Joaquín Sorolla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Joaquín Sorolla
Pablo Picasso
Prancha de impresión de Sorolla por Gertrude Käsebier, c1908
Nome completo Joaquín Sorolla y Bastida
Data de nacemento 27 de febreiro de 1863
Lugar de nacemento Valencia, España España
Data de falecemento 10 de agosto de 1923 (60 anos)
Lugar de falecemento Cercedilla, Madrid, España España
Área Pintura
Educación Escuela de Bellas Artes de Madrid
Movemento Realismo, Luminismo
Obras Y aún dicen que el pescado es caro (1895), Cativos na praia (1910), Paseo a orillas del mar (1909)
Influencia a Teodoro Andreu
Cónxuxe Clotilde García

Joaquín Sorolla y Bastida, nado en Valencia o 27 de febreiro de 1863 e finado en Cercedilla o 10 de agosto de 1923, foi un pintor e artista gráfico español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cando apenas contaba con dous anos de idade, faleceron os seus pais por mor dunha epidemia de cólera. Ao quedar orfos a súa irmá Eugenia e el, a súa tía Isabel, irmá da súa nai, e o seu marido, de profesión cerralleiro, recolléronos. Pasados os anos intentaron ensinarlle, en balde, o oficio da cerrallaría, advertindo pronto que a súa verdadeira vocación era a pintura.

Outra importante faceta súa foi a de retratista, de figuras importantes como foron Juan Ramón Jiménez, o rei Afonso XIII, Vicente Blasco Ibáñez, Ortega y Gasset, etc. Tamén, en 1914, fora nomeado académico e, cando terminou os traballos para a Hispanic Society, traballou como profesor de composición e cor na Escola de Belas Artes de Madrid. A súa pintura representou a aplicación directa do luminismo á paisaxe e a figura, achegando xa que logo esta tendencia á sociedade da época.

En 1920, mentres pintaba o retrato da señora Pérez de Ayala no xardín da súa casa en Madrid, padeceu un ataque de hemiplexía que minguou drasticamente as súas facultades físicas e mentais. Faleceu na súa casa de Cercedilla o 10 de agosto de 1923.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Joaquín Sorolla Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]