Wikipedia:A Taberna (novas)/Arquivo 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un arquivo da sección A Taberna (novas) da Taberna
Nesta páxina atópanse algúns dos fíos de conversa tratados nesta sección da Taberna que foron arquivados.
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destes debates, comeza un novo tema na páxina actual.
< Conversas vellas | Arquivos: 1, 2, 3, 4, 5, 6, 7, 8, 9, 10, 11, 12, 13, 14, 15, 16, 17, 18, 19, 20, 21, 22, 23

Anuncio de marcadores de licenza de imaxes[editar a fonte]

Xa están dipoñibles na Galipedia instrucións para o marcado de imaxes e as páxinas relacionadas:

Para calqueira dúbida pode recurrirse podedes publicar unha mensaxe en Wikipedia:A Taberna (axuda). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:05, 5 Feb 2005 (UTC)

Servidor caído[editar a fonte]

As 22:14 UTC do 21 de febreiro houbo un fallo fatal (por cuestións relacionadas coa alimentación) que fixeron que o servidor da wikipedia deixara de estar dispoñible durante un día completo. Nun primeiro momento o equipo técnico da wikipedia logrou recuperar parte da base de datos, estando no modo lectura nun principio. Afortunamente atoparon unha copia da base de datos intacta que permitiu poñer en liña á wikipedia no seu estado normal. Para máis información: February 2005 server crash. Saúdos. --Prevert(talk) 16:29, 23 Feb 2005 (UTC)


Rematei un artigo co título "4000", e xa o enviei a algún xornal. Mañá ou luns tentarei extendelo por tódolos xornais de Galiza, a ver cántos o publican. Felicidades a todos!--Agremon 21:13, 19 Mar 2005 (UTC)

Está enviado a tódolos xornais que escriben 'algo' en galego, en papel ou dixital (enderezos collidos da guía de comunicación da Xunta). Recibín varios devoltos por erros no enderezo. Son: - La Opinión Coruña - La Región (de Ourense) - Diario de Ferrol - Comunicaciones Sanxenxo. --Agremon 22:03, 20 Mar 2005 (UTC)

Publicada unha reseña en [1].--Agremon 11:19, 23 Mar 2005 (UTC)

Tamén este artigo sobre o correo, mais que nada próxima ampliacion a un xiga porque coido que os administradores desta galipedia debéramos ter un correo único con que poder remiti-las (ou recibir algunhas) noticias deste proxecto sen necesidade de poñer os nosos propios correos. Coido que esta medida daríalle un grado máis de legalidade e seriedade a esta galipedia

Novidades nas estatísticas[editar a fonte]

Despois de varios meses sen datos estatísticos hoxe luns 21 de marzo de 2005 aparecen publicados algúns datos novos (corresponden á base de datos a día 9 de marzo), o que non inclúen son datos de visitas que non están dispoñibles desde outubro de 2004. Podedes acceder aos datos en http://en.wikipedia.org/wikistats/ES/TablesWikipediaGL.htm . Unha novidade é que agora tamén hai información sobre as categorías de cada wikipedia, na Galipedia están categorizados neste momento o 52% dos artigos, a páxina é: http://en.wikipedia.org/wikistats/EN/CategoryOverview_GL_Complete.htm . Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 18:05, 21 Mar 2005 (UTC)

En buscadores[editar a fonte]

Remato de decatarme que se tecleas galipedia en vieiros non atopas nada. Xa a engadín, e comezo a engadila noutros sitios, pero se a metedes vos por aí en buscadores galego (tanto Galipedia como wikipedia), seguro que non nos queda ningún.--Agremon 11:47, 23 Mar 2005 (UTC)

Galipedia nº 33º en artigos de todas as wikipedias[editar a fonte]

Segundo os meus cálculos a 9 de marzo a Galipedia estaba no número 33º en cantidade de artigos no conxunto das wikipedias. Hai que ter en conta que a clasificación nas estatísticas non aparece por orde, diante da nosa hai 3 que teñen menos artigos e por detrás outras 3 que teñen máis. Para asignar a posición na táboa estatística teñense en conta (copio o texto en español da páxina de estatísticas):

"Las Wikipedias se ordenan por número de enlaces internos (excluyendo redirecciones) Esto parece una base más justa para comparar el esfuerzo total que el número de artículos o el tamaño de la base de datos: El número de artículos no es tan significativo dado que algunas Wikipedias contienen principalmente artículos cortos, o incluso muchos artículos generados automáticamente, mientras que otras contienen menos artículos pero mucho más largos, todos escritos manualmente. El tamaño de la base de datos depende del sistema de codificación (los caracteres unicode ocupan varios bytes) y de cuánto significado puede transmitirse con un único carácter (por ejemplo, en chino los caracteres son palabras completas)."

