é unha cidade independente (Kreisfreie Städte) ou distrito urbano (Stadtkreis), ou sexa, posúe estatuto de distrito (kreis).

Situada a medio camiño entre Múnic e Salzburgo, constitúe o eixo de comunicacións formado polo triángulo Múnic, Viena e Italia, tanto para ferrocarrís como para autoestradas.

Rodeada por máis dunha ducia de lagoas e na proximidade dos Alpes, Rosenheim é unha cidade atractiva para os que practican deportes de inverno ou deportes extremos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rosenheim