Airbus A318
| Airbus A318 | |
|---|---|
| A318 de Air France | |
| Tipo | pasaxeiros |
| Fabricante | Airbus |
| Primeiro voo | 15 de xaneiro do 2002 |
| Introducido | outubro do 2003 |
| Estado | en servizo |
O Airbus A318 é un avión civil de pasaxeiros de Airbus, o consorcio europeo de fabricación de aeronaves. É o membro máis pequeno da familia do A320, polo que ás veces é chamado o Mini-Airbus. Durante o desenvolvimento foi coñecido como A319M3, o que indica que é un derivado do A319 pero con 3 seccións de fuselaxe menos. A aeronave é 6 metros máis curta e 14 toneladas máis lixeira que o seu predecesor. A súa menos lonxitude fai que precise dun estabilizador vertical 81 centímetros máis longo que os do resto dos modelos da fmilia A320.
O A318 pode levar 109 pasaxeiros nunha configuración de 2 clases. Creóuse para substituír aos vellos DC-9, o Fokker 100 e os primeiros modelos do Boeing 737, así como competir cos actuais 737-600 e 717.
O A318 está dispoñible en varias versións con diferentes pesos máximos en despegue (entre 59 e 68 toneladas) e alcances (2.750 km a 6.000 km), o que lle permite operar rutas rexionais económicamente sacrificando o alcance, ou complementar aos outros membros maiores da familia en rutas de medio alcance de escasa densidade. Aínda que debido ao seu menor peso pode realizar rutas que o A320 non pode, as compañías úsano principalmente para rutas curtas entre cidades de medio tamaño.
Durante o proceso de deseño do avión, Airbus tropezou con diversos problemas. O maior sen dúbida foi a disminución da demanda de novas aeronaves despois dos ataques do 11 de setembro de 2001. Outro foi o deseño dos motores turbofán de Pratt & Whitney PW6000, que debían propulsar á aeronave; queimaban máis combustible do previsto tendo que ser redeseñados, polo que tivo que usar un de CFMI (o CFM56-5) ao principio, ata que a versión de Pratt & Whitney fosa optimizada e estivese lista. Actualmente hai versións con ambolosdous motores.
Operadores [editar]
Operadores do A318 por número de aeronaves operativas (maio de 2010):
Air France: 18
LAN Airlines: 15
Airbus Executive and Private Aviation: 13
Frontier Airlines: 11
Avianca: 10
TAROM: 4
British Airways: 2
|
|||||||||||