Wikipedia:A Taberna (novas)/Arquivo 20

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo da sección A Taberna (novas) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23

Poboación en fichas de concellos[editar a fonte]

Nun destes días pasados, non sei exactamente cando habería que consultalo en Wikidata, os datos de poboación de tódalas fichas dos concellos de Galicia foron actualizados automaticamente, polo que vin sen máis problema. Esta é unha pequena vantaxe de actualización automatica de información dende Wikidata, a mágoa é que no texto dos artigos isto non se actualiza e habería que facelo a man, e con coidado, tendo en conta a redacción de cada artigo (cada un é do seu pai e da súa nai...). Esta función só está engadida no modelo de concellos galegos, habería que engadila, como mínimo, no modelo de concellos de España xa que deses concellos sei que se actualizan os seus datos en Wikidata, doutros países non teño nin idea. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de xaneiro de 2018 ás 12:52 (UTC)[responder]

Votación Wikipedia:Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras[editar a fonte]

Boas a todos, en Wikipedia:Wikiconcurso Ilustra o Día das Letras xa rematou o prazo para presentar imaxes para ilustar o artigo de María Victoria Moreno, agora durante todo este mes está aberto o prazo de votación das propostas. Tal e como se indica nesa páxina, un usuario, un voto positivo á imaxe que prefiran. Animádevos e participade!, é unha boa forma de recoñecer o traballo dos compañeiros que se esforzaron nesta tarefa!! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xaneiro de 2018 ás 14:25 (UTC)[responder]

Hackaton 2018[editar a fonte]

Do 17 ao 20 de maio celébrase en Barcelona a Wikimedia Hackathon 2018. Está aberto o prazo de inscrición, e até o 30 de xaneiro poden solicitarse bolsas. POde ser moi interesante para a xente especializada en aspectos técnicos. Animádevos!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 10 de xaneiro de 2018 ás 21:18 (UTC)[responder]

Celtic Knot Conference 2018[editar a fonte]

O 5 e 6 de xullo celébrase en Gales a Celtic Knot Conference 2018. Está aberto o prazo de inscrición, e pódense presentar relatorios. Animádevos!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 10 de xaneiro de 2018 ás 21:20 (UTC)[responder]

Wikimania 2018[editar a fonte]

Abriuse o prazo para solicitar bolsas para asistir a Wikimania 2018, que se celebra do 18 ao 22 de xullo en Cidade do Cabo. Pódense pedir as bolsas aquí. Animádevos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 10 de xaneiro de 2018 ás 21:34 (UTC)[responder]

Intercultur 2018[editar a fonte]

Do 1 ao 28 de febreiro terá lugar a II edición do Intercultur, pra difundir o patrimonio cultural de España en dez das linguas faladas no territorio mediante a tradución de cinco artigos dunha lingua ás outras nove. É un concurso, con criterios de puntuación e premios. O ano pasado participaron @Chairego apc: e @Breogan2008:, e este ano animo a toda a comunidade a participar. Podedes ver a lista de artigos en meta:Intercultur_2018/Articles. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 1 de febreiro de 2018 ás 01:20 (UTC)[responder]

Eu este ano repetirei! --Chairego apc (conversa) 1 de febreiro de 2018 ás 15:40 (UTC)[responder]
Por certo, hai que ter coidado con este tipo de actividades (tanto nós coma os organizadores), tiven que marcar máis de cinco artigos por problemas de ortografía... :( Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 11:56 (UTC)[responder]

Obradoiro introdución á Wikipedia[editar a fonte]

A asociación Aberteo, a través do Usuario:Raivenra, contactou comigo para organizar unha charla de introdución á Wikipedia o sábado 24 de marzo en Oza (Teo), na Casa Común (mapa) de 10 a 14 horas. É aberta a quen queira asistir. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 26 de febreiro de 2018 ás 21:34 (UTC)[responder]

Xenial Estevoaei e Usuario:Raivenra!, se se animan a facer un mini-wikimaratón, podería facerse unha páxina para o evento e ligala como seguinte evento da Galipedia despois do Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller :). A temática podería ser calquera, escritores galegos, persoeiros do concello de Teo, patrimonio de Galicia, patrimonio do concello de Teo (segundo a lista de Castros_da_provincia_da_Coruña, en Teo hai oito castros...), ou o que prefiran, será por temas! Eu, se estou libre, intentarei achegarme pero polo momento non podo confirmar nada. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de febreiro de 2018 ás 09:50 (UTC)[responder]

Premio Xoán Manuel Pintos[editar a fonte]

Entrega do Premio Xoán Manuel Pintos no 2018.

A Galipedia vén de gañar o Premio Xoán Manuel Pintos de normalización lingüística, que concede o Concello de Pontevedra (artigo). Parabéns a toda a comunidade, especialmente á usuaria Vitoriaogando e o usuario Ogalego.gal, tamén premiados. --Estevo(aei)pa o que queiras... 1 de marzo de 2018 ás 14:55 (UTC)[responder]

Parabéns!!! --Chairego apc (conversa) 1 de marzo de 2018 ás 17:43 (UTC)[responder]
Felicidades a toda a comunidade e a todos os que teñen colaborado durante todos estes anos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 1 de marzo de 2018 ás 19:59 (UTC)[responder]
Anda! Mira que ben! Parabéns a todos! Deberíamos engadilo a Wikipedia:Actualidade para que o coñeza máis xente (e así nos damos un pouco de "autobombo"). --AMPERIO (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 11:37 (UTC)[responder]
AMPERIO xa está en Wikipedia:Novas da comunidade :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 11:47 (UTC)[responder]
A vale, aí tamén está ben :) --AMPERIO (conversa) 2 de marzo de 2018 ás 11:50 (UTC)[responder]
Parabéns a toda a comunidade! : ) --Iagocasabiell (conversa) 3 de marzo de 2018 ás 10:36 (UTC)[responder]
Parabéns! --Millars (conversa) 3 de marzo de 2018 ás 23:20 (UTC)[responder]
"a entrega de premios se realizará nun acto previsto para o vindeiro 15 de marzo no Pazo de Mugartegui de Pontevedra" (quinta feira). Quen vai asistir? Propoño que Adrián Estévez (só ou en compañía) sexa quen recolla o premio. Era bo, tamén, que alguén hábil cunha réflex se ocupara de facer a reportaxe gráfica. --. HombreDHojalata.conversa 5 de marzo de 2018 ás 09:02 (UTC)[responder]
Grazas, HdH! Eu teño previsto ir. Lameiro dixo que pode vir a sacar fotos. --Estevo(aei)pa o que queiras... 5 de marzo de 2018 ás 09:17 (UTC)[responder]
Paréceme xenial que sexa Estevoaei o que recolla o premio, eu asistirei dependendo da hora á que se realice o evento. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de marzo de 2018 ás 11:13 (UTC)[responder]
Parabéns!!! Rei Momo (conversa) 7 de marzo de 2018 ás 18:05 (UTC)[responder]
Si Soleil222, se publicaron noticias en varios diarios como por ejemplo:
Y puede que algún más, son los que he encontrado en una búsqueda rápida. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de marzo de 2018 ás 15:28 (UTC)[responder]

Por certo Estevoaei, que no acto de entrega dixeron que tamén nos daban o selo do premio e que podiamos utilizalo onde quixeramos. Non podería poñerse nalgún sitio da portada? Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de marzo de 2018 ás 15:31 (UTC)[responder]

Décimo quinto aniversario[editar a fonte]

Hoxe día 8 de marzo cúmprese o décimo quinto aniversario da Galipedia, e este ano temos máis razóns para celebralo debido ó recente premio Xoán Manuel Pintos ao compromiso coa lingua que foi outorgado ó noso proxecto.

Felicidades a tódolos colaboradores e seguidores da Galipedia, e animo a todo o mundo a participar nas actividades que, este sábado día 10, imos a realizar na cidade de Ourense para celebrar estes quince anos de traballo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 8 de marzo de 2018 ás 13:49 (UTC)[responder]

Obradoiro introdución a Commons[editar a fonte]

A asociación NFOCA8, a través do Usuario:Raivenra, contactou comigo para organizar unha charla de introdución a Wikimedia Commons o sábado 14 de abril en Betanzos, no Local Social (rúa Saavedra Meneses 50) de 10 a 14 horas. É aberta a quen queira asistir. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 9 de marzo de 2018 ás 09:31 (UTC)[responder]

Haberá que explicar ben o tema das licenzas, se estou libre, eu apúntome. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 9 de marzo de 2018 ás 10:15 (UTC)[responder]

Novos termos matemáticos na DRAG[editar a fonte]

O Dicionario actualiza e incorpora 168 termos matemáticos coa colaboración de especialistas de distintos eidos, nova de interese, sobre todo para quen editan seguido nos artigos de ciencias. --Atobar (conversa comigo) 12 de marzo de 2018 ás 16:03 (UTC)[responder]

Son eu ou petou o dicionario da RAG?[editar a fonte]

Boas, non consigo atopar ningunha palabra no dicionario en liña da RAG, semella que non vai,algunha suxestión/alternativa?Grazas--Maria zaos (conversa) 19 de marzo de 2018 ás 19:24 (UTC)[responder]

Non anada moi fino, non. Próballe no Portal das Palabras: https://portaldaspalabras.gal/dicionario/ --. HombreDHojalata.conversa 19 de marzo de 2018 ás 19:30 (UTC)[responder]
Grazas, HombreDHojalata agora mesmiño ía, pero anda caíndo seguido.--Maria zaos (conversa) 19 de marzo de 2018 ás 19:56 (UTC)[responder]

Wikipedia:Galicia 15 - 15 Challenge[editar a fonte]

O compañeiro Breogan2008 vén de crear na Wikipedia en inglés o reto Wikipedia:Galicia 15 - 15 Challenge. Animádevos a participar! Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 21 de marzo de 2018 ás 08:03 (UTC)[responder]

Desafío dos Doce Apóstolos de Irlanda[editar a fonte]

O Desafío dos Doce Apóstolos de Irlanda é unha competición de edicións buscando crear e mellorar artigos sobre os Doce Apóstolos de Irlanda. Calquera en calquera idioma pode inscreverse e colaborar contribuíndo ou traducindo artigos relacionados ós Doce Apóstolos. Medallas virtuáis e íconas reáis serán premiadas ós vencedores. Para participar, a penas se subscriba aquí e comece a colaborar. Dia Duit! Leefeni de Karik (conversa) 26 de marzo de 2018 ás 23:56 (UTC)[responder]


Welcome to Wales! The Celtic Knot Conference...[editar a fonte]

I apologise that this invitation is in English; feel free to translate into your own language!

