Xogos Olímpicos de 1904
Nome oficial | Spiller vun der III. Olympiad |
---|---|
Tipo | Xogos Olímpicos de Verán |
Número de participantes | 12 651 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Eventos olímpicos | 95 |
Localización |
St. Louis (Misuri) Estádio Francis Field (pt) (St. Louis) |
País | Estados Unidos de América |
Intervalo de tempo | 1 de xullo de 1904 – 23 de novembro de 1904 |
Número de edición | 3 (1904) |
Aberto oficialmente por | David R. Francis (pt) |
Competición | |
Resultado | Charles Jacobus New York Athletic Club |
Outro | |
Páxina web oficial | olympics.com… |
Os III Xogos Olímpicos realizáronse na cidade de St. Louis, no estado de Missouri, Estados Unidos. Da mesma maneira que os Xogos anteriores en París, estes foron novamente integrados a unha grande exposición e feira de negocios, desta vez a Louisiana Purchase Exhibition, sen ningunha relación co deporte. Tamén como en París, os Xogos alongáronse durante cinco meses, sendo inaugurados o 1 de xullo e tendo a súa clausura o 23 de novembro de 1904.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Indignado coa situación, que en todo repetía a desorganización e a lixeireza amosada nos Xogos de París catro anos antes, Pierre de Coubertin, mesmo recibindo unha carta do Presidente Theodore Roosevelt implorando a súa presenza, recusouse a comparecer a St. Louis para a cerimonia de apertura e permaneceu en Europa.
Por causa da grande distancia transoceánica, varios países de Europa non compareceron e os países participantes limitáronse a 12, con 16 modalidades deportivas disputadas, resultando máis dos tres cuartos dos 651 atletas presentes (645 homes e 6 mulleres) dos propios Estados Unidos, o que explica a gran cantidade de medallas conquistadas polo país anfitrión e a enorme diferenza no Cadro de Medallas para o segundo colocado.
Modalidades olímpicas disputadas
[editar | editar a fonte]Cadro de Medallas
[editar | editar a fonte]Cadro de Medallas | |||||
---|---|---|---|---|---|
Posición | País | Total | |||
1 | Estados Unidos | 78 | 82 | 79 | 239 |
2 | Alemaña | 4 | 4 | 5 | 13 |
3 | Cuba | 4 | 2 | 3 | 9 |
4 | Canadá | 4 | 1 | 1 | 6 |
5 | Hungría | 2 | 1 | 1 | 4 |
6 | Equipo mixto | 1 | 1 | 0 | 2 |
Reino Unido | 1 | 1 | 0 | 2 | |
8 | Grecia | 1 | 0 | 1 | 2 |
Suíza | 1 | 0 | 1 | 2 | |
10 | Austria | 0 | 0 | 1 | 1 |
Obs: Equipos mixtos, permitidas na época, formados por atletas norteamericanos e cubanos, conquistaron 1 medalla de ouro e 1 medalla de prata, en Atletismo e en Esgrima.