Fly-by-wire

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Fly-By-Wire, ou Voo-Por-Cables, é un sistema de control de voo que consiste en controlar de maneira remota un proxectil, avión ou nave a través dun arame que transporta datos de control de voo. O sistema consiste nas superficies de control de voo, o sistema de manexo na cabina de control, o enlace físico e os mecanismos necesarios para controlar unha aeronave en voo. É necesario diferenciar entre os sistemas aeronáuticos dispoñibles para civís e o sistema do mesmo nome utilizado pola milicia para controlar mísiles de curto alcance. Este artigo refírese a esta última definición.

O sistema de voo por cable utilizado pola milicia consiste nun mísil, lanzado por medios convencionais, que queda unido á súa plataforma lanzadora a través dun par de arames, os cales lle permiten ao operador controlar as superficies de control, de xeito que é posible guiar o mísil cun grao de exactitude considerable cara ao seu obxectivo. O sistema é de curto alcance, cunha distancia de 500 a 1500 metros dende a súa base. Xeralmente o mísil conta cunha cámara que lle permite ao operador verificar a súa dirección de voo.

As vantaxes deste sistema son inmellorables, dado que, ao estar o sistema de control fóra do mísil, este non ten que ser intelixente, sendo máis económico; o inimigo non pode bloquear nin interceptar os sinais do operador; e a súa exactitude é comparable ao do operador que o manexe. Porén, o mísil debe de ser forzosamente de alcance curto, xa que dous arames deben despregarse xunto con el.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

  • MILAN (Missile d’infanterie léger antichar NATO)

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.