I would like to invite you to the second Wikipedia language conference focusing on supporting Celtic and other small and Indigenous Languages. This year 'Celtic Knot' will be at held on the 5th and 6th of July at the National Library of Wales in Wales' most famous seaside resort of Aberystwyth.

For more information on how you could be part of this great event, pop over to our website where you can also contact Jason Evans, our National Wikimedian and conference organiser. We have many speakers who will talk about what works for them, how we can learn from each other... small is beautiful...

Viva la diversity! Llywelyn2000 (conversa) 4 de abril de 2018 ás 13:18 (UTC)[responder]

GLAMWiki Conference 2018[editar a fonte]

Do 3 ao 5 de novembro de 2018 celébrase en Tel Aviv a GLAMWiki Conference 2018. Está aberto o prazo de inscrición; até o 30 de abril poden enviarse comunicacións, e até o 15 de maio poden pedirse bolsas. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 10 de abril de 2018 ás 11:45 (UTC)[responder]

Jimmy Wales Fundador de Wikipedia e Wikitribune[editar a fonte]

Jimmy Wales Fundador de Wikipedia e Wikitribune estará o 27 de abril ás 12:30h en MNM. Ven sendo unha entrevista á que se someten os convidados onde os usuarios rexistrados poden facer preguntas -> https://www.meneame.net/m/Preg%C3%BAntame --77.229.63.80 23 de abril de 2018 ás 20:01 (UTC)[responder]

Ah, non me decatara, grazas polo aviso. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de abril de 2018 ás 22:49 (UTC)[responder]

Votación para engadir o logo do premio XMP na portada[editar a fonte]

Boas, acabo de abrir a votación para cambiar a portada e engadir nela o logo do premio XMP, tal e como se comentou en Wikipedia:A_Taberna_(propostas)#Proposta_para_engadir_o_logotipo_do_premio_Xoán_Manuel_Pintos_na_portada. Podedes participar nela ata o 2 de xuño. Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de maio de 2018 ás 08:42 (UTC)[responder]

AdvancedSearch[editar a fonte]

Birgit Müller (WMDE) 7 de maio de 2018 ás 14:53 (UTC)[responder]

Marca de páxinas vistas na Galipedia[editar a fonte]

Se os datos son certos e non é se trata dun erro nestes días estanse a superar todos as marcas de visitas á Galipedia. Superar as 70.000 visitas/día é un bo dato e as 100.000 un dato extraordinario pero o día 14 case chegamos ás 300.000 e o 15 foron máis de 470.000. Todos os anos arredor do Día das Letras aumentan as visitas pero nunca tanto como o deste ano. Penso que un bo sinal para a Galipedia, o traballo que se fai chega á xente e iso produce satisfacción.--HacheDous=0 (conversa) 16 de maio de 2018 ás 15:13 (UTC)[responder]

A verdade é que resulta sorprendente ao ver o gráfico.
Siteviews Analysis gl.wikipedia.org

--AMPERIO (conversa) 16 de maio de 2018 ás 15:39 (UTC)[responder]

Xeniais datos, sigamos traballando así e mellor. Saúdos, Elisardojm (conversa) 16 de maio de 2018 ás 17:37 (UTC)[responder]

New Wikipedia Library Accounts Available Now (May 2018)[editar a fonte]


Hello Wikimedians!

The TWL OWL says sign up today!

The Wikipedia Library is announcing signups today for free, full-access, accounts to research and tools as part of our Publisher Donation Program. You can sign up for new accounts and research materials on the Library Card platform:

  • Rock's Backpages – Music articles and interviews from the 1950s onwards - 50 accounts
  • Invaluable – Database of more than 50 million auctions and over 500,000 artists - 15 accounts
  • Termsoup – Translation tool

Expansions

Many other partnerships with accounts available are listed on our partners page, including Baylor University Press, Loeb Classical Library, Cairn, Gale and Bloomsbury.

Do better research and help expand the use of high quality references across Wikipedia projects: sign up today!
--The Wikipedia Library Team 30 de maio de 2018 ás 18:03 (UTC)

You can host and coordinate signups for a Wikipedia Library branch in your own language. Please contact Ocaasi (WMF).
This message was delivered via the Global Mass Message tool to The Wikipedia Library Global Delivery List.

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que a Wikipedia non permite os topónimos galegos na súa forma legal e oficial[editar a fonte]

A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que a Wikipedia non permite os topónimos galegos na súa forma legal e oficial https://www.amesa.gal/noticias/noticias-da-mesa/a-mesa-pola-normalizacion-linguistica-denuncia-que-a-wikipedia-non-permite-os-toponimos-galegos-na-sua-forma-legal-e-oficial --47.62.253.43 15 de xuño de 2018 ás 20:00 (UTC)[responder]

  • Ola, ip. Grazas pola ligazón. Copio 3 comentarios vertidos por varios usuarios, entre eles eu, no perfil de Facebook da Mesa, pois entendo que esa forma de titular e de ofrecer a información é bastante perniciosa:
Usuario1: Coidado, que estades falando da Wikipedia en castelán. Cada versión lingüística da Wikipedia, cos seus artigos e as súas normas internas, é levada por unha comunidade diferente de usuari@s, entre @s que se escollen persoas con diferentes postos hierárquicos, en función do seu compromiso co proxecto. O que quero dicir é que isto non é un asunto que competa á Wikipedia como proxecto global, senón que é responsabilidade da comunidade concreta de usuari@s (esencialmente voluntari@s) que agora mesmo votan e toman as decisións na Wikipedia en castelán. Loxicamente, o que fan el@s cos topónimos non ten nada que ver co que facemos na Wikipedia en galego, por poñer un caso próximo.
Usuario2: O problema (tamén) é que a Wikipedia en castelán sexa a referencia absolutamente maioritaria para as persoas da comunidade lingüística galega. Eu estou convencido mesmo de que muitas persoas galegofalantes (conscientes) descoñecen a existencia da Galipedia -como doutras ferramentas que están en galego grazas ao esforzo colaborativo altruísta de muita xente. Úrxenos, como sociedade (e como comunidade lingüística) dármoslle á Galipedia muita máis visibilidade da que ten. E úrxenos tamén, muitas veces, un maior compromiso persoal á hora de apoiar os "produtos" que están en galego. O mesmo que falamos da Wiki podémolo dicir doutras cousas.
Usuario3 (eu mesmo): Explicouno perfectamente Usuario1. Esta noticia ten un titular moi discutible. As políticas vixentes na Wikipedia en castelán relativas á toponimia son as denunciables, e só a esas se refire o artigo. O criterio que fixa a toponimia na Wikipedia en galego é ben outro: "séguese a toponimia oficial segundo a documentación que existe na páxina da Xunta de Galicia: Toponimia oficial e Nomenclátor de Galicia". Fraco favor lle fai por tanto o titular, e por extensión a nova e mais A Mesa pola Normalización Lingüística, á lingua galega, na medida na que se obriga a que os lectores reinterpretemos "Wikipedia" como "Wikipedia en español". Este erro vai, sen pretendelo, na liña de "español, lingua oficial; galego, catalán ou vasco, linguas cooficiais". Valla esta explicación para futuras melloras na redacción. En canto ao que comenta Usuario2, aínda que sen dúbida tes parte de razón, non é tan así. Se hoxe, xuño de 2018, un galego consciente descoñece a existencia da Wikipedia en galego, tan consciente non é. Por exemplo, os números de visitas a gl.wiki neste último ano son obxectivamente bos: [1]. --Atobar (conversa comigo) 15 de xuño de 2018 ás 20:36 (UTC)[responder]

Por máis que discorde co uso dos topónimos en castelán que se fai na Wikipedia en lingua castelá, creo que este é un debate sen ningún sentido, explícome: a Wikipedia en castelán emprega referencias que avalan o topónimo La Coruña (por poñer un exemplo), e son referencias válidas, sobre a oficialidade do topónimo, o oficial é Guadalajara e nós poñemos Guadalaxara apoiándonos en documentos igualmente válidos que os que eles empregan. En definitiva, non podemos esixir aos demais facer o que nós non facemos, e por iso este debate non ten o máis mínimo sentido, se a Mesa quere que se eliminen os topónimos en castelán da xeografía galega que solicite a institucións como a RAE (que é autoridade competente na lingua castelá e que xustifica o topónimo La Coruña, por exemplo) que elimine ditos topónimos, mentres non o faga, haberá referencias válidas para eses topónimos e polo tanto o uso que fan deles na Wikipedia en castelán é correcto por moito que nos moleste. Piquito (conversa) 15 de xuño de 2018 ás 21:10 (UTC)[responder]

Non é por ahí. A toponimia da wikipedia en español é empregada noutros sitios, por exemplo google maps. Emprégana porque é gratis total, que esa ven sendo outra. A wikipedia en español ten unhas normas toponímicas que nin eles mesmos cumpren. O seu obxectivo é empregar os topónimos alternativos, os buscan así. Tanto ten que non teñan uso algún (o cal os fai 100% inútiles) como se basean un uso existente dende vai tempo e polo tanto xa lles vale de xustificación... o uso. Vale os que non teñen uso como os que o teñen? Por outra banda piden ligazóns válidas. E iso son libros descatalogados e diccionarios que ninguén consulta. O problema chega a situacións ridículas nas que se recurre a calquera panfleto como referencia válida. Hai casos tan absurdos como o concello da illa de arousa que sempre se chamou así, dende a súa constitución. Non existe, nunca existiu outro nome "castelán", pero tanto lles ten. Tampoco ten senso dicir que esto nada ten que ver ca wikipedia. A fundación wikipedia coordina os proxectos en cada país e pode meter man nesta desfeita. Xa o teñen feito noutros casos. Tampouco ten senso comparar o uso que aquí se fai do topónimo Guadalaxara con enxendros como Sangenjo. Ninguén discute que o topónimo oficial é Guadalajara. Certo que na wikipedia en español nos últimos tempos poñen o topónimo oficial, xunto cas súas teimas alternativas. E o fan porque a presión por todas partes é inasumible. --47.62.253.43 16 de xuño de 2018 ás 00:01 (UTC)[responder]

