Su Garrido Pombo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Su Garrido Pombo
Su Garrido Pombo 1.jpg
Nacemento16 de xaneiro de 1982
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela, Universidade de Salamanca, Universidade de Granada e Universidade de Florencia
Ocupacióncantante
editar datos en Wikidata ]

Susana Garrido Pombo, nada en Vigo o 16 de xaneiro de 1982, é unha cantante e compositora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Su Garrido en 2014

O seu estilo musical abrangue diversos xéneros con matices de bossa, folk, jazz ou latín.Traballa en proxectos individuais e en proxectos colectivos.

As estancias coa súa avoa Leonora en Traspielas, Fornelos de Montes, marcaron a súa música.[1]

Ten unha ampla formación académica: Conservatorio Mayeusis (Vigo, guitarra), Universidade de Santiago de Compostela, (Historia da arte) Universidade de Salamanca (Musicoloxía), Universidade de Granada, (bolsa Seneca) Universidade de Florencia, (bolsa Erasmus).[2]

Formou parte do grupo folk Lembranzas Galegas, do grupo Sonhos, do grupo TREME (con Margarida Mariño) e en 2018 de Son Trío coa pianista e compositora Katerina Linke e a cellista Susanna Blanco.[3][4]

En 2018 gravou o seu primeiro disco en solitario Quedo a vivir aquí e presentouno con xiras en Galicia, Portugal e Irlanda. En decembro de 2022 saíu Patios de luz.

Recoñecemento[editar | editar a fonte]

  • 2007: 2º posto no concurso Internacional de música MAPFRE Vive para cumplirlo International Music Competition co seu tema Linda. E 4º posto polo tema Extraña María.
  • 2007: 3º posto no concurso Gz crea  
  • 2015:  xunto con Margarida Mariño, 1ª  Premio no  concurso Múusica Xove 15 ó mellor grupo xove galego
  • 2018: 1ª clasificada no Premio Narf outorgado pola área de Cultura da Deputación da Coruña.[5]
  • 2018: Son Trío, proposto para os Premios Martín Códax da música galega en Música clásica e contemporánea.[6]

Obra[editar | editar a fonte]

  • Quedo a vivir aquí (2018.)[7] Temas: "Ímola alboreando, Camiñan descalzas, Pecados, As bandeiras, Strange boat, As gueivotas, El 18 de julio, Quedo a vivir aquí, The long road home, As flores silvestres".
  • Patios de luz (2022).[8] Temas: "Nun patio de luz, Rúa do pracer, O outro lado, doce caseiro, Domingo, To let the light shine through, A arranca das patacas, O meu neno, A horta do Berbés".

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Garrido Pombo, Su (Marzo de 2020). Aínda que me tremesen as pernas, tiña que ser capaz de cantar eu soa. A Movida. Entrevista con Tamara Novoa. Viguesa do mes. Vigo. 
  2. "Bio". SuGarridoPombo. Consultado o 2019-01-29. 
  3. Salgado, Daniel (21 de outubro de 2018). "A canción en tránsito de Su Garrido Pombo". Sermos Galiza. Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2018. Consultado o 25 de outubro de 2018. 
  4. "“Cantar non é subir a un escenario para lucirse, é parte da vida. Cantas porque tes que cantar”". Praza Pública. 2021-08-20. Consultado o 2021-09-27. 
  5. "Concurso Fran Pérez "Narf" para grupos e artistas musicais (antes concurso musical e rock)". Deputación da Coruña. Consultado o 25 de outubro de 2018. 
  6. "Un total de 54 finalistas optan a los V Premios Martín Códax de la Música". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2019-01-29. 
  7. "Quedo a vivir aquí, by Su Garrido Pombo". Su Garrido Pombo. Consultado o 2023-03-04. 
  8. "Patios de luz, by Su Garrido Pombo". Su Garrido Pombo. Consultado o 2023-03-04. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]