Xoguete

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Marioneta de vara
Peón ou buxaina

Un xoguete é un obxecto mediante o cal se acada a diversión. Polo xeral, está destinado a cativos, aínda que existen tamén diversos xoguetes creados para adultos ou accesibles a todo o mundo. Mesmo os animais domésticos, en especial cans e gatos, son destinatarios dalgúns aparellos lúdicos creados especificamente para eles.

Historia[editar | editar a fonte]

Certos xoguetes están asociados con épocas históricas e/ou culturas particulares, mentres que outros aparentan posuír popularidade universal. Raras veces aquilo que é lúdico deixa de cumprir unha función e de reflectir a sociedade e o nivel técnico da comunidade en que foron creados. Así, aínda que tristemente, os xoguetes para nenos e nenas acostuman diferir na función e na temática, sendo polo xeral un reflexo da vida adulta que se desenvolve na súa propia cultura e un factor que promove a integración social. No trato que lles damos ós nenos e na perspectiva que temos do seu tempo de ocio e dos seus quefaceres reflectimos o sexismo que aínda hoxe predomina na sociedade.

Convén ademais salientar que para os nenos o xoguete é un factor que afortala o seu desenvolvemento humano. A función do xoguete é a de apoiar a evolución física e psicolóxica mediante a exploración, o descubrimento, a aprendizaxe ou a interactuación con obxectos e persoas do seu contexto vital.

Museo Galego do Xoguete[editar | editar a fonte]

En Allariz está situado o Museo Galego do Xoguete, inaugurado no ano 1995 no pazo do antigo Xulgado. Foi promovido polo Concello de Allariz a partir da doazón dunha importante colección recompilada durante anos por un veciño de Allariz, Alberto Oro Castro, e nútrese fundamentalmente de aportacións e doacións de particulares. A finalidade de dito museo é a de recoller o significado e valor de xoguetes e xogos de tódolos tempos, porén a maior parte da colección son xoguetes antigamente considerados Masculinos como xoguetes bélicos, tamén destacan xogos de mesa ou proxectores de cine[1][2].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: xoguetes

Outros artigos[editar | editar a fonte]