Caselas Fútbol Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Caselas FC")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Caselas
NomeCaselas Fútbol Club
Fundación1967
EstadioA Gándara,
Salceda de Caselas, Galicia
Liga1ª Autonómica – Grupo 5
2017–1815º (Preferente – Grupo Sur)
Na casa
Fóra

O Caselas Fútbol Club é un equipo de fútbol galego de Salceda de Caselas. Foi fundado en 1967 e compite no Grupo 5 da Primeira Autonómica de Galicia. O seu terreo de xogo é o Campo da Gándara.

Historia[editar | editar a fonte]

En Salceda de Caselas, o 28 de xuño de 1967, por instancia de varios veciños e coa asistencia das autoridades locais, celébrase unha reunión no Concello co obxectivo de construír unha sociedade deportiva.

O anuncio da reunión espertou grande interese entre a veciñanza. Discutidos amplamente todos os puntos sometidos a consideración dos presentes, chegouse á conclusión de que, tendo en conta a grande afección que existe nesta comarca, debería constituiíse un equipo de fútbol co nome de "Caselas FC". Tras amplas deliberacións, acórdase nomear unha comisión xestora encargada da constitución da "Sociedad Deportiva Caselas FC" e da redacción dos seus estatutos. Así mesmo, acórdase abrir prazo para a presentación de candidatura para a xunta directiva e que, tan pronto estean os estatutos, se convoque unha asemblea para a súa aprobación.

Este equipo representativo da localidade ata aquí chamábase "Salceda FC". Ao solicitar a inscrición federativa, viuse obrigado a variar o nome por "Caselas FC".

Inicialmente, o uniforme foi: camiseta azul celeste, pantalón negro e medias negras con rebordo branco.

O escudo é un círculo en cuxo interior figuran un C, mais un F superposto e máis pequeno e, igualmente superposto e máis pequeno, un C.

A afección do Caselas F.C foi premiada pola Federación Galega de Fútbol, como a máis deportiva da tempada 1967-1968.

Datos do club[editar | editar a fonte]

Historial na liga[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto
1991/92 Preferente
1992/93 14º
1993/94 10º
1994/95 10º
1995/96
1996/97
1997/98
1998/99 16º
1999/00 Preferente
Tempada Categoría Posto
2000/01 20º
2004/05 Preferente
2005/06 20º
2006/07 Preferente
2007/08 Preferente 12º
2008/09 Preferente 10º
2009/10 Preferente 17º
2010/11 1ª Autonómica
2011/12 1ª Autonómica
Tempada Categoría Posto
2012/13 1ª Autonómica
2013/14 Preferente 18º
2014/15 1ª Autonómica ?
2015/16 Preferente 15º
2016/17 Preferente 17º
2017/18 Preferente 15º
2018/19 1ª Autonómica

Palmarés[editar | editar a fonte]

  • Dúas ligas de División Preferente Autonómica, grupo sur: 1991-1992 e 1999-2000.
  • Unha liga de Primeira División Autonómica: 1976-1977.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]