Romelu Lukaku

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Romelu Lukaku
Información persoal
Nome Romelu Menama Lukaku
Nacemento 13 de maio de 1993 (30 anos)
Lugar de nacemento Antuerpen
Altura 1,90 m
Posición Dianteiro
Información de club
Club actual Chelsea
Número 9
Carreira xuvenil
1999–2003 Rupel Boom
2003–2006 Lierse
2006–2009 Anderlecht
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2009–2011 Anderlecht 73 (33)
2011–2014 Chelsea 10 (0)
2012–2013WBA (cesión) 35 (17)
2013–2014Everton (cesión) 31 (15)
2014–2017 Everton 110 (53)
2017–2019 Manchester United 66 (28)
2019–2021 Inter de Milán 72 (47)
2021– Chelsea 1 (1)
Selección nacional
2008 Bélxica Sub-15 4 (1)
2011 Bélxica Sub-18 1 (0)
2009 Bélxica Sub-21 5 (1)
2010– Bélxica 98 (64)
Na rede
IMDB: nm5284612 Rottentomatoes: celebrity/romelu_lukaku
Facebook: Romelulukaku Twitter: RomeluLukaku9 Instagram: romelulukaku FIFA: 358112 UEFA: 250010802 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 22 de agosto de 2021.
Selección: actualizado a 2 de xullo de 2021.editar datos en Wikidata ]

Romelu Menama Lukaku, nado en Antuerpen o 13 de maio de 1993, é un futbolista internacional belga que xoga como dianteiro para o Chelsea FC da Premier League inglesa e para a selección de Bélxica. Comezou a súa carreira no equipo local, o Rupel Bom, sendo tempo despois recrutado e contratado polo Lierse. Debido ao seu xogo foi observado e atraído por numerosos clubs, asinando finalmenete polas categorías inferiores do Anderlecht, histórico club da Jupiler Pro League.

Lukaku continuou a súa formación con Anderlecht e fixo o seu debut oficial cando aínda acudía á escola con 16 anos. Xogando para o equipo belga, converteuse na tempada 2009-10 no máximo goleador en Bélxico, gañando ademais o seu equipo a Liga, polo que recibiu no ano 2011 a Bota de Ébano de Bélxica. No mercado de verán dese mesmo ano, Lukaku fichou polo Chelsea da Premier League por unha cantidade non relevada, asinando un contrato de cinco anos co club londiniense. En xaneiro de 2014 foi nomeado por The Guardian como un dos xogadores máis prometedores futbolístas en Europa.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

RSC Anderlecht[editar | editar a fonte]

Lukaku comezou a xogar fútbol aos 2 anos de idade, uníndose ás inferiores do Rupel Boom, club no que tamén xogou o seu pai. Despois de permanecer durante 3 anos no devandito club, Romelu Lukaku marchou ao KFC Wintam, onde permaneceu durante un ano antes de unirse ao Lierse SK aos 10 anos de idade. Na súa primeira tempada, Lukaku marcou 54 goles e na súa segunda tempada marcou 76, o que atraeu a atención do RSC Anderlecht, logrando a súa contratación en 2006, cando Lukaku tiña 13 anos de idade. Durante a súa traxectoria nas categorías xuvenís do Anderlecht, Lukaku marcou 131 goles en 93 partidos, o que chamou a atención de varios clubs ao redor de Europa, particularmente o AC Milan e o Chelsea FC, os cales estaban dispostos a ofrecer até 1,5 millóns de euros pola súa contratación.[2]

O seu debut na Primeira División de Bélxica sería ante o Standard de Liège o 24 de maio de 2009 cando só tiña nese entón 16 anos e 11 días de idade, entrando de cambio ao minuto 65 por Víctor Bernárdez. Con todo, o Standard levaríase a vitoria por 1-0, proclamándose campión de Liga. Para a tempada 2009-10, Lukaku foi ascendido a tempo parcial ao primeiro equipo, e non a tempo completo debido ás súas obrigas escolares. Aproveitando as lesións de Tom De Sutter e Nicolás Frutos, Lukaku puido establecerse rapidamente no primeiro equipo, anotando o seu primeiro gol como profesional o 22 de agosto de 2009 na vitoria por 2-0 sobre o Zulte Waregem. Tamén se converteu no xogador máis novo en disputar un encontro de Liga de Campións, cando se enfrontou ao Olympique Lyonnais na rolda previa de clasificación.[3] O seu debut na recentemente creada UEFA Europa League foi o 17 de setembro de 2009 ante o Dinamo Zagreb. Lukaku entrou de cambio ao minuto 85 e tres minutos despois asistiu a Jonathan Legear para anotar o segundo gol do Anderlecht na vitoria por 2-0. Semanas despois, Lukaku anotou o seu segundo gol da liga na vitoria por 1-0 sobre o Germinal Beerschot. Despois, o 17 de decembro de 2009, Lukaku anotou o seu primeiro dobrete na Europa League, cando o Anderlecht derrotou por 3-1 ao Ajax Ámsterdan no Amsterdam Arena. Tres días despois, Lukaku foi elixido como a Promesa do Ano no deporte belga.