Isto quere dicir que somos máis eficaces que outras tres wikipedias nas ligazóns entre os materiais nesta wikipedia pero menos eficaces que outras tres con menor número de artigos. Evidentemente isto só sirve para facernos unha idea de por onde vai o noso traballo.
Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 22:09, 29 Mar 2005 (UTC)

Google xa coopera co proxento Wiki[editar a fonte]

Coma se estaba a espera e segundo varios medios de comunicación Google xa esta a cooperar co proxecto da wikipedia segundo indica este artigo en ingles, o mesmo tamen o comentan outro artigos en español [5], [6], [7]. Por outra banda esta a espera a nova proposta para que a nosa galipedia teñe un buzon de correos, coas finalidades que de entrada se expoñen no apartado de Propostas e que segue a esperar máis votos dos colaboradores deste proxecto; anticipo e que segundo prometera Google, a ampliación do buzon pasa de 1 Gb (1024 megas, para aqueles que son profamos) a 2 Gb (2048 Mb); pero tamen a casa principal dixo que iria amplando os buzon pouco a pouco segundo se pode aprezar neste artigo, e noutros mais: ver artigo,. O caso é que polo de agora esta a cumpli-la sua promesas pois o momento da presente deste comunicado e segundo se pode aprezar xa chegou os 2701 Mb., segue a medrar, pero de forma moi lenta. Ahora Google engade o español coma idioma no buzon segundo di este artigo e tamén di que seguerá amplando a capacidade dos buzons ata o tamaño límite. Dende eiqui a nosa noraboa para Google. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 11:50, 12 marzo 2006 (UTC)

Wikimedia anuncia colaboración con Yahoo[editar a fonte]

Nos seguintes enlaces hai información sobre a colaboración entre Wikimedia e Yahoo: Press releases/Wikimedia announces Yahoo support , Yahoo search weblog e Wikimedia Foundation Announces Corporate Support of Wikipedia from Yahoo! Search. Saúdos. --Prevert(talk) 18:14, 7 Abr 2005 (UTC)

Modelo de marcador para enlazar co Galizionario[editar a fonte]

O mesmo que os nosos compañeiros do Galizionario teñen un modelo de marcador para enlazar coas nosas páxinas, o marcador {{Wiktionary}} ou tamén {{Galizionario}} permite enlazar coa entrada deles. Basta con poñer o marcador e automaticamente créase unha ligazón co mesmo título, ten que ser o título exacto para que funcione. Saúdos. --Prevert(talk) 14:41, 20 Abr 2005 (UTC)

Modelo de marcador para enlazar con Wikimedia Commons[editar a fonte]

Con este marcador chamado {{Commons}} pódese enlazar con Wikimedia Commons naqueles casos nos que haxa certa cantidade de material ilustrativo do artigo. O uso é como segue {{Commons|Nome da páxina en Commons|texto para visualizar na Galipedia}} . Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 15:29, 20 Abr 2005 (UTC)

Modelo de marcador Coordenadas[editar a fonte]

Importei da wikipedia alemana un modelo de marcador que permite enlazar cun wiki que ofrece unha relación de mapas onde se pode comprobar a situación dun lugar mediante as coordenadas. Úsase como segue: {{Coordenadas|38.2494_N_48.3014_E|38,25° N; 48,30° O}}, o primeiro valor despois de coordenadas son as corrdenadas reais para o mapa e o segundo o que se visualiza no texto. Hai un exemplo en Ardebil. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 09:32, 30 Abr 2005 (UTC)

Embaixada da Galipedia[editar a fonte]

Recollendo unha vella proposta, e como comezo, creei a páxina Embaixada Galipedia tanto para dar nova do que sucede no mundo da embaixada da Galipedia como para suxerencias, pasando a tentar de ocuparme das tarefas de embaixador.--Agremon(contacto) 06:19, 13 maio 2005 (UTC)

Invitación da Enciclopedia Libre polas Letras galegas[editar a fonte]

Paso a poñer aquí o que me dixaron da Enciclopedia Libre en español:

Hola Agremon, en nombre de la «Enciclopedia Libre», deseo que traslades nuestras felicitaciones a todos los colaboradores de Galipedia por la próxima celebración del «Día de las Letras Gallegas». Además nosotros también estamos de enhorabuena, pues la cultura galega es una parte importante de la cultura universal, de hecho nuestra portada hace referencia a este evento y además estamos realizando el artículo sobre la biografía del escritor Lorenzo Varela al que este año se le dedica el Día de las Letras Gallegas. Sería interesante realizar algún tipo de actividad conjunta como una especie de hermanamiento entre ambas enciclopedias, saludos afectuosos, Enciclopedia Libre. - Ironside 17:55, 13 maio 2005 (UTC)


Wikisource en galego[editar a fonte]

Wikisource vaise dividir por dominios lingüísticos, nesta páxina pode solicitarse [8] unha wikisource en galego. Aínda que non teñamos moito tempo para a desenvolver, cando menos que exista para no futuro ir engadindo entradas.--Rocastelo 16:47, 14 maio 2005 (UTC)

  • Xa solicitei a creación dunha wikisource en galego, sería importante que máis xente a solicitase para que a concedan, púxenme como candidato a burócrata por ser obrigatorio para a conceder que alguén se presente, pero se alguén leva tempo rexistrado en Wikisource ou ten interese en ser burócrata retirarei con moito gusto a miña candidatura--Rocastelo 17:00, 14 maio 2005 (UTC)

Artigos solicitados[editar a fonte]

Agora os artigos solicitados na portada pasaron a estar nun template e poden ser editados por calquer usuario. Están en Template:ArtigosSolicitados. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:01, 16 maio 2005 (UTC)

Stewards election[editar a fonte]

Hello,

The stewards election has started on m:Stewards/elections 2005. Anyone can vote provided that he has a valid account on meta with a link to at least one user page, on a project where the editor is a participant, with at least 3 months participation to the project. Stewards can give sysop right on projects where there are no local bureaucrate. Please vote ! Yann 20:44, 19 maio 2005 (UTC)

PS: Please translate this. Thanks. Yann 20:44, 19 maio 2005 (UTC)

Elección de administradores[editar a fonte]

Ola,

Comezou a m:Stewards/elección 2005 de administradores. Pode votar calquera que teña unha conta válida en meta con unha ligazón a alomenos unha páxina de usuario, nun proxecto onde o editor sexa participante, con ó menos 3 meses de participación no proxecto. Os adminsitradores poden dar dereitos de sysop en proxectos onde non hai burócrata local. Por favor, votade!

Traducido por --Agremon(contacto) 17:39, 29 Xuñ 2005 (UTC)

Traducindo Pataca[editar a fonte]

Saúdos a tod@s: comecei a traducir o artigo solicitado Pataca da wikipedia en español, (espero non ter feito nada malo). Quería que me dixerades se debo conservar os enlaces que hai na páxina en español ou non. E tamén que na páxina es. utilizan o termo papa en lugar de patata, ¿E mellor que faga o mesmo ou sustituoo por pataca?. ¿Sigo coa traducción ou abandono?.

Ilústrenme por fa. Rañolas(talk) 17:12, 25 maio 2005 (UTC)

Bicos.

  • Os textos doutras wikipedias son fontes de información (igual que calquer enciclopedia en papel). Podes aproveitar/adaptar/corrixir/aumentar/resumir... o que queiras. O termo en galego é "pataca" e ese debe ser o título. Nun parágrafo podes comentar outras denominacións que teña en galego (baloca, etc.). Os enlaces, o mesmo: se son interesantes, cópia-os (pondo entre parénteses a língua na que está esa páxina); se non, ignora-os. Habitualmente, unha vez traducido un texto dunha wikipedia vai-se a outras de línguas que poidas ler e mira-se se hai datos que interesen ou imaxes alternativas. Tamén se pode deixar constancia da existéncia de artigos noutras wikis colocando ao final o código [[es:papa (tubérculo)]], [[en:potato]], etc. Estes enlaces aparecerán no painel da esquerda, por baixo da "caixa de ferramentas". Xosé(Contacto) 18:08, 25 maio 2005 (UTC)
  • Hola amigos: Rañolas da por rematado, o seu traballo no artigo pataca, supoño que ahí queda. Pensei que se cadra podo ir facendo os enlaces que xerei nese artigo e esbozando un pouco, pero tampouco me parece que sexa a miña temática. Así que andarei por aquí e irei facendo algo de vez en cando pero sen adquirir compromiso algún a nivel interno. Encántame coñecervos, ahí nos vemos.Rañolas(talk) 09:17, 2 Xuñ 2005 (UTC)