IP, o que non ten senso é criticar nos demáis o que un mesmo fai. Na Wikipedia en castelán non discuten a oficialidade da toponimia galega, simplemente fan o mesmo que facemos nós, chamarlle a cada lugar polo nome que ten na súa lingua. O caso de Guadalaxara é exactamente igual que o de Sangenjo ou tantos outros, nós chamamos Guadalaxara apoiándonos nunhas fontes, e eles chaman Sanjengo apoiándose nunhas fontes igualmente válidas para a lingua castelá. Para min este debate é absurdo, non me preocupa o que fagan na Wikipedia en castelán, deberiamos preocuparnos máis por dar a coñecer a Galipedia que por se poñen Sangenjo, Puenteareas... Pero como vexo que a ti te gustan estas cousas, por que non criticas que os cataláns poñan La Corunya? E que os franceses poñan La Corogne? Todos se saltan a legalidade!! Piquito (conversa) 16 de xuño de 2018 ás 00:24 (UTC)[responder]

Volve ser que non. Ou non sigues a wikipedia en español ou non che interesa saber o que fan. No único sitio onde pon Sangenjo é na wikipedia en español. Non ten sentido dicir que hai que promocionar a wikipedia en galego porque pon Sanxenxo. Sanxenxo xa o pon en tódalas wikipedias excepto na española. Por outra banda comparar Guadalaxara con Sangenjo non ten pes nin cabeza. Guadalaxara é Guadalajara, significa o mesmo. Pero Sangenjo non é a tradución de Sanxenxo, como ben sabes. Google pon Guadalaxara para usuarios galegos e Sangenjo para tódolos demáis (cousa que NON fai wikipedia en tódolos idiomas). Xa ves unha diferenza importante. Tamén che lembro que vai pouco a wikipedia en español non poñía os topónimos oficias, en galipedia si se pon e se recoñece así. Ponse ese topónimo oficial e outros se os hai. O problema ven sendo unha teima de catro burócratas que tentan impoñer usos que non existen. E para xustificar eso inventan referencias que non existen ou non teñen o máis mínimo valor documental. Aquí ponse Guadalaxara porque parece ser que o di a RAG. Non buscamos topónimos en libros descatalogados ou en blogs que nada teñen que ver ca toponimia. E non sería difícil atopar madrid escrito doutro xeito, pero non se fai. Todo esto vense discutindo vai moitos anos, e fomos moitos os usuarios que quedamos sen conta en wikipedia en español por argumentar que os topónimos non son tal. Eu quedei sen conta cando un usuario xustificaba Puentedeume porque segundo el o poñía en sinais alí vai anos, eu pregunteille se vira algún cartel onde puxera el ferrol del caudillo. O problema da norma toponímica en wikipedia en español (que non é tal) é que buscan eses exónimos activamente e vale calquera fonte para xustificar esos topónimos sen uso --47.62.253.43 16 de xuño de 2018 ás 12:53 (UTC)[responder]
Valoro demasiado o meu tempo para discutir contigo. Se tes queixas con Google escríbelles. E non, non teño o máis mínimo interese no que fan na Wikipedia en castelán, pero o que teño claro é que se a RAE di que en castelán é Sangenjo, Puentedeume, La Coruña... o topónimo que deben empregar é ese (e hai referencias da RAE). Queixate á RAE e pídelles que descarten eses topónimos como válidos en lingua castelá, pero este non é o lugar para estes debates e esas loitas, aquí non se decide o que fan na Wikipedia en castelán, se queres mudar ou facer que se cumplan as súas políticas fálao alí, este non é o lugar. Piquito (conversa) 16 de xuño de 2018 ás 13:38 (UTC)[responder]
exactamente o que ti acabas de facer é o que pasa na wikipedia en español. Cando lles demostras que non teñen razón no que din ou non teñen referencias péchanse en banda, bótanse ao monte e xa como último recurso (vai non moitos anos era o primeiro) bloquean contas de usuarios. O problema non é que a RAE diga Sangenjo. Casos nos que se implique a RAE con catro contados. Os demáis non están baixo o paraugas da RAE. Podes, se queres, ver as páxinas de https://es.wikipedia.org/wiki/Estaci%C3%B3n_de_Betanzos-Infiesta (sic) ou https://es.wikipedia.org/wiki/Estaci%C3%B3n_de_Pinoy (sic) e xa te pasas ti pola RAE a explicarlles que eso nunca se chamou así. E non te preocupes polo tempo que perdas nestes asuntos. Eu teño todo o tempo para falar destas cousas. Polo sinxelo motivo de que todo o tempo que adicaría a editar en wikipedia en español o adico a estas cousas. E non debo ser o único vendo como teñen as páxinas cheas de erros e ligazóns mortas. --47.62.253.43 16 de xuño de 2018 ás 18:44 (UTC)[responder]

A Wikipedia en portugués superou o millón de artigos[editar a fonte]

O pasado 26 de xuño a Wikipedia en portugués superou o millón de artigos, parabéns para os seus colaboradores. A nós só nos quedan uns 850.000 ;) Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de xuño de 2018 ás 09:18 (UTC)[responder]

A wikipedia italiana parada como medida contra a votación do artigo 13 da nova lei europea de copyright[editar a fonte]

https://it.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:Comunicato_3_luglio_2018 Como vedes, ademáis de publicar o banner para contactar cos MEPs que a min xa me ten saído na en.wiki, o logo está en negro e entra directamente co comunicado, que xa está traducido ao inglés, catalán, francés, alemán, grego e español. Vaise facer algo na Galipedia? ou cando menos traducir o comunicado? Un saúdo-Maria zaos (conversa) 3 de xullo de 2018 ás 22:06 (UTC)[responder]

A favor[editar a fonte]

  1. Concordo en poñer o logo negro e poñer e traducir o comunicado. É unha mágoa que a Fundación non coordine estas cousas. Aquí abaixo está a tradución. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 01:00 (UTC)[responder]
  2. Concordo --Maria zaos (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 07:23 (UTC)[responder]
  3. Concordo Apoio calquera iniciativa que se presente. É moi grave o que se pretende facer. Castelao (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 08:04 (UTC)[responder]
  4. Concordo --Lles (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 08:19 (UTC)[responder]
  5. Concordo --Xas (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 08:28 (UTC)[responder]
  6. Concordo Wikinña (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 08:50 (UTC)[responder]
  7. Concordo Concordo, incluindo bloquear a súa edición. Se fixera falta, incluso diría de restrinxir o acceso (fóra dos artigos de portada). Mgl.branco (conversa)
  8. Concordo. Adiante co bloqueo da wiki.--Breogan2008 (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 09:13 (UTC)[responder]
  9. Concordo --. HombreDHojalata.conversa 4 de xullo de 2018 ás 09:23 (UTC)[responder]
  10. Concordo--Brathxa (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 09:38 (UTC)[responder]
  11. ConcordoGallaecioE logo? 4 de xullo de 2018 ás 09:47 (UTC)[responder]
  12. Concordo --Chairego apc (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 09:50 (UTC)[responder]
  13. Concordo --Xosé Antonio (fálame sempre) 4 de xullo de 2018 ás 09:57 (UTC)[responder]
  14. Concordo --Atobar (conversa comigo) 4 de xullo de 2018 ás 10:55 (UTC)[responder]
  15. Concordo --Estevo(aei)pa o que queiras... 4 de xullo de 2018 ás 10:59 (UTC)[responder]
  16. Concordo--HacheDous=0 (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 14:08 (UTC)[responder]
  17. Concordo--MAGHOI (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 14:27 (UTC)[responder]
  18. Concordo Entendo a quen di que non ten sentido bloquear para defender a WP, pero penso que o efecto de chamar a atención da cidadanía (neste caso, das lectoras da galipedia) merece a acción. --Lauramcastro (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 14:59 (UTC)[responder]
  19. Concordo --Beninho (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 20:24 (UTC)[responder]

En contra[editar a fonte]

  1. Discordo. Sinceiramente, creo que ás persoas que van votar iso non lles vai afectar que peche a Wiki, por outra banda non vexo ben asinar o comunicado como "a comunidade galega", na miña opinión debería ser "a comunidade da Wikipedia en galego", aquí edita xente que non é galega. Tampouco vexo axeitado solicitar xa o bloqueo, porque non hai nin prazo de votación nin houbo un consenso previo. Piquito (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 12:34 (UTC)[responder]
  2. Discordo non ten senso protestar pechando contra medidas que poideran limitar a WP, a UE non é China, Turquía ou Rusia. Só poñer un aviso informativo. Nemigo 4 de xullo de 2018 ás 10:21 (UTC)[responder]
  3. Discordo. Pódese protestar cunha mensaxe en portada, pero bloquear non me parece unha medida axeitada.--Miguelferig (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 10:45 (UTC)[responder]

Neutro[editar a fonte]

  1. Neutro Non tiven tempo a examinar a cuestión, así que respaldo a decisión que adopte a comunidade --Xabier Cid Talk 2 me, please 4 de xullo de 2018 ás 11:03 (UTC)[responder]

Comentarios[editar a fonte]