O 29 de xaneiro de 2010, Lukaku anotou un dobrete ante o Germinal Beerschot, onde o seu equipo necesitaba gañar por un marcador de 5-0 para situarse no primeiro lugar da liga, cousa que finalmente ocorreu. Converteuse así no mellor dianteiro da liga e continuou marcando goles desde ese entón. O 25 de febreiro de 2010, Lukaku anotou un gol aos 4 minutos na vitoria por 4-0 sobre o Athletic Club nos dezaseisavos de final da Europa League. Despois, cando se enfrontaron en oitavos de final ao Hamburgo alemán, contribuíu cunha anotación nunha difícil vitoria por 4-3, aínda que non lograron clasificarse á seguinte rolda. Lukaku finalizou a tempada de liga con 15 goles anotados, logrando obter a Bota de Ouro con tan só 16 anos de idade.

A comezos da tempada 2010-11, Lukaku sufriu unha lesión e, aínda que non estaba na mellor forma, puido disputar a fase previa da Liga de Campións ante o Partizan Belgrado, anotando un gol no empate a 2-2 no partido de volta, aínda que o Anderlecht sería eliminado na rolda de penaltis. Lukaku non tivo un bo comezo na liga, xa que durou cinco datas sen anotar un só gol. Con todo, na sexta data, anotou un dobrete na vitoria por 2-0 ante o Sint-Truidense o 10 de setembro de 2010. Unha semana despois, Lukaku volvería anotar, agora na vitoria por 3-0 ante o KV Kortrijk. Tamén anotou na vitoria por 3-0 sobre o AEK Atenas na UEFA Europa League o 21 de outubro de 2010 e na vitoria por 2-0 sobre o KVC Westerlo na liga tres días despois. Máis tarde, Lukaku entrou nun serie goleadora anotando no tres seguintes encontros ante o KRC Genk, o Club Brugge e o KAA Gent, antes de ser expulsado no seguinte partido ante o Germinal Beerschot. Cumprida a súa suspensión, Lukaku regresou á súa serie goleadora, anotando 3 goles en 4 partidos. Lukaku finalizou a tempada con 16 goles anotados, quedando no cuarto lugar da táboa de goleadores, aínda que sería premiado coa Bota de Ébano en 2011.

Premier League[editar | editar a fonte]

«Asombroso. É un soño feito realidade. Soñei con xogar aquí desde que tiña 10 anos, pensando en darlle a man a xogadores como John Terry, Frank Lampard e Didier Drogba. É marabilloso chegar a un club grande con grandes ambicións. Isto era o que estaba a buscar.»
— Romelu Lukaku despois de ser contratado polo Chelsea.

Despois de que Lukaku comezase a tempada 2011-12 con 2 goles marcados nos 2 primeiros partidos de liga, o 6 de agosto de 2011, tanto o Anderlecht como o Chelsea FC de Inglaterra confirmaron a súa chegada a un acordo polo seu traspaso, o cal foi completado até o 18 de agosto. A cantidade implicada na fichaxe é descoñecida, mais estímase que se sitúa entre os 15 e os 20 millóns de libras, sendo segundo as súas propias palabras "un soño feito realidade".

O seu debut co Chelsea na Premier League sería o 27 de agosto de 2011 na vitoria por 3-1 sobre o Norwich City, ao entrar como substituto no minuto 83 por Fernando Torres. Tamén foi substituto na derrota por 3-1 fronte ao Manchester United o 18 de setembro de 2011, onde saíu por Daniel Sturridge no minuto 68. Tres días despois, no seguinte encontro fronte ante o Fulham FC na Football League Cup, disputaría o seu primeiro encontro completo como titular, levándose o seu equipo a vitoria por 4-3 nos penaltis tras empatar a 0-0 durante o tempo de xogo, clasificándose así á seguinte rolda.

Antes de iniciar a tempada 2012-13, o West Bromwich Albion fíxose dos servizos de Lukaku, cedido por toda a tempada. O seu primeiro gol co "West Brom" foi o 18 de agosto de 2012, contra o Liverpool, no seu partido oficial de debut, entrando como suplente no minuto 68 e anotando no minuto 77 o 3 - 0 que sería o último gol do partido nunha sorprendente vitoria. O 19 de maio de 2013 anota un hat-trick fronte ao Manchester United no empate 5 a 5 no que era, como dato curioso, o último partido da carreira (como técnico) de Alex Ferguson, así como o seu partido 1.500 na dirección técnica do "ManU". Na seguinte tempada volveu ser cedido, esta vez ao Everton FC, onde remata a tempada con 15 goles en 31 partidos.

Títulos[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Jupiler League RSC Anderlecht Bélxica Bélxica 2009-10
Supercopa RSC Anderlecht Bélxica Bélxica 2010
FA Cup Chelsea FC Inglaterra Inglaterra 2011-12

Campionatos internacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Liga de Campións Chelsea FC Inglaterra Inglaterra 2011-12

Distincións individuais[editar | editar a fonte]

Distinción Ano
Promesa do Ano en Bélxica 2009
Máximo goleador da Jupiler League 2010
Bota de Ébano 2011

Notas[editar | editar a fonte]

  1. The Guardian, ed. (18 de xaneiro 2014). "The next 10 big things: Europe's top youngsters and stars of the future" (en inglés). Consultado o 2 de xullo de 2014. 
  2. "Zoon Roger Lukaku kiest voor Anderlecht" (en neerlandés). 20 de xaneiro de 2009. Consultado o 2 de xullo de 2014. 
  3. "The scramble for Romelu Lukaku" (en inglés). 18 de setembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 2 de xullo de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]