Airbus A300
| Airbus A300 | |
|---|---|
| A300B4-203 de Iberia Líneas Aéreas de España | |
| Tipo | Pasaxeiros |
| Fabricante | Airbus |
| Primeiro voo | 28 de outubro de 1972 |
| Introducido | 30 de maio de 1974 |
| Produción | 1974 - 2007 |
O Airbus A300 é un avión de pasaxeiros bimotor de curto-medio alcance e de fuselaxe ancha de Airbus, o consorcio europeo de fabricación de aeronaves. Trátase do primeiro avión fabricado por Airbus, co que supuxo o relanzamento da industria aeronáutica europea,e tamén é o primeiro bimotor de fuselaxe ancha producido no mundo. O A300 pode levar 266 pasaxeiros nunha configuración de dúas clases, cun alcance máximo de 7.540 quilómentors, dependendo do modelo.
O seu cliente de lanzamento foi Air France, que usou por vez primeira o 30 de maio de 1974. A produción do A300 rematou no mes de xullo de 2007, xunto coa do seu derivado máis pequeno, o A310.
Índice |
Historia [editar]
O 29 de maio de 1969, durante o Salón aeronáutico de Le Bourget, os ministros de Transporte alemán e francés asinaron un acordo para desenvolver e fabricar un avión capaz de transportar entre 260 e 300 pasaxeiros. A estes dous países uniríase Gran Bretaña o 26 de setembro nunha reunión en Bonn.
O 18 de decembro de 1970 crearíase Airbus Industrie, cando as primeiras pezas do A300 estaban xa a ser fabricadas. O tamaño do avión variou bastante durante o proceso de deseño, pasando dos 300 pasaxeiros inicialmente aos 225, e tamén variando o ancho da fuselaxe e a configuración interna.
Os dous primeiros exemplares construídos foron do tipo B1 (o A300-A era a versión de 300 pasaxeiros que nunca chegou a fabricarse), voando por vez primeira o día 28 de outubro de 1972. Porén, debido a requerimentos das aeroliñas o modelo que entrou en produción foi o A300-B2, con capacidade para 250 pasaxeiros.
Variantes [editar]
A300B1 [editar]
Só se construíron dous: o primeiro prototipo, e un segundo avión que foi alugado en novembro de 1974 a Trans European Airways (TEA). TEA alugouno á súa vez durante seis meses a Air Algérie. Tiña unha capacidade para 300 (TEA) ou 323 pasaxeiros (Air Algérie), cun peso máximo de 132.000 kg e dous motores General Electric CF6-50A.
A300B2 [editar]
Foi a primeira vesión de produción. Equipados con motores General Electric CF6 ou Pratt & Whitney JT9D (os mesmos que levaba o Boeing 747–100), entraron en servizo con Air France en maio de 1974. O seu prototipo realizou o seu primeiro voo o 28 de xuño de 1973, tivo a certificación das autoridades francesas e alemás o 15 de marzo de 1974 e a aprovación da FAA o 30 de maio. O primeiro A300B2 de produción (A300 número 5) realizou o seu voo de estrea o 15 de abril de 1974 e foi entregado a Air France o 10 de maio.
A300B4 [editar]
Foi a principal versión de produción. Conta cun depósito central de combustible para incrementar a súa capacidade (47.500 kg). O primeiro A300B4 (o noveno A300) voou o 25 de decembro de 1994 e foi certificado o 26 de marzo de 1975. A primeira entrega foi para Germanair (que posteriormente fusionouse con Hapag Lloyd) o 23 de maio.
A300-600 [editar]
Oficialmente designado A300B4-600, esta versión ten a mesma lonxitude que o B2 e o B4 pero ten máis espazo debido a que usa a fuselaxe traseira e a cola do A310. Equipa os máis potentes CF6-80 ou Pratt & Whitney PW4000 e usa a unidade de potencia auxiliar Honeywell 331-250. O A300-600 entrou en servizo en 1983 con Saudi Arabian Airlines e vendéronse un total de 313 exemplares. Esta variante tiña unha cabina de control semellante á do A310, eliminando a necesidade dun enxeñeiro de voo.
A300B10 [editar]
Introduxo unha fuselaxe máis curta, unha nova á, unha cola máis pequena e podía voarse con dous tripulantes. Estivo dispoñible en versión estándar, a −200, e con alcance aumentado, −300. Tamén se fabricou unha versión militar de transporte ou reabastecemento en voo mercado pola Forza Aérea Canadense e a Luftwaffe. Vendéronse un total de 260 exemplares, aínda que cinco, pedidos por Iraqi Airways, nunca se fabricaron.
Especificacións [editar]
- Tipo: Airbus A300-600
- Envergadura: 44,83 m
- Lonxitude: 54,07 m
- Altura: 16,62 m
- Superficie alar: 260,12 m2
- Capacidade de pasaxe: de 267 a 375
- Carga útil: 43.571 kg
- Peso máximo no despegue: 165.016 kg
- Velocidade de cruceiro: 472 nudos
- Velocidade máxima: mach 0,82
- Alcance máximo: 4.340 millas
|
|||||||||||