Río Turia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Turia
RTuria1 Benaguasil.jpg
{{{lenda}}}
País España
Rexión n/d
Nacemento n/d
Altitude n/d
Lonxitude 280 km
Caudal medio 14 m³/s
Conca n/d
Desembocadura Mar Mediterráneo

O Turia (en valenciano: Túria), chamado Guadalaviar no seu tramo inicial, é un río situado no leste da Península Ibérica. Nace na Muela de San Juan, no contorno dos Montes Universais, Serra de Albarracín (Teruel), baixo o nome de Guadalaviar por ser esta a primeira localidade por onde pasa. Desemboca na cidade de Valencia tras 280 km de percorrido.

Encoros:

  • Encoro de Arquillo de San Blas, de 22 hm³
  • Presa dos Alcamines, (en construción), de 16 hm³
  • Encoro de Benageber, de 228 hm³.
  • Encoro de Loriguilla, de 71 hm³.

Topografía do río[editar | editar a fonte]

O Turia na Serra de Albarracín (Teruel), onde é denominado Guadalaviar.

Este é un característico río mediterráneo, con grandes diferenzas de caudal nas distintas épocas do ano. Os aportes hídricos prodúcense principalmente por torrentes e barrancos orixinados polos desxeos na zona do seu nacemento e polas fortes tormentas que se producen na súa cunca hidrográfica.

Debido ás súas peculiaridades, tanto polo variada orografía que atravesa, como as diferenzas de caudais hidráulicos, pódense distinguir varias zonas ou tramos.

Desde o seu nacemento até a provincia de Valencia[editar | editar a fonte]

O Turia pola Serra de Albarracín.

A súa fonte encóntrase na contorna dos Montes Universais, recollendo aportes de torrenteiras e barrancos como o da Serra do Tremedal e Serra de Jabalón. En Tramacastilla recolle as augas do río Garganta.

Até a localidade de Gea de Albarracín, o río conserva unha temperatura e pureza de augas ideais para a cría da troita.

Na mesma capital de Teruel, recibe as augas do río Alfambra, sendo este uns dos seus principais afluentes, a pesar de que en épocas de estío diminúe considerablemente o seu caudal. Até este punto recibe o nome de Guadalaviar, e a partir de aquí, recibe tamén o nome de Turia.

En Villel recolle as augas do río Camarena e xa no Rincón de Ademuz, provincia de Valencia, ten como afluentes aos ríos Riodeva, Ebrón e Bohílgues.

Abandona o Rincón de Ademuz para entrar en Santa Cruz de Moya, provincia de Cuenca, onde se atopa coas augas salinas do río Arcos.

Pouco despois do seu paso por Las Rinconadas, transcorre baixo unha grande ponte construíde a mediados do século XX, entrando logo de novo na provincia de Valencia.

Transcurso polas comarcas do alto Turia[editar | editar a fonte]

Ponte sobre o Río Turia ao seu paso por Las Rinconadas (Santa Cruz de Moya).

Por esta zona o terreo agreste impide o aproveitamento da súa auga. O río transcorre encaixado en diversas atalaias, chegando a ser de difícil acceso.

Comeza o seu maior aproveitamento para o rego no Canal Campo de Turia, que rega as zonas de Liria, Casinos e Bétera.

Máis abaixo atópase cos afluentes Sot e Chera, que debido ao seu caudal son máis similares a uns torrentes.

Parque Natural do Turia[editar | editar a fonte]

Muíño do río en Villamarchante.

A partir de aquí rega máis de 12.000 ha nas comarcas do Campo de Turia e Horta de Valencia. Existen varios proxectos sobre esta zona, tanto de urbanización como de protección do entorno, creándose o parque natural. O parque natural abrangue 15 términos municipais, desde a cidade de Valencia até Pedralba.

Desembocadura[editar | editar a fonte]

Monumento ao río Turia na cidade de Valencia.

Son famosas as súas crecidas, en especial a do 14 de outubro de 1957, a chamada "Gran riada de Valencia", que cun caudal de 3.700 m³/s inundou gran parte da cidade de Valencia.

Este feito provocou o desenvolvemento dun proxecto para desviar o río e evitar posteriores inundacións, así mesmo tamén de xerar novas infraestruturas para o crecemento da cidade. Este proxecto materializouse coa construción dun novo recorrido para o río, desviándoo polo sur da cidade, no coñecido como "Plan Sur". O novo curso aparentemente está seco, debido a que só discorre caudal por el durante as crecidas, pois os caudais ordinarios empréganse no regadío da Veiga de Valencia cas acequias do azud del Repartiment.

O antigo leito que pasa pola zona centro da cidade converteuse nun espazo lúdico-cultural, o Xardín do Turia, onde podemos encontrar a Cidade das Artes e as Ciencias.