Cova de El Soplao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Cueva de El Soplao
Cova de El Soplao
País: Flag of Spain.svg España
Com. Autónoma: Cantabria Cantabria
Concello: Rionansa
Valdáliga
Herrerías
Localidade: Bielva
Coordenadas: 43°17′48″N 04°24′37″O / 43.29667, -4.41028Coordenadas: 43°17′48″N 04°24′37″O / 43.29667, -4.41028
Fuso horario: CET, UTC+1
Tipo de cova: Cova kárstica
Lonxitude: 17.852 m.
Altitude: 540 m.
Profundidade: n/d
Sitio web www.elsoplao.es

El Soplao é unha cova situada nos concellos de Rionansa, Valdáliga e Herrerías en Cantabria (España). Considérase unha cavidade única a nivel mundial pola calidade e cantidade das formacións xeolóxicas (espeleotemas) que alberga nos seus 17 quilómetros de lonxitude total, aínda que só 6 están abertos ao público. Nela atópanse formacións pouco comúns como helíctitas (estatalactitas excéntricas que desafían a gravedade) e "draperies" (sábanas ou bandeiras traslúcidas colgando do teito). A súa formación data do Mesozoico, concretamente do período Cretáceo, fai 240 millóns de anos.

El Soplao forma parte das 6.500 covas do subsolo cántabro que, sen dúbida, son un paraíso para a espeleoloxía.

Situación[editar | editar a fonte]

A cavidade atópase na Serra de Arnero, á súa vez encadrada na Serra do Escudo de Cabuérniga, entre os concellos de Rionansa, Herrerías e Valdáliga e preto de San Vicente de la Barquera. A Serra de Arnero desenvólvese en paralelo ao Mar Cantábrico, cunha cota máxima de 682 metros.

Para acceder á cova pódese utilizar a Autovía do Cantábrico.

Historia[editar | editar a fonte]

Accesos á cova na Serra de Arnero, a 540 metros de altitude

A cavidade foi descuberta accidentalmente durante os labores de perforación mineira, sendo aproveitada posteriormente para a extracción de minerais (na visita guiada accédese unicamente a dous das oito galerías). Durante a súa explotación, moitas familias da zona sustentábanse cos ingresos que obtiñan desa actividade mineira, compaxinada coa ganadeira. Tras décadas de abandono, a espeleoloxía, e en concreto o Espeleo Club Cántabro Universitario desde o ano 1975, descubriu o seu auténtico valor xeolóxico.

O 1 de xullo de 2005 o Goberno de Cantabria abriuna ao público e a difundiu internacionalmente, despois de acondicionar o seu interior e arredores para o turismo e prohibir toda actividade ao club descubridor.

Galerías[editar | editar a fonte]

El Soplao é un entramado de grutas moi extenso e desenvolvido en varios niveis. Os datos métricos da cova (medicións de 2003)[1] son os seguintes:

  • Desenvolvemento natural topografiado da cavidade (12.585 metros).
  • Desenvolvemento da mina relacionada e comunicada coa cavidade (3.240 metros).
  • Covas de Lacuerre (2.927 metros).
  • Desenvolvemento total do sistema topografiado (17.852 metros).

Galería dos Fantasmas[editar | editar a fonte]

Trátase dunha sala natural que destaca pola cantidade de grosas formacións de estalagmitas abrancazadas e pisolitas emerxendo do solo que, pola súa figura, deron lugar ao nome da galería. A galería mide 350 metros de lonxitude e algunhas zonas alcanzan os 35 metros de anchura. O seu nome débese ás grandes estalagmitas brancas que asemellan fantasmas, nas zonas finais da galería. Tivo un grande uso a comezos do século XX como lugar de extracción e almacenaxe de mineral polos mineiros de La Florida.

Galería Gorda[editar | editar a fonte]

É unha sala cunha lagoa subterránea natural e unha das maiores en canto ao seu volume. É a primeira galería en verse ao acceder a El Soplao. O nome vénlle pola impresión de pequenez causada a un dos espeleólogos que investigaron as covas. Dispón dun sistema de iluminación que resalta o colorido das formacións de estalactitas do teito, cuberto de helictitas de calcita.

Galería do Falso Chan[editar | editar a fonte]

Pequena cámara onde impresionan as formacións rochosas en forma de finos fíos que se enroscan por todas partes.

Galería do Campamento[editar | editar a fonte]

É de dimensións moderadas, con anchuras de até 10 metros. O nome débese á instalación dun campamento de investigación durante as primeiras incursións. Aquí permaneceron 208 horas ininterrompidas os membros do Speleo Club Cántabro. Destacan as coladas, teñidas de vermello e branco polos minerais da zona.

Galería da Coliflor[editar | editar a fonte]

Destacan, máis que as estalactitas, as enormes estalagmitas, moitas veces excéntricas, que chéganse a unir ao final co teito. Poden apreciarse as pegadas dun terremoto que azotou o lugar.

Galería do Bosque[editar | editar a fonte]

Galería moi alta que debe o seu nome á súa semellanza cun bosque natural. As coladas e a unión de estalacticas e estalagmitas sucédense por doquier, creando grandes e variadas columnas. Ao igual que na galería da Coliflor aprécianse pegadas dun sismo.

Galería Xénese[editar | editar a fonte]

Situada ao leste. É unha das máis altas, chegando aos 30 metros de altura. A súa lonxitude supera os 160 metros. Destacan os mantos de coladas, as estalagmitas xigantes e os niños de pisolitas. O seu nome débese á cantidade de cores que aparecen nela, a causa da variedade de sales disueltos na auga.

Especies minerais[editar | editar a fonte]

Esta é unha lista dos minerais atopados na cova, por orde alfabética:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Juan Colina (entre outros), El Soplao, una cavidad única, Creática Ediciones (2003).

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Francisco Fernández Ortega y Maria del Carmen Valls Uriol, El Soplao, fantasía en la oscuridad, Creática Ediciones (2007).
  • Juan Colina (entre outros), El Soplao, una cavidad única, Creática Ediciones (2003).
  • Speleo Club Cántabro, El Soplao Una cueva Única (1987).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]