Boeing 757
| Boeing 757 | |
|---|---|
| 757 de Iberia Líneas Aéreas de España | |
| Tipo | Pasaxeiros |
| Fabricante | Boeing |
| Primeiro voo | 19 de febreiro de 1982 |
O Boeing 757 é un avión comercial bimotor de tamaño medio e fuselaxe estreita fabricado por Boeing. Foi deseñado para Eastern Air Lines e British Airways para substituír ao 727 e entrou en servizo en 1983. A produción do 757 finalizou o 28 de novembro de 2005 despois de que fosen construídas 1.050 unidades. A derradeira aeronave foi entregada a Shanghai Airlines.
Dependendo da versión pode levar entre 186 e 279 pasaxeiros a unha distacia entre 5.700 e 7.200. O Boeing 757 foi producido con dúas lonxitudes de fuselaxe: a orixinal 757-200 entrou en servizo en 1983, e a alongada 757-300 en 1999. Fabricouse tamén unha versión de carga, a 757-200PF, e un modelo que combinaba pasaxe con carga, o 757-200M. Modelos da variante de pasaxeiros 757-200 foron tamén convertidos ao 757-200SF de carga.
O 757 pode ser considerado como un dos programas máis exitosos de Boeing. Porén, as vendas caíron a finais dos 90, provocando o cesamento da produción.
|
|||||||||||||||||