Airbus A350
| Airbus A350 | |
|---|---|
| Imaxe de como será o A350 | |
| Tipo | pasaxeiros |
| Fabricante | Airbus |
| Primeiro voo | previsto para o 2012 |
| Introducido | previsto para o 2013 |
| Estado | en desenvolvemento |
O Airbus A350 é unha versión revisada do A330-200, prevista para aumentar o alcance e para reducir os gastos de explotación. Airbus está a desenvolvelo como competidor ao Boeing 787. O seu custo de desenvolvemento estímase nuns 3.500 millóns de euros.
Cando Boeing anunciou o seu proxecto do 7E7 Dreamliner (agora coñecido como 787), os inferiores gastos de operación convertíano nunha seria ameaza para o A330 de Airbus.
O 16 de setembro do 2004 o entón presidente de Airbus Noel Forgeard confirmou que un novo proxecto estaba baixo consideración, pero non o nomeou, e non indicou se sería enteiramente novo ou unha modificación dun produto existente. Forgeard indicou que Airbus concluiría o proxecto antes do fin dese ano, comezaría a consultalo con liñas aéreas a principios de 2005, e lanzaría o programa de desenvolvemento a finais dese ano. O 10 de decembro as xuntas de accionistas de EADS e de BAE Systems, os accionistas de Airbus, aprobaron o lanzamento do proxecto, e formalmente o nomearon A350.
O lanzamento do proxecto A350 no está exento de controversia, xa que está no centro dun conflito comercial entre Estados Unidos e a Unión Europea sobre as axudas gobernamentais prestadas a ditas empresas. Estados Unidos afirma que os préstamos dados a Airbus baixo condicións favorables polos gobernos europeos violan as leis de comercio internacional, e por elo presentaron unha queixa ante a OMC. A Unión Europea respostou presentando a súa propia queixa polos subsidios recibidos por Boeing para o desenvolvemento do 787. O programa foi suspendido an abril do ano 2005 agardando á resolución do conflito e retomouse posteriormente.
Airbus recibiu o seu primeiro pedido para o A350 en decembro do 2004 por parte de Air Europa, que tiña previsto recibir o seu primeiro avión dun lote de 10 A350-800s no 2010. Porén, esta compañía cancelou o pedido catro anos máis tarde por atrasos, solicitando unha indemnización a Airbus por incumprimento de contrato.
|
|||||||||||