Bernard Voorhoof

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Voorhoof
Le Belge Bernard Voorhoof (sombre) sautant plus haut que tout le monde, lors du 8e de finale de Coupe du monde 1938, perdu face à la France à Colombes.jpg
Información persoal
Nome Bernard Voorhoof
Nacemento 10 de maio de 1910
Lugar de nacemento Lier
Falecemento 18 de febreiro de 1974
Lugar de falecemento Lier
Altura 1,76 m.
Posición dianteiro, dianteira
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1927–1948 Lierse 529 (350)
1948–1949 RRFC Montegnée 30 (15)
Selección nacional
1928–1940 Bélxica 61 (30)
Na rede
FIFA: 59711 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Bernard Voorhoof, nado en Lier o 10 de maio de 1910 e finado na mesma cidade o 18 de febreiro de 1974, foi un futbolista belga, que xogaba como dianteiro. Foi o maior símbolo da historia do Lierse, club no que xogou durante 21 anos, sendo o xogador con máis partidos (529) e o seu máximo goleador histórico (350 goles).

Ademais, marcou 30 goles en 61 partidos coa selección de Bélxica, rexistro que non superou ningún futbolista belga ata 89 anos despois, cando o conseguiu Romelu Lukaku. Participou en tres Copas do Mundo: 1930, 1934 e 1938.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militou no Lierse SK durante 21 anos, entre 1927 e 1948. Marcou 350 goles en 529 partidos co equipo, rexistros que ningún outro xogador igualou na historia do club. Gañou 2 títulos da Primeira División belga, ademais dun terceiro título non oficial na tempada 1940/41, afectada pola Segunda guerra mundial. Xogou unha última tempada co RRFC Montegnée antes de retirarse en 1949, aos 39 anos.

Formou parte da selección de Bélxica nos Xogos Olímpicos de 1928, pero non chegou a disputar ningún partido.[1] Si o fixo nas Copas do Mundo de 1930, 1934 e 1938, sendo un dos únicos cinco xogadores en participar nos tres Mundiais de antes da guerra. Na Copa do Mundo de 1934 celebrada en Italia, Voorhoof marcou dous goles na derrota de Bélxica por 2-5 ante Alemaña.[2] Estes foron os dous primeiros goles belgas nun Mundial, xa que a selección belga non conseguira ningún tanto en 1930.

Foi 61 veces internacional coa selección belga, sendo naquel momento o xogador con máis partidos da historia da selección, récord que mantivo dende 1938 ata 1958, cando foi superado por Vic Mees. Tamén ostentou o récord de goles coa selección belga (30) ata 2017,[3] cando foi superado por Romelu Lukaku.[4]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Lierse SK

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bernard Voorhoof". olympedia.org (en inglés). Consultado o 9 de marzo de 2022. 
  2. "Alemaña - Bélxica 1934". FIFA (en inglés). Consultado o 9 de marzo de 2022. 
  3. "Bernard Voorhoof - Goals in International Matches". Consultado o 27 de outubro de 2014. 
  4. "Manchester United striker Romelu Lukaku breaks Belgium goalscoring record at the age of 24" (en inglés). 14 de novembro de 2017. Consultado o 9 de marzo de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]