Airbus A310
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Airbus A310 | |
|---|---|
| A310-300 de Royal Jordanian | |
| Tipo | pasaxeiros |
| Fabricante | Airbus |
| Primeiro voo | 3 de abril de 1982 |
| Introducido | abril de 1983 |
| Estado | en servizo |
| Produción | 1983 - 2007 |
O Airbus A310 é un avión civil de pasaxeiros bimotor, de medio alcance e fuselaxe ancho de Airbus, o consorcio europeo de fabricación de aeronaves. Foi lanzado en 1978 e desenvolveuse a partir do A300, sendo máis curto que o seu antecesor. Quizais a súa característica máis importante é o seu alcance, polo que foi usado intensivamente nas rutas trasatlánticas.
O A310 (xunto co A300) parou de fabricarse oficialmente en xullo de 2007, aínda que a súa derradeira entrega foi en xuño de 1998. No mes de agosto de 2010 255 A310 foran entregados, 208 dos cales aínda estaban sendo operados.
Especificacións[editar]
- Tipo: Airbus A310-200
- Envergadura: 43,91 m
- Lonxitude: 46,65 m
- Altura: 15,79 m
- Superficie alar: 219 m2
- Capacidade de pasaxe: de 210 a 250
- Carga útil: 33.293 kg
- Peso máximo no despegue: 138.598 kg
- Velocidade de cruceiro: mach 0,80
- Teito de servizo: 41.000 pés
- Alcance máximo: 3.950 millas
|
|||||||||||