Combarro, Poio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
San Roque de Combarro
igrexa parroquial
ConcelloPoio[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°25′55″N 8°42′23″O / 42.43188, -8.70649Coordenadas: 42°25′55″N 8°42′23″O / 42.43188, -8.70649
Área5,53 km²
Poboación1.850 hab. (2022)
Densidade334,54 hab./km²
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]

San Roque de Combarro é unha parroquia que se localiza no concello de Poio. Segundo o IGE,[2] en 2022 tiña 1.850 habitantes (916 homes e 934 mulleres). Ten oito entidades de poboación.

A parroquia de Combarro foi creada no arranxo parroquial de 1867 con dez lugares ata entón pertencentes á San Xoán de Poio, aínda que algúns deles volveron a integrarse en San Xoán [3].

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Ademais da igrexa parroquial de San Roque, ten outros dous templos católicos: a igrexa de San Bernardo e a capela da Virxe da Renda. A zona vella da vila, máis achegada ao antigo peirao, foi declarada Conxunto Histórico-Artístico, e ten hórreos e casas pegadas á costa.

A capela da Virxe da Renda é de planta rectangular, sinxela. Nela venérase unha imaxe da Virxe de Graza, procedente dunha ermida que había na Illa de Tambo e que foi derruída polos piratas ingleses en 1589. Hipólito de Sa considera que a capela data de 1712, pero a reconstrución á que foi sometida en 1985, tras ser derrubada por un temporal, puxo de manifesto o reaproveitamento de materiais procedentes dunha construción máis antiga.

Festas[editar | editar a fonte]

O 24 de agosto celébrase desde o ano 2001 a Festa do Mar.

Combarro na literatura popular[editar | editar a fonte]

  • Árdelle o eixe,/ árdelle o carro,/ árdelle o eixe/ aos de Combarro [4].

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Combarro[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Combarro no concello pontevedrés de Poio

A Armada | Chancelas | Chousa | Cidrás | Combarro | A Costa | Tarrío | Xuviño

Parroquias de Poio[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Poio

Combarro (San Roque) | Poio (San Salvador) | Poio (San Xoán) | Raxó (San Gregorio) | Samieira (Santa María)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Decreto 219/1998, do 2 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia de Pontevedra.
  2. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor estatístico de Galicia" (en galego). Consultado o 26 de febreiro de 2023. 
  3. Xosé Fariña Jamardo: Os Concellos Galegos, tomo VII, px. 404. Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1993.
  4. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 269. San Roque de Combarro é parroquia do concello de Poio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]