Comentario Sé é técnicamente factible, eu estaría a favor de bloquear a Galipedia 24 h (a votación é mañá) a maiores.--Maria zaos (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 07:23 (UTC)[responder]
Comentario Pasei o contido do comunicado a Wikipedia:Comunicado 4 xullo 2018. Se as outras wikis poden facelo técnicamente nós tamén, só temos que estar de acordo, preguntarei en es.wiki como fixeron por se nós acordamos levar isto adiante. Como a votación é mañá, eu diría de bloquear as páxinas 24 o antes posible. Despois poderíamos mandar un correo ós medios de comunicación para informar da situación e dar máis publicidade á situación. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 07:38 (UTC)[responder]
Comentario Polo momento xa están bloqueadas as wikis en francés, italiano, letón e estoniano. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 08:35 (UTC)[responder]
Comentario O bloqueo canto antes mellor. Terá máis impacto se o facemos hoxe. --Chairego apc (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 10:14 (UTC)[responder]
Comentario Chairego apc, acabo de solicitarllo a un empregado da Fundación aquí, parece que foi el o que o fixo en es.wiki. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 10:18 (UTC)[responder]
Comentario O comunicado de es.wiki é portada en Menéame. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 11:45 (UTC)[responder]
Comentario Piquito cambiei a sinatura do comunicado. Solicitei o bloqueo porque isto é urxente e sei que vai tardar en tramitarse, o cal dará tempo á xente a votar. Cando a persoa da Fundación consulte esta conversa, aínda non tiven novas del, supoño que revisará se hai consenso ou non, ou solicitará máis participación, non sei. Pode que nada afecte ós que van a votar, pero se consideramos que é un prexuízo para as Wikipedias, está ben que protestemos dalgún xeito. Se isto sae adiante, o seuinte que farei será enviar o comuninado a tódolos xornais, seguro que nalgún sacan a nova. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 12:50 (UTC)[responder]
Comentario Parece ser que se se quere acceder e modificar os artigos en es.wiki, pode facerse se se desactiva o javascript no navegador. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 15:09 (UTC)[responder]
Comentario En pouco tempo quedará bloqueada a Galipedia por 24 horas. Lembrade que se precisades acceder podedes facelo desactivando o javascript do voso navegador. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 17:07 (UTC)[responder]
Comentario a votación foi ás 12:00 e o bloqueo continuou ata as 17:30 horas. Non sei como ian ver o aviso de como acceder á galipedia ca mensaxe. --193.144.61.240 5 de xullo de 2018 ás 15:32 (UTC)[responder]
Comentario estiven desconectado, pero apoio a medida tomada.Agremon(contacto) 6 de xullo de 2018 ás 18:03 (UTC)[responder]

Estimada lectora, estimado lector,

O 5 de xullo de 2018, o Pleno do Parlamento Europeo votará se se debe proceder cunha proposta de directiva sobre os dereitos de autor que, se fose aprobada, danaría significativamente a Internet aberta que coñecemos.

En lugar de actualizar as leis de dereitos de autor en Europa e promover a participación de tódolos cidadáns na sociedade da información, a directiva ameaza a liberdade en liña e crea obstáculos para acceder á Web, impoñendo novas barreiras, filtros e restricións. Se a proposta se aproba no seu formato actual, podería ser imposible compartir un artigo de noticias nas redes sociais ou atopalo a través dun motor de procura; a mesma Wikipedia estaría en risco.

Xa se opuxeron firmemente a esta proposta máis de 70 personalidades da informática, entre eles o creador da Web Tim Berners-Lee (aquí [[2]), 169 académicas e académicos (ver [3]), 145 organizacións que traballan no campo dos dereitos humanos, liberdade de prensa, investigación científica e industria tecnolóxica (ver [4]), e a Fundación Wikimedia, a organización sen ánimo de lucro que promove, entre outros proxectos, esta enciclopedia libre (ver [5]).

Por estas razóns, a comunidade de Wikipedia en galego decidiu escurecer todas as páxinas da enciclopedia. Queremos seguir ofrecendo unha enciclopedia aberta, colaborativa e gratuíta con contido verificable. Chamamos a todos os membros do Parlamento Europeo a votar en contra do texto actual, reabrir a discusión e reconsiderar as numerosas propostas da asociación Wikimedia, comezando coa eliminación dos artigos 11 e 13, así como a extensión da liberdade de panorama a toda a UE e a protección do dominio público.

https://meta.wikimedia.org/wiki/SaveYourInternet

A comunidade galega de Wikipedia

Repercusión nos medios[editar a fonte]


Voto dos partidos españois:

A Galipedia gaña o premio de promoción da lingua da Deputación da Coruña[editar a fonte]

Acabo de atopar esta nova que di que a Galipedia, xunto co grupo musical Pirilampo, gañou este ano o premio de promoción da lingua da Deputación da Coruña. Parabéns a todos! Saúdos, Elisardojm (conversa) 4 de xullo de 2018 ás 21:49 (UTC)[responder]

Pódese ver tamén na páxina da propia deputación. A Galipedia e Pirilampo gañan o Premio Rosalía de Castro de promoción da lingua da Deputación da Coruña. Parabéns á comunidade! --Chairego apc (conversa) 5 de xullo de 2018 ás 08:01 (UTC)[responder]
Ten icona o premio? Poderiamos repetir xogada como ca Deputación de Pontevedra. --193.144.61.240 5 de xullo de 2018 ás 15:34 (UTC)[responder]

Global preferences are available[editar a fonte]

10 de xullo de 2018 ás 19:19 (UTC)

Wikipedia:Wikiproxecto 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos[editar a fonte]

Boas a todos, comecei o Wikipedia:Wikiproxecto 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos, que é unha adaptación do homónimo da wiki en éuscaro, e que pretende mellorar a calidade dunha lista duns 1000 artigos que son moi consultados por rapaces de 12 a 16 anos. Eles teñen un proxecto apoiado pola Consellaría de Educación e traballan cos institutos e universidades para que colaboren na mellora destes artigos.

Nós non temos ese apoio pero, na medida das nosas posibilidades, podemos contactar pola nosa parte con eses centros educativos e tratar de animalos e formalos na edición wiki para que colaboren neste proxecto que pode ser do seu interese. Aínda non están creados tódolos apartados, e falta revisar a calidade dos artigos na nosa wiki e tamén fará falta adaptar algúns artigos ó currículo galego, os que queiran traballar nel que vaian comentando as dúbidas na páxina de conversa do proxecto. Saúdos, Elisardojm (conversa) 15 de xullo de 2018 ás 17:17 (UTC)[responder]

Wikidata:Lexicographical data[editar a fonte]

Este ano entrou en marcha o proxecto para incluír na base de datos lexemas e formas léxicas. Aquí hai unha descrición do proxecto, e aquí explícase a relación do proxecto co Wiktionary. Como podedes ver, aínda non hai tradución destas dúas páxinas ao galego. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 20 de xullo de 2018 ás 12:43 (UTC)[responder]

Feito! Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de xullo de 2018 ás 00:44 (UTC)[responder]

New user group for editing sitewide CSS/JS[editar a fonte]

Creouse un novo grupo de administradores, "Administradores de interface". As traducións no TranslateWiki xa están feitas, deberían aplicar nun par de días. Ata onde puiden entender, este grupo vai ser o único que poida modificar o CSS/JSON/JScript global, e as páxinas de interface (o que ven sendo o espazo de nomes MediaWiki). Cómpre definir que proceso se quere seguir á hora de outorgar ou non este permiso ós novos administradores que se escollan nun futuro, ademais de determinar cales dos amins e burócratas actuais deberían ter este permiso adicional. Para o primeiro habería que modificar a política actual e probablemente sometelo a votación. Para o segundo habería que consultar a tódolos admins activos e definir, ben por consenso ben por votación, a quen incluír no novo grupo segundo o interese e capacidades de cada un. Banjo tell me 30 de xullo de 2018 ás 17:40 (UTC)[responder]
Eu penso que tódolos administradores poden ter ese permiso, cando algún o precise ou faga falta cambiar algo, sempre será mellor que haxa xente que poida facelo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 31 de xullo de 2018 ás 01:20 (UTC)[responder]
Non estou de acordo. Non todos os administradores saben ou queren editar CSS ou JavaScript (inclúome eu mesmo), porque se require o coñecemento desas linguaxes. Tal e como se di na páxina de información: "People who already edit sitewide JavaScript and CSS code (or want to start doing it) should not be prevented, but admins who don't care about it should not have the right, so that an attacker stealing their account can do no harm". --Chairego apc (conversa) 31 de xullo de 2018 ás 09:42 (UTC)[responder]
Como ben puntualiza Chairego, non tódolos administradores poden ter os coñecementos ou interese para traballar neste tipo de cuestións técnicas. Precisamente o motivo da creación deste grupo específico é o de ter dous roles separados, un máis enfocado á propia edición e mantemento dos artigos e outro máis técnico enfocado a cuestións máis particulares e de fondo, por mor das implicacións de coñecementos ténicos e riscos de seguridade que implica este último rol. Ademais, nun futuro pode que usuarios non administradores se interesen só por este rol técnico e non polo outro, outro dos motivos de separar estes roles. Considero que por unha banda é necesario definir un proceso, paralelo ou complementario ó actual, para a elección de futuros administradores de interface, e por outra clarificar dentro do conxunto de administradores actuais a quen se lle debe outorgar este novo rol, en base os intereses e capacidades demostradas por cada un, sexa por consenso ou por votación máis formal. Banjo tell me 31 de xullo de 2018 ás 12:13 (UTC)[responder]

──────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────── En vistas da pouca participación actual no tema, e como considero que é unha cuestión de relevancia para o funcionamento da wiki, estou a desenvolver unha proposta para definir formalmente e someter a votación o proceso de selección dos administradores de interface. Aproveito a mesma para propoñer dúas modificacións á política actual de administradores "normais". Ó longo do día agardo tela máis ou menos ben definida, polo momento está verde. A miña intención e sometela a votación o próximo venres 10. Calquera comentario sobre a cuestión dos administradores da interface ou sobre as outras dúas propostas podemos seguir debaténdoa na conversa da propia proposta. No momento que comece a votación enviarei un aviso á lista de usuarios activos. Se o considerades necesario podemos enviar un preaviso antes, tanto a esta lista como á de administradores. Banjo tell me 2 de agosto de 2018 ás 17:54 (UTC)[responder]

Posta en marcha de InternetArchiveBot[editar a fonte]

