Reino de Baviera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Königreich Bayern
Reino de Baviera

 

1806–1918
Bandeira Escudo
Himno:
Heil unserm König, Heil!
Reino de Baviera dentro do Imperio Alemán.
Capital Munich
Lingua Alemán
Goberno Monarquía
Rei
 • 1806-1825 Maximiliano I
 • 1825-1848 Luís I
 • 1848-1864 Maximiliano II
 • 1864-1886 Luís II
 • 1886-1913 Otto
 • 1913-1918 Luís III
Período histórico Idade Contemporanea
 • Tratado de Presburgo 1 de xaneiro de 1806
 • Revolución de Novembro 7 de novembro de 1918
Superficie
 • (1818) 75.865 km²
Poboación
 • (1818) est. 3.707.966 
     Densidade 48,9/km²
 • 1840 est. 4.370.977 
 • 1900 est. 6.176.057 
 • 1910 est. 6.524.372 

O Reino de Baviera (en alemán: Königreich Bayern) foi un estado que existiu desde 1806 ata 1918. O elector Maximiliano I Xosé, da casa de Wittelsbach converteuse no primeiro rei de Baviera en 1806. O trono pertenerceríalle á súa familia ata a disolución do reino tras a Primeira Guerra Mundial. Moitos dos límites modernos de Baviera foron trazados logo de 1814 coa firma do Tratado de París, na que Baviera cedíalle o Tirol e Voralberg ao Imperio Austríaco, en tanto que recibía Aschaffenburg e partes de Hesse-Darmstadtt. Como parte do Imperio Alemán, o reino era superado en tamaño só por Prusia. Desde a unificación en 1871 Baviera seguiu sendo parte de Alemaña ata o día de hoxe.

Fundación[editar | editar a fonte]

A paz de Pressburgo de 1805 designaba a Maximiliano I como rei de Baviera.