Copyfight[editar a fonte]

Entre o 15 e o 17 de xullo terá lugar Copyfight en Barcelona, unha inciativa para falar sobre cultura libre organizada entre outros por Escolar.net e Elástico.net na que estará presente Jimbo Wales (fundador da Wikipedia). Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:47, 22 Xuñ 2005 (UTC)

Actualización de MediaWiki[editar a fonte]

Noutras wikipedias xa comezaron a actualizar a unha versión nova de MediaWiki e comezan a notarse algunhas novidades no software. Por ese mesmo motivo parece que están a ocorrir algúns problemas. Supoño que nuns días tamén nos actualizarán MediaWiki aquí. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:20, 26 Xuñ 2005 (UTC)

Modelo de marcador SenLicenza[editar a fonte]

Template:SenLicenza serve para marcar aquelas imaxes de orixe descoñecida o sobre as que a persoa que as publicou non engadiu datos sobre o estatus da licenza. Engádese escribindo {{SenLicenza}} na páxina de descrición da imaxe. Por agora o texto non indica que se vai facer co conxunto das imaxes marcadas SenLicenza, ata que se discuta na taberna e se tome unha decisión. En consecuencia o texto só indica que se decidirá en cada caso. Sería útil que se vos atopades cunha imaxe sen licenza usedes este marcador, axudará a que no futuro poidamos localizar con maior facilidade este tipo de imaxes. Grazas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 23:06, 9 xullo 2005 (UTC)

Estatísticas de gl.wikipedia[editar a fonte]

Infórmovos que hai un novo sistema de estatísticas para a Wikipedia, que se vai actualizando cada poucas horas, para a Galipedia o enderezo é www2.knams.wikimedia.org/stats/gl.wikipedia.org//usage_200507.html. É curioso comprobar que o artigo máis visto no que levamos de mes é Santander, Colombia--Rocastelo 18:44, 10 xullo 2005 (UTC)


Mención en La Voz de Galicia[editar a fonte]

Nas páxinas de cultura de hoxe, 18 de xullo, hai un artigo intitulado "A presenza no galego en Internet segue a medrar" (páx. 51). Di:

"(...) Ciberirmandades da Fala ata o sitio web Galego 21, etc. Mención á parte merece a excelente iniciativa da Wikipedia, enciclopedia de código aberto en diferentes linguas que conta cunha versión en galego, denominada Galipedia, que ten no momento actual máis de seis mil artigos temáticos."

e nunha listaxe de sitios descrebe-a asi:

"Enciclopedia nun gran número de lnguas e cuxo obxectivo é a produción social de coñecemento sen restricións editoriais nin comerciais."

Xosé (✉) 10:02, 18 xullo 2005 (UTC)

Google, galego e Galipedia[editar a fonte]

A Galipedia xa está en primeiro lugar na procura da palabra galego en Google [9] ata hai uns días estaba en 6º posición.--Rocastelo 20:57, 23 xullo 2005 (UTC)

Saúdos a todos[editar a fonte]

Quería informar dende a máis absoluta modestia que gracias á Galipedia e Wikipedia, (entre o que se copia e o que se aprende) está a evolucionar un pouco http://galicia.eapuntes.com/ o que damos en chamar GaliciaWiki. Por se vos resulta de interés estamos a facer un tutorial para aprender (¡co pouco que sabemos!) a manexarse por que nos parece moi complicado ir enterándonos do asunto. Dado o moito que copiamos de vos, parécenos de rigor ofrecervos o pouquiño que temos; (non de xeito desinteresado, xa que para ser sinceiros) esperamos que pinchedes, nos visitedes e nos sometades ó criterio da vosa opinión. http://galicia.eapuntes.com/index.php/GaliciaWiki:Tutorial.

Esperando estar a dar algo a cambio:

Rañolas(talk) 10:20, 3 agosto 2005 (UTC)

Naceu gl.wikisource.org[editar a fonte]

Xa naceu http://gl.wikisource.org , provisionalmente puxen unha copia da antiga portada. por outra parte hai enlaces aos proxectos que deberían funcionar e non funcionan, penso que é como resultado de axustes de configuración. Benvidos/as a todos o wikisource en galego, un proxecto máis da wikipedia en galego. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:49, 23 agosto 2005 (UTC)

Voting on a minority language Wikipedia[editar a fonte]

Hello everybody.