Ola a todos. Hoxe entrou en funcionamento o bot InternetArchiveBot, que se encarga de recuperar e marcar ligazóns mortas nos arquivos. Tras as primeiras edicións de probas e un par de arranxos por parte do seu operador o bot xa está operativo con normalidade. Nos próximos días revisarei o TemplateData dos marcadores de citas, usados por este bot, para asegurar que todos eles teñan ben indicados as posibles variantes nos nomes dos parámetros e evitar potenciais problemas de Wikipedia:Páxinas con referencias con parámetros redundantes. A actividade inicial do bot será probablemente considerable, baixando a súa frecuencia de edicións co tempo. Se detectades calquera outro problema que poida xurdir polo funcionamento deste bot avísademe na miña conversa e vémolo xunto co seu operador. Grazas! Banjo tell me 21 de agosto de 2018 ás 19:27 (UTC)[responder]

Boa noticia. Grazas. --. HombreDHojalata.conversa 21 de agosto de 2018 ás 20:04 (UTC)[responder]
Xenial. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 27 de agosto de 2018 ás 21:15 (UTC)[responder]

Editing of sitewide CSS/JS is only possible for interface administrators from now[editar a fonte]

(Por favor, axude a traducir á súa lingua)

Hi all,

as announced previously, permission handling for CSS/JS pages has changed: only members of the interface-admin (Administradores da interface) group, and a few highly privileged global groups such as stewards, can edit CSS/JS pages that they do not own (that is, any page ending with .css or .js that is either in the MediaWiki: namespace or is another user's user subpage). This is done to improve the security of readers and editors of Wikimedia projects. More information is available at Creation of separate user group for editing sitewide CSS/JS. If you encounter any unexpected problems, please contact me or file a bug.

Thanks!
Tgr (talk) 27 de agosto de 2018 ás 12:39 (UTC) (via global message delivery)[responder]

Resumo: A partir de hoxe aplica a separación de permisos no novo grupo de Administradores da interface para a edición de páxinas CSS/JS no espazo de nome Mediawiki e nas subpáxinas de outros usuarios. Finalmente este permiso non aplica ás mensaxes de sistema no espazo de nomes MediaWiki, que siguen podendo editar o grupo de Administradores con normalidade. Banjo tell me 27 de agosto de 2018 ás 18:40 (UTC)[responder]

Reto de Armenia[editar a fonte]

Ola. Entre o 1 e o 20 de setembro de 2018 terá lugar o Reto de Armenia, un concurso de edición en Wikipedia organizado por Wikimedia Armenia e Wikimedia España. O obxectivo da iniciativa é contribuír ao aumento e difusión de contidos relacionados con calquera aspecto de ambos países. O concurso consiste en crear, traducir ou mellorar artigos de Wikipedia en calquera idioma; quen estea en Armenia ha de editar sobre España, e quen estea en España ha de editar sobre Armenia. O reglamento así como o resto de información sobre o concurso pode consultarse na páxina da iniciativa. Un cordial saúdo. --Millars (conversa) 31 de agosto de 2018 ás 18:25 (UTC)[responder]

Read-only mode for up to an hour on 12 September and 10 October[editar a fonte]

A edición na Wikipedia estará deshabilitada o 12 de setembro e o 10 de outubo durante aproximadamente unha hora á partir das 16:00 CEST. Banjo tell me 6 de setembro de 2018 ás 17:26 (UTC)

6 de setembro de 2018 ás 13:33 (UTC)

"Wikipedia y sus enemigos"[editar a fonte]

Hoyos, Andrés (5/9/2018). "Wikipedia y sus enemigos". El Espectador (en castelán) (Bogotá).  --. HombreDHojalata.conversa 7 de setembro de 2018 ás 20:06 (UTC)[responder]

Wikipédia:Encontros/WikiNorte/7 en Braga[editar a fonte]

Na Wikipedia en portugués van facer un wikiencontro o 5 de outubro en Braga, máis información aquí. Saúdos, Elisardojm (conversa) 18 de setembro de 2018 ás 07:11 (UTC)[responder]

The GFDL license on Commons[editar a fonte]

20 de setembro de 2018 ás 18:11 (UTC)

Wikimaratón Otero Pedrayo[editar a fonte]

Ola!

O sábado 20 de outubro é o 98 aniversario da aparición da revista Nós. Para conmemoralo, celebrarase no IES Otero Pedrayo de Ourense unha wikimaratón arredor do Grupo Nós, organizada xunto á Fundación Otero Pedrayo.

Como fase previa, o sábado 29 de setembro celebrarase na casa-museo de Otero Pedrayo en Trasalba unha sesión preparatoria.

Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 25 de setembro de 2018 ás 09:39 (UTC)[responder]

Xenial nova Estevo(aei)!, teño que consultar a axenda para ver cando podo ir. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 25 de setembro de 2018 ás 09:46 (UTC)[responder]

"Trasalba acoge un encuentro de fundaciones en torno a Nós". Faro de Vigo (en castelán). 28/9/2018. : Participan: Fundación Otero Pedrayo, Fundación Vicente Risco, Fundación Castelao, Fundación Losada Diéguez e Fundación Alexandre Bóveda. --. HombreDHojalata.conversa 29 de setembro de 2018 ás 11:16 (UTC)[responder]

"Un 'wiki-maratón' subirá a la Galipedia 98 artículos sobre el legado de la revista "Nós"". Faro de Vigo (en castelán). 30/9/2018.  --. HombreDHojalata.conversa 30 de setembro de 2018 ás 09:02 (UTC)[responder]
Estevo(aei), habería que ir facendo unha páxina do wikimaratón cos datos da reunión, a lista de artigos, a biblioteca a utilizar (aínda que non se teñan eses libros, a xente pode collelos nas bibliotecas para levalos ó encontro), etc. Eu estou reservando o día 20 para ir ata aí, a ver se hai sorte. Saúdos, Elisardojm (conversa) 30 de setembro de 2018 ás 21:24 (UTC)[responder]
@Elisardojm:, xa existe: Wikipedia:Wikimaratón Grupo Nós. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 1 de outubro de 2018 ás 10:33 (UTC)[responder]
Xenial, grazas! Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de outubro de 2018 ás 15:05 (UTC)[responder]
Unha pregunta Estevo(aei), cal é a temática? A Xeración Nós ou calquera cousa ata conseguir 98 artigos? Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de outubro de 2018 ás 15:20 (UTC)[responder]
Outras preguntas, cal é o horario? Haberá ordenadores a disposición das persoas asistentes? Debería recomendarse na páxina que se cree unha conta de usuario antes de ir ó evento? Saúdos, Elisardojm (conversa) 1 de outubro de 2018 ás 22:34 (UTC)most[responder]

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Había que ir trasladando esta conversa á páxina de seu (Conversa Wikipedia:Wikimaratón Grupo Nós). Queda mellor alí, para futuras referencias. --. HombreDHojalata.conversa 4 de outubro de 2018 ás 08:27 (UTC)[responder]

Xa non hai artigos de menos de 10.000 bytes no Wikiproxecto 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter[editar a fonte]

Boas a todos, no Wikipedia:Wikiproxecto_1000_artigos_que_toda_Wikipedia_debería_ter xa non quedan artigos de menos de 10.000 bytes como podedes ver aquí. Parabéns a todos os que botaron unha man e animamos a todos os interesados a que se acheguen ó proxecto para aumentar o tamaño dos 600 artigos que hai que ampliar ata os 26.000 bytes! Lembrade que eses artigos serven para posicionar á Galipedia na lista de Wikipedias por mostra de artigos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de outubro de 2018 ás 22:19 (UTC)[responder]

Xa quedan menos ;) --Chairego apc (conversa) 6 de outubro de 2018 ás 17:54 (UTC)[responder]
Por certo, que agora acabo de decatarme o que comentara Xosé Antonio de que subir os artigos medianos a grandes da máis puntos. Se vos fixades na lista, es.wiki está por riba de nós cando ten 57 artigos pequenos, pero ten máis puntuación porque ten 668 artigos grandes e nós só 400, aí está o truco :) Aí é onde lle temos que dar! Por certo, non sei por que din que aquí falta un artigo, eu revisei e non vin que faltara ningún..., na lista pon que temos 400 artigos medianos pero realmente temos 401... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de outubro de 2018 ás 07:00 (UTC)[responder]
Este mes fáltanos un artigo porque alguén quitou a ligazón a wikidata de Elefante e iso case nos costa o primeiro posto neste mes, pero xa se encargou Breogán2008 de repoñer a ligazón. Supoño que o próximo mes apareceremos con 0 artigos ausentes e 0 artigos curtos (cousa que este mes só poden dicir 3 wikis). Por certo, lembro que non é a primeira vez que alguén nos quita este artigo da lista dos 1.000, e non sei cal é o motivo. Se aínda o explicaran... Xosé Antonio (fálame sempre) 7 de outubro de 2018 ás 19:28 (UTC)[responder]
Fixen uns cambios no artigo do Elefante para que teña o mesmo contido que o de en.wiki e intentar que non haxa máis problemas con el. Saúdos, Elisardojm (conversa) 9 de outubro de 2018 ás 22:08 (UTC)[responder]

Xornadas WMES[editar a fonte]

Esta fin de semana teñen lugar en Gasteiz as Xornadas WMES 2018. Asistirei eu (Usuario:Estevoaei) e Usuario:Agremon. Se alguén quere unirse, hai oco no coche. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 23 de outubro de 2018 ás 19:22 (UTC)[responder]

Ánimo, teñen cousas interesantes! Agremon(contacto) 23 de outubro de 2018 ás 20:35 (UTC)[responder]

Pois si que hai varias charlas ben interesantes, apuntade todo o que poidades para traérnolo para aquí! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de outubro de 2018 ás 20:56 (UTC)[responder]

Preparación do servizo ORES na Galipedia[editar a fonte]

Boas a todos, hai tempo estiven argallando para que se poida usar o servizo ORES (Objective Revision Evaluation Service, Servizo Obxectivo de Avaliación de Revisións) na Galipedia e agora só quedan un par de pasos.

