Airbus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Airbus SAS
Logo Airbus Industrie por Hernando.svg
Airbus Toulouse plant entrance DSC02696.jpg
Entrada da sede de Airbus en Tolosa
Tipo Subsidiaria
Fundación 1970 (como Airbus Industrie)
2001 (como Airbus SAS)
Matriz EADS
Localización Tolosa Flag of France.svg Francia
Fundador Reino Unido Reino Unido Alemaña Alemaña Flag of France.svg Francia
Persoas clave Fabrice Brégier (Xefe Executive)
Guenter Butschek (Xefe Operacións)
Industria Aeronáutica
Produtos Avións
Beneficio 33.100 millóns de euros
Beneficio operativo 1.597 millóns de euros
Número de empregados 63.000 (2011)
Páxina web airbus.com
A 330-200 Air Seychelles 2013

Airbus S.A.S., máis coñecida como Airbus, é unha grande empresa paneuropea aeronáutica e aeroespacial subsidiaria de EADS N.V. Foi creada como un consorcio denominado Airbus Industries, que non se encargaba do proceso de fabricación, senón de coordinar todo o proceso de deseño, fabricación e venda. En 2001 creouse en Tolosa, Francia, como unha S.A.S (Sociedade por Accións Simplificada, do francés: Société par Actions Simplifiée).

Historia[editar | editar a fonte]

Orixe[editar | editar a fonte]

En setembro de 1967, os gobernos de Reino Unido, Alemaña e Francia asinaron un memorando de entendemento para desenvolver un avión de 300 prazas. Este sería o segundo proxecto conxunto de avión en Europa, tras o Concorde. Nos meses seguintes xurdiron dúbidas por parte dos gobernos británico e francés sobre a viabilidade do proxecto, e houbo que modificalo para que puidese usar motores xa desenvolvidos e reducir así os custes.

En 1969 o goberno británico retirou o seu apoio ao programa. Dada a participación de Hawker Siddeley, a empresa seleccionada polo goberno británico (que sen o seu apoio financeiro non podía continuar con el), no deseño da á, os franceses e alemáns víronse incapaces de continuar en solitario. Finalmente a compañía británica conseguiu seguir sendo un contratista grazas ao apoio financeiro alemán.

O consorcio foi creado en 1970 polas compañías francesa Aerospatiale e alemá Deutsche Aerospace como fabricante europeo de avións. En 1971 a empresa española CASA (Construcciones Aeronáuticas Sociedad Anónima) incorporouse ao consorcio, e en 1979 fíxoo a inglesa British Aerospace. Dende o principio o consorcio fixouse como obxectivo competir co principal fabricante de avións do mundo, a compañía estadounidense Boeing, que en aquela época ía adquirindo unha posición cada vez máis dominante no sector da aviación civil.

Tras a fusión de Aèrospatiale, CASA e Deutsche Aerospace para crear EADS, (European Aeronautic, Defense and Space Company), esta última pasou a controlar o 80% de Airbus, quedando o 20% restante en mans de BAE Systems PLC (British Aerospace).

Consolidación[editar | editar a fonte]

Airbus A300 de Kuwait Airways

O primeiro modelo que fabricou o consorcio, e que apareceu en 1972, foi o A300, un avión para rutas de medio alcance, de dobre corredor, innovador en numerosos aspectos, como a racionalización do compartimento de equipaxes e carga mediante contedores. O avión non foi un éxito inmediato, nun mercado dominado polos fabricantes estadounidenses, e só conseguiu vendas importantes en Europa. Isto viuse agravado pola crise do petróleo de 1973, que afectou gravemente ás aerolíneas, e con iso á lista de pedidos.

Airbus estivo a piques de quebrar, nun momento chegou a ter 14 avións completamente rematados sen vender, agardando en terra por un comprador, tras 16 meses sen ningún pedido novo. A compra de varios avións por parte da Eastern Airlines marcou un punto de inflexión nas vendas e a salvación de Airbus. Pouco despois o consorcio presentou o A310, unha variante máis curta do anterior, xa que algunhas aerolíneas queixábanse de que A300 era moi grande.

Nos anos 80 iniciouse a fabricación doutras variantes dos dous modelos existentes e presentouse o novo A320, un avión dun corredor para traxectos curtos e medios, de tecnoloxía revolucionaria. Airbus prescindiu por vez primeira neste modelo das conducións hidráulicas para gobernar as superficies de voo, substituíndoas por cables eléctricos (fly-by-wire) e pequenos motores situados en ditas superficies. Os pilotos usan un "joystick" situado nun lado, en lugar da clásica columna fronte ao asento. As ordes de voo son transmitidas a un ordenador, o cal calcula a súa idoneidade (impedíndose así as manobras perigosas) e transmíteas á súa vez ás superficies de voo. O A320 popularizouse rapidamente, obtendo un éxito notable, e compite co Boeing 737. Tamén neste caso Airbus fixo variantes, unha máis grande, o A321, e dúas máis pequenas, os A318 e A319.

A340 de Air Canada

Na década dos 90 Airbus presentou dous modelos adicionais de dobre corredor, concibidos para rutas de longo alcance, o bimotor A330 e o cuatrimotor A340. O seu deseño aerodinámico e as características dos seus motores convértenos en avións moi económicos. Por suposto, estes modelos dispoñen da avanzada tecnoloxía do A320.

En todos os seus modelos Airbus foi incorporando, ademais, cabinas de mando revolucionarias, xa que se prescinde dun número elevado de instrumentos clásicos, que substitúense por varias pantallas de vídeo, nas que aparecen os datos e a información que interesan aos pilotos en cada intre.

En xaneiro de 2005, Airbus presentou o seu novo superjumbo A380 co que pretende competir contra o Boeing 747 do seu rival Boeing. Trátase do avión de pasaxeiros con máis prazas do mundo, só superado en tamaño polo Airbus A340-600 (na categoría de avións comerciais) Cun tamaño de case 71 x 80 metros e 540 toneladas de peso máximo ao despegue, posúe dúas plantas para pasaxe e unha bodega inferior de carga; pode transportar a máis de 800 pasaxeiros en configuración de alta densidade. Prevese tamén unha versión cargueiro.

Ademais, atópase en estudo un avión militar, o A400M, mediante o cal Airbus pretende introducirse no segmento da aviación militar. O A400M fabricarase en San Pablo, Sevilla.

O último modelo que Airbus está desenvolvendo é o A350. Este modelo xorde en resposta ao modelo 787 de Boeing. Inicialmente presentouse como un derivado do xa existente A330, con melloras en aerodinámica, motores, aviónica e interiores, pero a demanda do mercado, así como as prestacións que o futuro 787 ía presentar, fixeron que Airbus redeseñase por completo o modelo e presentase un avión case completamente novo. Así, o modelo pasou a denominarse A350XWB (Extra Wide Body, en referencia á nova sección de fuselaxe, máis ampla que a utilizada nos A330 e A340). Deste xeito o novo modelo estaría en condicións de competir directamente en prestacións, consumo e custes operativos co 787, aínda cando está por ver se chegará a bater aos deste.

Modelos de avións[editar | editar a fonte]

Airbus A380

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Páxina de Airbus

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Airbus