McDonnell Douglas DC-10

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroflot Russian Airlines McDonnell Douglas DC-10.jpg

O McDonnell Douglas DC-10 é un trimotor de longa distancia fabricado por McDonnell Douglas. Dous dos seus motores sitúanse en góndolas baixo as ás, mentres que o terceiro atópase na parte traseira da fuselaxe, debaixo do estabilizador vertical.

Foi concibido coma sucesor do McDonnell Douglas DC-8 en operacións de longo percorrido, e para competir co Airbus A-300 en rutas de medio percorrido, así coma co Loockheed L-1011 Tristar.

Algúns modelos foron construídos para a Forza Aérea dos Estados Unidos coma avións cisterna para reabastecemento en voo, versión coñecida coma KC-10 extender.