Pero, que é o servizo ORES? Pois este servizo é o que usan na wiki en inglés para clasificar por calidade de forma automática os seus artigos. É esa clasificación por calidade que fan dos artigos en A, B, C... Este sistema tamén sirve para evitar vandalismos de forma automática, pero esa parte non a imos a utilizar na Galipedia polo momento. En ORES/Aplicacións tedes unha lista das aplicacións actuais deste servizo, non se van a activar todas, polo momento imos activar un script (programiña) que vai facer a avaliación de calidade dos artigos do proxecto Wikipedia:Wikiproxecto 1000 artigos de calidade para alumnado de 12 a 16 anos, pero supoño que tamén se poderá aplicar a outros wikiproxectos sen problema.

Xa creei unha páxina co esquema de graos de calidade de artigos a semellanza da que hai en en.wiki, podedes consultala en Wikipedia:Avaliación de contido.

E que temos que facer para que comece a funcionar? Pois temos que adestrar ó sistema para ensinarlle a diferenciar a calidade dos artigos, isto faise a través desta páxina, e o único que hai que facer é ir collendo un grupo de dez artigos, mirando a calidade que teñen e poñéndolle unha das valoracións. Hai que avaliar como mínimo uns 400 artigos, isto entre todos non é nada, e cantos máis participemos e cantas máis avaliacións fagamos, mellor funcionará o servizo porque terá máis información para facer as súas propias avaliacións.

Animádevos a avaliar artigos! ademais de axudar a que funcione o servizo pasaredes un bo rato facendo algo novo e diferente na Galipedia, seguro que atopades artigos interesantes e artigos que ó mellor haxa que mandar ó lixo! :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de outubro de 2018 ás 18:01 (UTC)[responder]

Moi interesante Elisardojm, grazas por informarnos desta iniciativa. Penso que quizais sería bo poñer en Modelo:Esquema de graos algún exemplo máis de que artigo entra en cada sección. Por exemplo Jiří Wolker ou Lugares de Padrón (que me apareceron na ligazón que engades) como se clasificarían, bosquexo, en progreso? --AMPERIO (conversa) 25 de outubro de 2018 ás 18:09 (UTC)[responder]
En bosquexo penso que habería que meter os artigos cunha lonxitude moi curta, dúas ou tres liñas, ou que estean moi mal estruturados ou con erros. Logo os artigos un pouco máis grandes, pero con contido axeitado e ben estruturado eu penso que deberían ir en En progreso. O que estou vendo é que non funcionan as ligazóns ós exemplos, intentarei amañalo pola noite.
Tamén podemos definir aquí, algunhas pautas para clasificar mellor os artigos, para completar as que xa hai no modelo, que tan só é unha adaptación do que hai en en.wiki. Saúdos, Elisardojm (conversa) 25 de outubro de 2018 ás 18:24 (UTC)[responder]
Feito! Feito! faltábanlle os corchetes. --AMPERIO (conversa) 25 de outubro de 2018 ás 18:30 (UTC)[responder]

Quizais unha forma de diferenciar as categorías sexa polo tamaño dos artigos. Evidentemente os AC e AB son moi doados de clasificar, pero o limiar entre B e C pode ser confuso. --AMPERIO (conversa) 25 de outubro de 2018 ás 18:36 (UTC)[responder]

Perdón, a páxina principal é Wikipedia:Avaliación de contido. E AMPERIO, non está amañado, a ligazón ten que ir á versión do artigo que se indica entre corchetes :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 26 de outubro de 2018 ás 14:48 (UTC)[responder]

Elisardojm, a min si que me redirixe cara eses artigos... Non sei que pode pasar... --AMPERIO (conversa) 28 de outubro de 2018 ás 10:39 (UTC) Ahh vale xa entendín o que queres! Unha ligazón coma a que hai no Modelo:Calidade para comparar as versións, non? Quizais Banjo poida axudar, eu estiven probando máis non tiven sorte. --AMPERIO (conversa) 28 de outubro de 2018 ás 10:45 (UTC)[responder]
@Elisardojm: E o feito de que o avalíen persoas distintas con criterios diferentes non distorsionará resultados? ※ Sobreira ►〓 parlez 26 de outubro de 2018 ás 17:10 (UTC)[responder]
Home Sobreira, os criterios non deben ser moi diferentes, están en Wikipedia:Avaliación de contido, se queredes podemos definilos un pouco máis nesa páxina, pero aí están as pautas. Canto máis certeiras sexan as avaliacións, mellor funcionará o servizo, pero tamén hai que ter en conta que cantas máis avaliacións se fagan, máis "aprenderá" o servizo e aínda que haxa algunha avaliación que se desvíe, poderá facer unha boa avaliación porque basearase na media de tódalas avaliacións.
Por outra banda, ó mellor pode xuntarse a categoría C e B para simplificar..., pensades que iso será máis útil? Que dis AMPERIO? Saúdos, Elisardojm (conversa) 26 de outubro de 2018 ás 18:42 (UTC)[responder]
Lin nalgunhas noticias que a intelixencia artificial aprende o que queremos e o que non queremos, que aprende e reproduce os nosos nesgos e, ás veces, teñen que prescindir dela nos casos nos que xa os aprenderon, por exemplo nesta noticia. Non sei se ORES entraría dentro desa cualificación, de ser así, ao ensinalo, habería que telo en conta. Lles (conversa) 27 de outubro de 2018 ás 09:22 (UTC)[responder]
Elisardojm, veño de avaliar cinco artigos, o malo do sistema é que te pon artigos aleatorios para avaliar, e canto menos eu non teño nin idea de como avaliar un artigo sobre un foguete ou un artigo sobre bioquímica, non me atrevín a clasificar como B ou C porque non podo xulgar se falta contido, se ten referencias e un tamaño medio pode que estea completo ou non... hai algún xeito de poder escoller os artigos que avalías? Para avaliar sobre o campo de coñecemento cada un e poder facer unha avaliación mellor. Un saúdo, Piquito (conversa) 27 de outubro de 2018 ás 19:29 (UTC)[responder]
A verdade é que entre C e B eu si que vexo diferenza. B é un artigo que ben podería ser proposto para calidade ou bo, mentres que C é un ao que aínda que ten bastantes contidos, fáltanlle referencias ou ten aínda marxe de mellora. O que non acabo de ver é a que existe entre En progreso e bosquexo, xa que o modelo máis común que se engade é o de Modelo:En progreso. --AMPERIO (conversa) 28 de outubro de 2018 ás 10:39 (UTC)[responder]
AMPERIO, claro que hai diferenza entre B e C, o problema é avaliar un artigo nunha delas cando non coñeces o tema, porque pode que o artigo sexa curto pero realmente estea completo e non teña problemas, pero iso moitas veces só o podes saber se coñeces o tema. Piquito (conversa) 28 de outubro de 2018 ás 22:42 (UTC)[responder]

Vexo que xa comezáchedes a avaliar. En xeral tardo en facerme unha idea precisa dos cambios propostos, e este non é unha novidade. Coincido en que o tema dos sesgos é un desaxuste na actualidade. Se non me remata de convencer e non participo, entón non entrará os meus sesgos e si os da xente que participa... Por outra banda, o uso de EP e bosquexo coido pode ser contraproducente ó tirar para abaixo artigos que aíndo están comezando, en troques de animar á súa mellora. A máis, os artigos tenderán a unha uniformidade de esquema 'wikificado' igual para todos. Téñoo claro: estarei a disposición dos vosos sesgos. Saúdos,Agremon(contacto) 28 de outubro de 2018 ás 21:11 (UTC)[responder]

Si AMPERIO, é algo semellante, ten que ser unha ligazón á versión do artigo na data que se indica porque pode que despois de que o liguemos se mellore ou teña outras modificacións e, claro, a versión actual podería non valer coma exemplo. Úsase un modelo que copiei de en.wiki, haberá que revisalo.
Piquito, tes toda a razón, preguntarei como debemos facer con iso.
Lles, este servizo non creo que chegue a ser unha IA, supoño que simplemente será un programiña que fixará nun certo número de patróns de cada nivel de calidade para así poder cualificar el mesmo os artigos. Por outra banda non vexo que nesgos podemos introducir neste caso, podemos ter erros de avaliación e que o programa avalíe de forma menos certeira, pero non vexo que se poidan introducir nesgos xa que o único que se fai é clasificar os artigos por calidade. O único problema que pode haber é que cada un teña os límites de cada nivel nun punto diferente, pero tampouco pode ser moi diferente se nos guiamos pola páxina que xa vos dixen, Wikipedia:Avaliación de contido, que se queredes podemos detallar máis para que queden máis claros os niveis, para iso invítovos a comentar o que vexades na súa páxina de conversa. A maiores, que se nun momento determinado vedes que as avaliacións que fixéchedes tiñan algún erro, podedes cambialas en calquera momento dándolle á ligazón de "revisar".
AMPERIO, os bosquexos son moi doados de diferenciar, son artigos moi pequenos, teñen como máximo tres ou catro frases de contido, non importa se teñen ficha ou non, iso non fai que sexan artigos En progreso, os artigos en progreso teñen que ter un par de parágrafos polo menos. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de outubro de 2018 ás 21:56 (UTC)[responder]
Elisardojm, non me expresei ben, pensei nos nesgos da propia Galipedia, non nos das persoas que avalían, se o programa podería aprender, por exemplo, a puntuar mellor as biografías que sexan de estadounidenses (que adoitan estar máis traballadas ao vir de traducións dunha Wikipedia na que traballan moitas persoas) ou de temas que agora mesmo na Galipedia estean máis traballados. Lles (conversa) 29 de outubro de 2018 ás 08:11 (UTC)[responder]
Ah, vale Lles agora xa entendín. Non creo que pase iso, o programa non entende o contido para el os artigos son todos iguais nese senso, el só se fixa en certas características do artigo, por exemplo, o número de seccións do artigo, se ten ficha ou non, no uso de referencias (tanto na cantidade coma nos modelos que usa), que non teña modelos de avisos de problemas, etc. pero non avalía a calidade da redacción nin a neutralidade, pero segundo a páxina do ORES: "moitas das características estruturais dos artigos semellan correlacionarse fortemente con boa escritura e neutralidade, polo que o modelo funciona moi ben na práctica". É dicir, non diferencia o contido do artigo fíxase principalmente na estrutura. Saúdos, Elisardojm (conversa) 29 de outubro de 2018 ás 08:43 (UTC)[responder]
Boas, esquecinme de dicir que as conversas sobre a instalación deste servizo están aquí, por se alguén quere seguilas e participar nelas.
E Piquito, dixéronme que si, que se non tes os coñecementos para avaliar a calidade dun artigo podes saltalo e listo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 7 de novembro de 2018 ás 07:01 (UTC)[responder]
Xa se rematou a campaña de etiquetaxe, grazas a todos os que colaboraron. Seguirei comentando en canto haxa novas sobre o tema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 21 de novembro de 2018 ás 13:54 (UTC)[responder]

