Saltar ao contido

A Peroxa Club de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Peroxa
NomeA Peroxa Club de Fútbol
Fundación1984
EstadioO Marco
PresidenteGalicia Eustaquio Barbosa
AdestradorGalicia Toño González
LigaPrimeira Autonómica
2011/1212º
PatrocinadorTalleres Speedscape SCP
Titular
Alternativo

O A Peroxa Club de Fútbol é un equipo de fútbol galego, baseado no concello da Peroxa. Actualmente xoga no grupo 4 da Primeira Autonómica.

Dende 1986 o A Peroxa estivo durante 23 tempadas consecutivas en Primeira Autonómica,[1] e en catro delas conseguiu o ascenso a Preferente, se ben renunciou a subir de categoría por razóns económicas. Con todo, na tempada 2010-11 disputou a súa primeira tempada en Preferente, logo de conseguir o título de Primeira (grupo ourensán). Na tempada 2011-12 volveu a Primeira Autonómica de Galicia.

O seu presidente, Eustaquio Barbosa, é ademais o crego das parroquias da Peroxa e Celaguantes[2].

  1. "Una aventura seria". www.laregion.es. Consultado o 2020-01-05. 
  2. A familia do rapaz non me respectou Arquivado 12/03/2016, en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 10/7/2003

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]