Horta Oest

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Horta Oest
Autovías CV36 y A7.JPG
Vista da comarca.
Situación
Mapa da Horta Oest Localización da Horta Oest respecto ao País Valenciano
Xeografía
Provincia: Valencia
Capital da comarca: Torrent
Cidade máis poboada: Torrent
Poboación: 320.613 hab. (2007)
Área: 187,30 km²
Densidade: 1.711,76 hab./km²
Número de concellos: 9
Lingua propia: Valenciano
Sitio web
Horta Oest

A Horta Oest (en galego, Horta Oeste) é o nome dunha das comarcas do País Valenciano, con capital en Torrent (aínda que nunca esta nunca foi capital administrativa nin histórica), recollido dentro da proposta de demarcacións territoriais homologadas de 1989 pero que até o momento non foi aprobada polo goberno valenciano.

Torrent, a vila máis grande desta comarca, pertence á Mancomunidade Intermunicipal da Horta Sur, ostentando a sede principal de dito organismo, polo que tradicionalmente se considerouse a Torrent (ao igual que a tódolos municipios de Horta Oeste) coma pertencentes á veciña comarca da Horta Sud (xa que a Mancomunidade engloba ás actuais comarcas da Horta Sud e Horta Oest).

Xeografía[editar | editar a fonte]

Limita ao norte co Camp de Túria e a Horta Nord, ao leste coa cidade de Valencia, ao sur coa Horta Sud e ao oeste coa Foia de Bunyol.

Os municipios desta comarca son:

Municipio Poboación Extensión Densidade
Alaquàs 30.177 3,90 7.737,69
Aldaia 28.138 16,1 1.747,7
Manises 29.778 19,6 1.519,28
Mislata 43.336 2,1 20.636,19
Paterna 59.043 44 1.341,88
Picanya 10.543 7,5 1.405,73
Quart de Poblet 25.340 19,7 1.286,29
Torrent 75.131 69,2 1.085,70
Xirivella 30.212 5,2 5.810
Totais: 331.698 187,3 1.770,94

Véxase tamén[editar | editar a fonte]