The Community Wishlist Survey[editar a fonte]

30 de outubro de 2018 ás 11:05 (UTC)

Sorolla Challenge[editar a fonte]

Do 5 ao 30 de novembro terá lugar o Sorolla Challenge, para editar artigos relacionados con Joaquín Sorolla. Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 4 de novembro de 2018 ás 22:58 (UTC)[responder]

Change coming to how certain templates will appear on the mobile web[editar a fonte]

CKoerner (WMF) (talk) 13 de novembro de 2018 ás 19:34 (UTC)[responder]

Community Wishlist Survey vote[editar a fonte]

22 de novembro de 2018 ás 18:13 (UTC)

Advanced Search[editar a fonte]

Johanna Strodt (WMDE) (talk) 26 de novembro de 2018 ás 11:02 (UTC)[responder]

Entrega do Premio Rosalía de Castro[editar a fonte]

En nome da comunidade da Galipedia, recollemos o premio Rosalía de Castro da Deputación.

Como xa se comentou en xullo, este ano concedéuselle á Galipedia o Premio Rosalía de Castro de Lingua. A cerimonia de entrega terá lugar o mércores 12 de decembro ás 17.00 h no Pazo de Mariñán (Bergondo). Desde a Deputación da Coruña solicitan que se confirme asistencia antes do 4 de decembro, polo que se agradece que as persoas que queiran asistir o indiquen aquí para poder avisar á organización. --Estevo(aei)pa o que queiras... 28 de novembro de 2018 ás 14:35 (UTC)[responder]

Persoas asistentes:

  1. Usuario:Estevoaei
  2. Usuario:Elisardojm
  3. Usuario:Banjo
  4. Usuario:Xosé Antonio

Comentario Xa que mañá acaba o prazo de confirmación e que igual era positivo que na imaxe saíra alomenos unha muller, se ningunha outra voluntaria se presta e a min non se me escacharra o coche, podería chegar ao acto, aínda que xustiña. Maria zaos (conversa) 2 de decembro de 2018 ás 16:23 (UTC)[responder]

@Banjo:, foi unha mágoa porque foi un acto bastante chulo, para a próxima! :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de decembro de 2018 ás 00:41 (UTC)[responder]

Aquí tedes a nova na Voz. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de decembro de 2018 ás 09:54 (UTC)[responder]

Poño a nova en castelán porque en galego parece unha tradución automática. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de decembro de 2018 ás 10:02 (UTC)[responder]

Proposta para crear unha nota conxunta[editar a fonte]

Penso que podemos redactar entre todos unha nota de agradecemento en nome da comunidade, e comentando o que nos pareza axeitado, para que sexa lida no momento da entrega do premio. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 28 de novembro de 2018 ás 16:09 (UTC)[responder]

Nota para ler en nome da comunidade[editar a fonte]

Comezo neste apartado a redactar a nota de recollida do premio. Os que queiran facer achegas poden comentar abaixo o que lles parece, o que se debería engadir, cambiar, etc. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de decembro de 2018 ás 14:48 (UTC)[responder]


Autoridades, membros do xurado e público asistente: boa tarde. A comunidade de editoras e editores da Galipedia redactou esta nota de agradecemento, que procedemos a ler.

En primeiro lugar queremos agradecer a concesión do Premio Rosalía de Castro. Parabéns á Deputación da Coruña pola convocatoria e moitas grazas ó xurado por valorar o esforzo das persoas colaboradoras da Galipedia. Queremos dar tamén os nosos parabéns ó grupo musical Pirilampo, polo seu traballo na difusión e introdución da tradición musical galega dentro dos pequenos da casa, que son os que no futuro levarán adiante novas iniciativas para manter e defender a nosa lingua. O Premio Rosalía de Castro de Lingua (e citamos a definición que aparece na Galipedia), "recoñece o traballo de persoas ou entidades que contribúen á normalización lingüística da lingua galega". Esta é a novena edición. Non obstante, desexariamos que o premio deixase de concederse, porque iso implicaría que se acadou a normalización lingüística en Galiza, algo polo que aínda queda moito que loitar.

Dende que comezou a súa andaina no ano 2003, a Galipedia foi medrando co traballo diario de centos de persoas colaboradoras que de forma voluntaria se dedican a crear unha enciclopedia universal e libre, dispoñible para todo o mundo, e o que máis nos interesa hoxe, en galego. Todos estes colaboradores traballaron, e traballan, día a día mellorando a calidade dos artigos, achegando máis contidos, revisando e corrixindo os que xa hai, e procurando na medida das súas posibilidades que esta enciclopedia poida ser de axuda para todos e que cada vez sexa un pouco mellor e máis útil.

Este traballo voluntario de persoas anónimas viu realizándose á marxe das administracións públicas. Durante todos estes anos o proxecto demostrou ser unha ferramenta de grande utilidade en tódolos campos, e pouco a pouco a súa relevancia pasou de ser unha anécdota na sección tecnolóxica dos xornais a ter a consideración de obra de referencia en liña nos últimos anos e a pasar, ó fin, a ser unha obra de consulta superando en contido e calidade a outras obras que ata o momento ocupaban este lugar en galego. Pero pensamos que esta situación debe cambiar: a Galipedia precisa a colaboración de todas e todos, e tamén a colaboración das institucións xa que a Galipedia é de todos e para todos, é pública e aberta a máis non poder, e a súa utilidade demóstrase día a día cos máis de dous millóns de visitas mensuais. Como nota tan só engadir que no mes de maio deste ano a Galipedia superou os tres millóns de visitas.

As comparacións son odiosas, pero queremos facer notar que outras Wikipedias si recibiron, ou están recibindo, apoios institucionais para o seu desenvolvemento durante estes anos: a Wikipedia en catalán, ou tamén a Wikipedia en éuscaro, recibiron diferentes achegas para mellorar os seus contidos e difusión. Por exemplo, é de facer notar que actualmente a Wikipedia en éuscaro ten un programa en colaboración co Goberno Vasco co que durante tres anos vaise traballar na mellora de 1000 artigos de interese para alumnado de 12 a 16 anos achegando 600.000 euros para facelo posible e apoiar dese xeito os contidos nesa lingua. Por iso dende aquí queremos pedir que os representantes das nosas institucións axuden tamén ó desenvolvemento, mellora e difusión dos contidos da Galipedia, porque é de todos, para todos e en galego. Facemos un chamamento ás autoridades sobre este punto porque consideramos que sería moi interesante levar a cabo cursos de formación do profesorado (tanto universitario, como de secundaria e mesmo de educación primaria) para fomentar o uso da Wikipedia nas aulas como ferramenta didáctica, neste século XXI no que as tecnoloxías dixitais son o presente. Lonxe das reticencias iniciais, na actualidade a Wikipedia ten un recoñecemento académico como fonte de información.

Queremos tamén aproveitar esta oportunidade que se nos dá para dirixirnos a todos vostedes para anunciar que, dende hai unhas semanas, algúns dos colaboradores da Galipedia demos un paso máis no compromiso co proxecto e creamos a asociación sen ánimo de lucro Asociación de Amigos e Amigas da Galipedia e Coñecemento Libre. Queremos con esta asociación facilitar o contacto entre a Galipedia e tódalas institucións e entidades que queiran colaborar co proxecto, dar a coñecer a Wikipedia en galego e facilitar o achegamento de toda a cidadanía á enciclopedia libre en galego. Esperamos que pouco a pouco todas estas ideas e outras vaian indo para adiante.

E con isto rematamos, desexando para a lingua galega mil primaveras máis. Moitas grazas.


Comentarios á nota para ler en nome da comunidade[editar a fonte]