I would like to ask everyone to vote at this poll: http://meta.wikimedia.org/wiki/Proposal_for_Sinitic_linguistic_policy#Vote_-_.E6.8A.95.E7.A5.A8 as it is of immediate concern to the friends of minority languages everywhere. --24.251.198.251 11:29, 10 setembro 2005 (UTC)

Tradución[editar a fonte]

Ola a todos

Querería pedir a todos que votasen nesta sondaxe: http://meta.wikimedia.org/wiki/Proposal_for_Sinitic_linguistic_policy#Vote_-_.E6.8A.95.E7.A5.A8 que é de interese para os amigos de calquera lingua minorizada --24.251.198.251 11:29, 10 setembro 2005 (UTC)

SOLICITUDE DE INFORMACIÓN[editar a fonte]

Hola. Son Santiago Garrido, de La Voz de Galicia. Estou preparando un artigo sobre a Galipedia. Gustaríame falar con alguén que poidese informarme sobre aspectos concretos, e algunhas estatísticas, desta enciclopedia. A verdade é que me urxe un pouquiño. Quedo agradecido de antemán.

Deixo o meu correo: santiago.garrido@lavoz.es E o me teléfono: 981 704 210.

Saúdos a todos.

Un novo wikiproxecto[editar a fonte]

Ol a todos. Traslado aquí a nova dun wikiproxecto para coñecemento xeral, sobre 'perlas de ciencia', unha especie de citas de todo tipo de famosos científicos sobre a ciencia. Aquí deixo unha copia do que me pxeron na miña páxina: "== Science pearls ==

Hi,

I address you as the ambassador of your wikipedia. Please notice the above project.

This project, more than other projects, will benefit from inter-wiki cooperation. Can you post a message regarding this project at your wikipedia village pump?

Thanks for your help, APH from the English wiki "

Un novo wikiproxecto[editar a fonte]

Ol a todos. Traslado aquí a nova dun wikiproxecto para coñecemento xeral, sobre 'perlas de ciencia', unha recolleita de bibliografía seleccionada de todos os campos da ciencia. Aquí deixo unha copia do que me pxeron na miña páxina: "== Science pearls ==

Hi,

I address you as the ambassador of your wikipedia. Please notice the above project.

This project, more than other projects, will benefit from inter-wiki cooperation. Can you post a message regarding this project at your wikipedia village pump?

Thanks for your help, APH from the English wiki " --Agremon(contacto) 22:00, 19 setembro 2005 (UTC)

Artigo sobre a Galipedia en 'La Voz de Galicia'[editar a fonte]

Hoxe domingo 9 de outubro de 2005 sae o seguinte artigo na Voz: Galipedia, a enciclopedia libre en galego na Rede, cumple dous anos. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:55, 9 outubro 2005 (UTC)

Galipedia xa ten dominio propio[editar a fonte]

Galipedia.org[10]

Merge please.[editar a fonte]

There are two pages Kilogramo and Quilogramo in gl:. They should me merged into one. -- ChongDae.

Wikizine:medio informativo por email sobre Wikimedia[editar a fonte]

Hola, informo aquí también sobre la reciente creación de wikizine, que según su creador, pretende mejorar la comunicación entre los distintos proyectos de Wikimedia. Podéis suscribiros en http://mail.wikipedia.org/mailman/listinfo/announce-l . Además podéis enviar noticias a wikizine(@)wikipedia.be . Podéis leer más información en http://mail.wikipedia.org/pipermail/textbook-l/2005-November/002458.html Un saludo, --Javier Carro 05:50, 17 novembro 2005 (UTC)

Desactivada a creación de novas páxinas por anónimos en en.wikipedia[editar a fonte]

Como resultado dunha edición vandálica que pasou desapercibida na wikipedia inglesa no artigo John Seigenthaler o fundador da wikipedia Jimbo Wales acordou desactivar de xeito experimental a creación de páxinas novas por usuarios anónimos. O anuncio está na mensaxe da lista de correos WikiEN-l titulado Experiment on new pages. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:26, 7 decembro 2005 (UTC)

Mención en páxinas salmón de 'La voz de Galicia', p.16/Nuevas tecnologías/páxina-fundación R[editar a fonte]

'E para conseguir obras en galego, estas son as mellores paradas:

http://www.bivir.com/ http://gl.wikipedia.org/wiki/Literatura

... xa engadín algunha ligazón a obras de wikisource para os despistados.--Agremon(contacto) 11:27, 18 decembro 2005 (UTC)