Illa de Tambo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Tambo")
Illa de Tambo
Illa de Tambo. Marín. Galiza.jpg
Illa de Tambo (Balea Varada) vista dende Marín, co faro da punta de Tenlo en primeiro termo.
Illa de Tambo en Pontevedra
Illa de Tambo
Illa de Tambo
Localización no mapa provincial.
Situación
País Galicia Galicia
Concello Poio
Provincia Pontevedra
Mar Océano Atlántico
Coordenadas 42°24′41″N 8°42′32″O / 42.41139, -8.70889
Xeografía
Xeoloxía Illa continental
Superficie 0´280 km²
Perímetro 4 km.
Punto máis alto 80 m.
Distancia a terra 1´1 km.
Demografía
Poboación Deshabitada

A illa de Tambo atópase no fondo da ría de Pontevedra, e pertence ao concello de Poio do que esta separado por unha canle de 1,1 km pero de pouca profundidade. A súa superficie é de 0´28 km², cunha altura máxima de 80 m, aínda que toda a súa parte central sobrepasa os 50 metros de altitude. O seu perímetro acada os 4 km.

Historia[editar | editar a fonte]

No século VI construíuse unha capela, fundada por Martiño de Dumio. Froitoso de Braga converteuna en mosteiro, vinculado ao convento de San Xoán de Poio. Despois transformouse en priorado, baixo a advocación de Santa María de Graza.

No século XII a illa de Tambo pertencía á raíña Dona Urraca e foi doada ao convento de San Xoán de Poio. Os veciños de Combarro usaron a illa durante séculos, onde traballaban as súas terras e celebraban romarías. En 1589 a capela foi vítima do saqueo do corsario Francis Drake, o cal botou a figura de Santa María de Graza ao mar.

En 1846, coa desamortización de Mendizábal, deixa de pertencer aos monxes de Poio e anos despois é mercada polo ministro de Xustiza, Eugenio Montero Ríos. Nese mesmo século constrúese un lazareto na illa, que entre os anos 1865 e 1879 foi usado para poñer en corentena aos mariñeiros que chegaban ao porto de Marín. Debido ás protestas dos cidadáns de Pontevedra, o lazareto foi trasladado á illa de San Simón, na ría de Vigo, e en 1889 a illa converteríase en penitenciaría militar.

Coa creación da Escola Naval Militar de Marín, en 1943 a illa militarízase e pasa a ser utilizada como arsenal. Foi nese ano cando os herdeiros de Montero Ríos vendéronlle a illa á Armada. Ata o ano 2005, os herdeiros seguiron figurando coma propietarios dunha quinta parte da illa.

A Armada deixou de cualificar a illa como enclave estratéxico no ano 2002, o que disparou as expectativas de que puidese ser cedida á Xunta e incorporada ao Parque nacional das Illas Atlánticas, para o que antes debería ser declarada parque natural.[1]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Faro da illa. 
Escultura no paseo do porto coa illa de Tambo ao fondo (Marín). 
Illa de Tambo 

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]