  • Aquí podemos debater o contido da nota, como redactala, que quitar, que cambiar, que engadir, etc, eu só fixen unha nota básica coas ideas que tiña na cachola, podemos traballar sobre ela ou facela de novo dende o principio, como vexades mellor. Eu irei engadindo e repasando o que poida nos seguintes días. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de decembro de 2018 ás 14:48 (UTC)[responder]
  • "aproveitar esta oportunidade que se nos da > "; éuscaro > vasco (se non, cada vez que pronuncias esa palabra a un político lle dá un ictus); eu falaría un pouco menos da falta de apoios, que parece que choramos por cartos (cando outros recursos tamén nos virían ben: instalacións, divulgación, promoción, informática, bolseiros, informáticos). ※ Sobreira ►〓 parlez 3 de decembro de 2018 ás 08:58 (UTC)[responder]
  • Amañado o DÁ, grazas polo aviso. Revisarei o resto de cousas pola noitiña. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de decembro de 2018 ás 09:46 (UTC)[responder]
  • Eu cambiaría adicaron por dedicaron [6] e con nós por connosco.Lles (conversa) 3 de decembro de 2018 ás 12:52 (UTC)[responder]
  • Hai un distinto tratamento á audiencia, habería que decidir que tratamento escollemos para unificalo. Lles (conversa) 3 de decembro de 2018 ás 12:53 (UTC)[responder]
  • Lles, cambiei o "adicaron" e o "con nós". Tamén cambiei un "a todos vós" por "a todos vostedes" para unificar e usar o tratamento formal, non sei se hai algún outro sitio no que este tratamento sexa diferente... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de decembro de 2018 ás 13:58 (UTC)[responder]
  • E postos a innovar por que non empregar o feminino xenérico? Por que non falar da fenda de xénero tanto nos contidos como no referente ás persoas que editan a Galipedia? Por exemplo. Eu tamén falaría menos da falta de apoios e me centraría na falta de actividades de promoción a todos os niveis, xa que hai moita xente que non sabe da existencia da Galipedia. Piquito (conversa) 3 de decembro de 2018 ás 15:12 (UTC)[responder]
  • Parécenme ben as propostas, pero sería moito máis sinxelo que engadírades cousas concretas a cambiar, parágrafos a engadir, ou textos alternativos ós que xa hai. Comento isto para Sobreira e Piquito principalmente xa que propuxeron os cambios máis "gordos", pero tamén para as seguintes propostas que se fagan.
Sobreira, quitei un par de éuscaros para que non lle dea o soponcio a ninguén, agora só hai dous no texto, se se amplía un pouco máis xa case nin se notan :) Pero se queredes cambialos todos por vasco, por min perfecto. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de decembro de 2018 ás 09:20 (UTC)[responder]
  • Estevoaei, a frase "Lonxe das reticencias iniciais, na actualidade a Wikipedia ten un recoñecemento académico como fonte de información." paréceme que está demasiado metida con calzador, habería que ligala un pouco máis ou desenvolvela un pouco noutro parágrafo. A ver se logo noutro momento podo darlle outra volta. Saúdos, Elisardojm (conversa) 5 de decembro de 2018 ás 08:46 (UTC)[responder]
  • Ola, hai un pouco de mistura no uso do inclusivo, hai todos e todas e persoas colaboradoras, pero logo masculinos xenéricos ("os nosos representantes nas institucións"). Como non hai moito acordo na comunidade, se resulta moi lioso concordalo todo, igual hai que pensar en optar polo masculino xenérico para todo o texto. En moitos casos cambiando o "todos" e os substantivos masculinos polo substantivización da acción ("colaboración")resólvese. Deixo aquí o que localicei, pero só para que sexa fácil de localizar se se quixera cambiar. Vou darlle unha volta, porque á marxe deste tema creo que en vez de "pedir" axuda igual era mellor enfocar a Galipedia como unha ferramenta colaborativa que está a formar á cidadanía deste século nas (novas)competencias (dixitais) necesarias (diálogo, traballo en equipo, colaboración, avaliación da información, autonomía e seguridade, creación activa de contido, etc." ) e que por esta razón as institucións son as primeiras interesadas en apoiala e en apoiar as acción formativas ligadas a ela en todos os ámbitos. Para máis info sobre as competencias, ver DigComp
Listadiño
"Todos estes colaboradores "; "que esta enciclopedia poida ser de axuda para todos" ; "que a Galipedia é de todos e para todos" "pedir que os representantes das nosas institucións " porque é de todos, para todos "; "para dirixirnos a todos vostedes" " algúns dos colaboradores da Galipedia demos ".Maria zaos (conversa) 7 de decembro de 2018 ás 20:06 (UTC)[responder]
Propostas de cambios.
  • "Pasar, ó fin, a ser unha obra de consulta superando en contido e calidade a outras obras que ata o momento ocupaban este lugar en galego."---> por "... a ser, decotío, a primeira obra de consulta, pola súa inmediatez, actualización e cobertura, por diante doutras obras de referencia en galego." Feito! Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de decembro de 2018 ás 01:31 (UTC)[responder]
  • "no que as tecnoloxías dixitais son o presente. Lonxe das reticencias iniciais, na actualidade a Wikipedia ten un recoñecemento académico como fonte de información"--> no que as competencias dixitais non só están incluídas no currículo, senón que son cada vez máis necesarias para desenvolvernmos en condicións de igualdade como cidadáda primeira década, hoxe a Wikipedia é un referente en moitas áreas do coñecemento e hai un crecente interese académico no seu potencial educativo. (refírome a competencias transversais, avliación da información, participación activa, pensamento crítico, traballo en equipo. Poderíase falar que esta ultimamente sendo recoñecida como un recurso moi sólido contra as fake news, pero igual é moito dicir.) Feito! Feito! pero non puxen o de "primeira década", non entendo o que quere dicir. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de decembro de 2018 ás 01:31 (UTC)[responder]
  • e tamén a colaboración das institucións xa que a Galipedia é de todos e para todos, é pública e aberta a máis non poder, e a súa utilidade--> e o compromiso/apoio das institucións, como corresponde a súa propia natureza: a Galipedia traballa en prol dun coñecemento aberto e plural dirixido á comunidade de falantes en galego/á toda a cidadanía. A súa utilidade/ O servizo que presta...demóstrase, etc. Feito! Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de decembro de 2018 ás 01:31 (UTC)[responder]
  • achegando 600.000 euros para facelo posible e apoiar dese xeito os contidos nesa lingua. "--->. (nova frase) O apoio na creación de contidos en éuscaro tradúcese nunha achega de 600 000 euros, que fan posible que proxectos complexos como este, pero necesarios para garantir un futuro na lingua propia, sexan posibles. Feito! Feito! Cambiando un "posible". Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de decembro de 2018 ás 01:31 (UTC)[responder]
  • axuden tamén ó desenvolvemento, mellora e difusión dos contidos da Galipedia, porque é de todos, para todos e en galego-->o seu compromiso/que se comprometan tamén no desenvolvemento, mellora e difusión dos contidos da Galipedia, xa que está ao servizo do ben común e é unha poderosa ferramenta para normalizar o galego no mundo dixital/garantir un futuro dixital e en galego..(se se usa ferramenta logo hai que cambiar "ferramenta didáctica" por recurso didáctico" ou viceversa) Feito! Feito! Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de decembro de 2018 ás 01:31 (UTC)[responder]

A ver se algo do que puxen é útil. Un saúdoMaria zaos (conversa) 11 de decembro de 2018 ás 19:05 (UTC)[responder]

Moitas grazas Maria zaos, engadín as túas modificacións, menos o de "primeira década" que non sei que quere dicir. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 12 de decembro de 2018 ás 01:39 (UTC)[responder]
  • Pois xa postos a suxerir, eu preferiría que se empregara a forma Galicia en lugar de Galiza... ou ben dicir a normalización lingüística na nosa Comunidade (Autónoma). Tamén eliminaría o de Viquipèdia, a Wikipedia en catalán, xa que da a sensación, segundo sexa o ton co que se pronuncie, que son cousas distintas. Deixaría tan só o de a Wikipedia en catalán. As propostas que fixo Maríazaos parécenme bastante axeitadas, evitando que se note tanto que se está facendo un sobreesforzo por non empregar o (tan vilipendiado) masculino xenérico. --AMPERIO (conversa) 11 de decembro de 2018 ás 19:08 (UTC)[responder]
AMPERIO, grazas polas túas suxestións. Sobre Galiza, queda anotada a túa discordancia, se outro usuario discorda cambiámolo, pero agora mesmo hai un empate técnico entre a túa proposta e a de Estevoaei, que foi o que engadiu esa parte :). Quitei o da Viquipèdia. Saúdos, Elisardojm (conversa) 12 de decembro de 2018 ás 01:39 (UTC)[responder]

Cerimonia de entrega do premio[editar a fonte]

Boas, puxen arriba unha foto da recollida do premio, aquí van unhas poucas liñas de como foi a entrega do premio.

Ata o pazo de Mariñán achegámonos un pequeno grupo de galipedistas a recoller o premio, Estevoaei, Xosé Antonio, Maria zaos, Beninho e eu mesmo. Botamos de menos a Banjo que finalmente non se puido achegar, vémonos no próximo! :)

No pazo fixéronnos unha pequena visita guiada por algunhas das súas salas, e comentáronnos algunhas historias das mesmas e das obras de arte que nelas se expoñen.

Logo da visita fomos á sala de entrega dos premios, xa que non só se entregaba o Premio Rosalía de Castro de Lingua, se non que a Deputación entregaba tódolos premios culturais deste ano. Os premiados foron Xabier López, Dolores Torrano, An Alfaya, Wieslaw Haladaj, Eli Ríos, Oliver Añón, Elas tamén pintan e Implicadas no desenvolvemento, Rosa Fernández, Carmen Villalba e Carla Canedo, Pequenos Besbellos e Cortegadaos, Pirilampo.

Na recollida, Estevoaei fixo un estupendo resumo da nota que fixemos, xa que a organización díxonos alí que non se podía falar máis dun minuto, e recollemos o premio entre todos.

Logo da entrega, amenizada pola cantante Su Garrido Pombo, agasalláronos cuns petiscos durante os cales estivemos falando entre nós un pouco, entre bocado e bocado :). A mágoa foi que non tivemos oportunidade de falar con outros agasallados nin da deputación para trasladarlles un pouco da filosofía do proxecto.

O agasallo da Galipedia polo momento, mentres non haxa algún lugar máis axeitado onde poñelo, téñoo eu xa que ninguén máis quixo facerse cargo del, pero se alguén ten interese en telo, que avise. Tedes unha foto aquí, polo momento non a subo a Commons porque non temos permiso da escultora. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de decembro de 2018 ás 13:20 (UTC)[responder]

New Wikimedia password policy and requirements[editar a fonte]

CKoerner (WMF) (talk) 6 de decembro de 2018 ás 20:03 (UTC)[responder]

Estatutos da Fundación Wikimedia[editar a fonte]

Neste mes de decembro hai unha proposta de emenda aos Estatutos da Fundación Wikimedia. A vosa opinión é importante. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 8 de decembro de 2018 ás 18:11 (UTC)[responder]

Comunidade xermanófona de Bélxica[editar a fonte]

Do 10 ao 21 de decembro ten lugar a semana de edición sobre a comunidade xermanófona de Bélxica, na que se traballará sobre a comunidade xermanófona de Bélxica, os nove concellos da área (Amel, Büllingen, Burg-Reuland, Bütgenbach, Eupen, Kelmis, Lontzen, Raeren e Sankt Vith), e Marcos da fronteira belga-prusiana. O sábado 15 de 10 a 16 h haberá unha editatón presencial en Eupen, no the Jugendherberge. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11 de decembro de 2018 ás 06:55 (UTC)[responder]

Grazas polo aviso Estevo(aei). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de decembro de 2018 ás 08:27 (UTC)[responder]