Thai Airways International

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Thai Airways International
Thai Airbus A380 Kustov-1.jpg
IATA
TG
OACI
THA
Indicativo
THAI
Fundación 1 de maio de 1960 (fusionada con Thai Airways Company o 1 de abril de 1988)
Aeroporto principal aeroporto de Suvarnabhumi
Plan de voo frecuente Royal Orchid Plus
Alianza Star Alliance
Subsidiarias THAI Smile
Nok Air
Frota 91
Destinos 75
Páxina web: http://www.thaiairways.com/

Thai Airways International Public Company Limited (THAI) (Lingua taii: บริษัท การบินไทย จำกัด (มหาชน) é a aeroliña nacional de Tailandia, ademais de ser a máis grande do país. Formada en 1988, a compañía ten a súa sede corporativa no distrito de Chatuchak, en Bangkok, e opera principalmente dende o aeroporto de Suvarnabhumi. THAI é un dos membros fundadores da alianza de aeroliñas Star Alliance. A compañía é o principal accionista da aeroliña low-cost Nok Air, cun 49% das súas accións, e creou unha aeroliña rexional baixo o nome de Thai Smile a mediados do ano 2012, usando novos Airbus A320.

Dende o seu centro de operacións no aeroporto de Suvarnabhumi, THAI voa a 75 destinos en 35 países, usando unha frota de máis de 80 avións. A aeroliña chegou a operar dúas das rutas sen escalas máis longas realizadas, entre Tailandia e Los Angeles e Nova York, pero debido aos altos custes do combustible e a retirada de avións a compañía abandonou todos os seus servizos sen escalas cara os Estados Unidos en 2012. Na actualidade, os voos entre Bangkok e Los Angeles fan escala no aeroporto de Incheon, preto de Seúl. A rede de destinos de THAI está dominada por voos cara Europa, e o leste de o sudoeste de Asia, aínda que a aeroliña tamén voa a Johannesburgo e a cinco cidades de Oceanía.

Frota[editar | editar a fonte]

Frota de Thai Airways International
Avión Total Pasaxeiros Notas
Airbus A300-600R 8 247 a piques de ser retirados
Airbus A330-300 25 299
Airbus A340-500 1 215 tamén serve como avión do goberno
Airbus A340-600 6 267
Airbus A350-900 (12 pedidos)
Airbus A380-800 3 507
Boeing 737-400 5 140
Boeing 747-400 16 374-389
Boeing 777-200 8 309
Boeing 777-200ER 6 292
Boeing 777-300 6 364
Boeing 777-300ER 7 312-348
Boeing 787-8 (6 pedidos)
Boeing 787-9 (2 pedidos)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]