Modelo:Esquema de graos
Aparencia
Clase | Criterio | Visión do lector | Suxestións de edición | Exemplo |
---|---|---|---|---|
AC | O artigo é un artigo de calidade despois de ser escollido e votado pola comunidade en Wikipedia:Artigos de calidade/Votacións. Criterios máis detallados
O artigo cumpre os criterios dun artigo de calidade.
|
Profesional, destacado, e rigoroso; unha fonte definitiva de información enciclopédica. | Non é preciso engadir máis contido ó artigo, a non ser que nova información estea dispoñible, outras melloras coma a calidade da redacción sempre son posibles. | Anna May Wong (agosto de 2018) |
AB | O artigo acadou o estado de artigo bo despois de ser escollido e votado pola comunidade en Wikipedia:Artigos bos/Votacións. Criterios máis detallados
O artigo cumpre os criterios dun artigo bo.
|
De utilidade para case tódolos lectores, sen erros obvios, achegándose (pero non igualando) a calidade dunha enciclopedia profesional. | Sería de utilidade algunha edición de expertos no tema e no estilo, unha comparación cun artigo de calidade existente dun tema semellante pode amosar áreas onde o contido é frouxo ou falta. | Dolmen de Dombate (setembro de 2016) |
B | O artigo é bastante completo e sen problemas maiores, pero require máis traballo para alcanzar os estándars dun artigo bo. | Os lectores non botan nada en falta, aínda que o contido pode non estar completo abondo para satisfacer a un estudante universitario ou un investigador. | Algúns aspectos de contido e estilo precisan ser mellorados. Poden ser necesarios coñecementos expertos. O artigo debe ser revisado para comprobar que segue o Wikipedia:Libro de estilo. | |
C | O artigo ten un tamaño considerable, pero aínda carece de contido importante ou contén material irrelevante. O artigo debería ter algunhas referencias a fontes de calidade, pero aínda pode ter problemas significativos ou requirir unha limpeza profunda. Criterios máis detallados
O artigo cita máis dunha fonte de calidade e está mellor desenvolvido en estilo, estrutura e calidade que un artigo de clase En Progreso, pero falla en un ou varios dos criterios para a clase B. Pode ter algúns erros ou elementos que falten, necesitar edición para ter máis claridade ou equilibrio, ou contén violacións de políticas, como Wikipedia:Punto de vista neutral ou investigacións orixinais. Artigos de temas ficticios márcanse con frecuencia como de clase C se están escritos dende un punto de vista dende o interior do universo ficticio. É máis probable que os artigos de clase C teñan un estilo enciclopédico razoable.
|
De utilidade a un lector casual, pero non proporciona unha imaxe completa para un estudo moderadamente detallado. | Precisa bastante edición para achegar información para encher as lagoas no contido e para amañar problemas de estilo. | |
EP | Un artigo que está en desenvolvemento, pero que está bastante incompleto (En Progreso). Pode citar ou non fontes de calidade axeitadas. Criterios máis detallados
O artigo ten certa cantidade de contido bo, pero está frouxo en varias áreas. A calidade da prosa pode ser claramente pouco enciclopédica, e pode non seguir o Libro de Estilo. O artigo debería satisfacer as políticas de contido fundamentais, e Wikipedia:Biografías de persoas vivas. A miúdo, as referencias son inaxeitadas, aínda que normalmente se engaden bastantes fontes como para cumprir con Wikipedia:Verificabilidade. Ningún artigo no estado de En Progreso debería estar en perigo dunha Wikipedia:Eliminación rápida.
|
Proporciona algún contido de utilidade, pero a maioría dos lectores precisarán máis. | Proporcionar referencias a fontes de calidade debe ser o primeiro, o artigo tamén precisará importantes melloras en contido e organización dos contidos. Tamén precisará mellorar a redacción, ortografía, estilo de escritura, etc. | Ascetismo (maio de 2017) |
Bosquexo | Unha descrición moi básica do tema. Porén, tódolos artigos moi malos caerán nesta categoría. Criterios máis detallados
O artigo é tanto un artigo moi curto ou unha colección en bruto de información que necesitará moito traballo para converterse nun artigo con sentido. Normalmente é moi pequeno, pero, se o material é irrelevante ou incomprensible, un artigo de calquera lonxitude caerá nesta categoría. Aínda que os artigos da clase bosquexo son a clase máis baixa da árbore de clases, son bastante axeitados para ser aceptados como artigo, aínda que teñen riscos de ser borrados.
|
Proporciona moi pouco contido de interese, poden ser pouco menos que unha definición de dicionario. Os lectores probablemente ven o tema desenvolvido de forma insuficiente, e poden non ver como as características do tema son significativas. | Calquera mellora de edición ou achega de contido pode ser de axuda. Proporcionar contido significativo debe ser unha prioridade. A mellor solución para un artigo da clase bosquexo para que pase á clase de artigos de En Progreso, é engadir razóns referenciadas de por que o tema é significante. |
[ máis información | ver o historial | | | ver as instrucións ]
Aínda non se redactaron as instrucións sobre como usar este marcador.
[ máis información | ver o historial | | | ver as instrucións ]
Este recadro non aparecerá no artigo. Os editores poden probar cambios no mesmo en Modelo:Esquema de graos/probas.
Por favor, engade as categorías na subpáxina de documentación e os interwikis no Wikidata. Ver as subpáxinas deste modelo.
Por favor, engade as categorías na subpáxina de documentación e os interwikis no Wikidata. Ver as subpáxinas deste modelo.